Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FILMES E SERIES

Política Lingüística e CRTVG sacarán ao mercado DVD na nosa lingua

O material dobrado ou producido en galego distribuirase en 177 puntos de venda e ampliará a oferta audiovisual na nosa lingua.

Redacción - 10:20 05/11/2008
Unha das series que se editarán

Unha das series que se editarán

Política Lingüística e a CRTVG asinaron un convenio para promocionar o audiovisual en galego polo que, nos vindeiros días, sairán á venda DVD na nosa lingua. Os títulos, que se distribuirán en 177 puntos de venda de todo o país, inclúen oito filmes dobrados pola Galega, a serie Planeta Fantasía, a longametraxe Os vixiantes do Camiño e a serie Historias de Galicia.

O acordo, segundo a secretaria xeral Marisol López, certifica "a importancia do sector audiovisual no proceso de normalización lingüística" e vai especialmente dirixido ao público infantil e xuvenil. Tamén destacou o papel da Televisión de Galicia como axente de "difusión da lingua galega".

A CRTVG comprométese a producir, promocionar e xestionar os produtos audiovisuais publicados, mentres que Política Lingüística achegará apoio e asesoramento técnico en materia lingüística e terminolóxica nas iniciativas relacionadas.


4,73/5 (11 votos)


Comentarios (5)

Tino #1 5/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Fixo mais un capítulo de Shin-Chan, q todos os anos de anti-política lingüística deste departamento.

LOIS_DE_SILAN #2 5/Novembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Todos os produtos culturais que se distribúan na Galiza deben estar, POLO MENOS, na lingua propia do territorio. E non só os que se produzan nela ou viren a ela.

Sería ben sermos conscientes de que seriamos máis felices se pulamos por deixarmos de estar colonizados.

OIIIIOOOO #3 5/Novembro/2008 OIIIIOOOO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tino... que razón tes.

Hispanico #4 6/Novembro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Tamén destacou o papel da Televisión de Galicia como axente de "difusión da lingua galega".

Nom, nom, discordo. O papel da CRTVG é de difusóm do GALENHOL, e nesse eido cómpre admitir que está fazendo um grande trabalho Parabens.

Carlinhos #5 6/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#1 #2 #3 #4 #6 #7 #8... Ad nauseam
SECTÁRI@S!
Máis galego, máis lisboeta, máis, brasileiro, máis moçambicano.... na CRTVG, que sigam o exemplo de Vieiros: os temas internacionais através das variantes internacionais da nossa língua e que qualquer intervençom numha língua que nom seja galego ou português apareça com legendas. Ou seitas ou avanços para a língua que falamos os Vieregos independentemente de como a escrevamos!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: