ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por posesión de arma branca

Multan un xogador que levaba paus de billarda no maleteiro do seu automóbil

Compite na Conferencia Sur, e levaba varias billardas e paláns, cando o pararon nun control de tráfico.

Redacción - 09:40 13/11/2008
O que se precisa para xogar á billarda: o pau longo é o palán, o pequeno a propia billarda

O que se precisa para xogar á billarda: o pau longo é o palán, o pequeno a propia billarda

A pasada semana a Liga Nacional de Billarda (LNB) foi albo de diferentes sancións que non deixan de sorprender aos seus membros. Esta semana varios palanadores da Conferencia Sur foron multados en Marín, por colar cartaces anunciando a terceira xornada de liga, e a pasada semana un palanador da Asemblea Aberta de Ponteareas foi obxecto doutra multa por levar, no maleteiro do seu automóbil, varios paláns e billardas.

Practicando diante dos gardas civís
Segundo lle contou a Vieiros un dos membros da Conferencia Sur, Xosé Miguel, esta semana varios palanadores foron multados, con perto de mil euros, por colar cartaces na vila de Marín, anunciando o terceiro asalta da liga nesta conferencia, o Torneo de Marín da LNB Sur 2008-09. Ao parecer, os multados amosáronse moi sorprendidos ao recibir a sanción, posto que o torneo está organizado por unha asociación legal da vila, e conta co apoio do concello, que ademais dispoñibilizou as súas instalacións para que se puidese desenvolver o enfrontamento entre os equipos da Conferencia Sur.

Mais esta non é a única sanción á que se teñen que enfrontar os xogadores e xogadoras da LNB, xa que houbo unha outra da que foi obxecto un membro da Asemblea Aberta de Ponteareas -tamén da Conferencia Sur-, que traballa a madeira e sempre dispón de varias paláns e billardas para os seus compañeiros. A este palanador parouno a garda civil nun control de tráfico, e ao abrir o maleteiro do seu automóbil, atopou varios paláns e billardas que levaba nel. O mozo foi multado con perto de 400 euros -está á espera de recibir a notificación do seu domicilio- por posesión de "arma branca" (obxectos con punta).

Mais, segundo contan dende a LNB, non é a primeira vez que a garda civil para os seus xogadores, pero, contou Xosé Miguel, "sempre coincidiron axentes aos que se lles explicou que eran paus da billarda, dun xogo tradicional galego, e comprenderon". Xermán Viluba, o promotor da LNB, tamén lle contou a Vieiros que non é a primeira vez que os membros da LNB se teñen que poñer a escenificar, diante da Garda Civil, como se xoga á billarda, para explicar que non van aramados até os dentes. Ademais, no último aberto de billarda de Mos, unha patrulla da Garda Civil estivo, en todo momento, a carón dos palanadores, observando como se desenvolvía a xornada, "coma se fósemos perigosos".

"Somos deportistas, non somos terroristas"
Isto din dende a LNB, ao tempo que contan que están a elaborar unha nómina de palanadores, unha caste de fichas na que aparezan os datos persoais de todos os xogadores e xogadoras, de tal xeito que estean dispoñíbeis no momento de crear a Federación Galega de Billarda. Tamén lle solicitaron á Dirección Xeral para o Deporte uns carnés que "nos acrediten coma deportistas, para amosar ante futuros rexistros policiais (que, se seguen nesta liña, seguro que os hai), ademais de tentar conseguir o seu apoio no caso de que as causas abertas continúen adiante".


4,85/5 (33 votos)


Comentarios (52)

Tino #1 13/Novembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Incrível, semelha q estamos en anos de pre-guerra, cando detian a calquera por "mirar mal" ou levar malas pintas.

dafonte #2 13/Novembro/2008 dafonte
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

resistencia billardeira!!

caso único de xenofobia deportiva , a iste paso militar na LNB vai estar penado con varios anos de cadea. Que noxo de institucións que lles negan cobertura a istes deportistas!!

pepedaconcha #3 13/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Espectacular o video-anuncio do aberto deste sábado en Marín:

http://www.youtube.com/watch?v...

Adiante coa revolución billardeira.

Xistral #4 13/Novembro/2008 Xistral
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

É o que pasaba en Irlanda cos deportes tradicionais antes da independencia. Detidos, todo tipo de atrancos... Iso é o que fan as metropoles coas colonias, por se alguén aínda non tiña claro.
Ademais da ingnoracia dos GC está a mala intención

Garrano #5 13/Novembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

#4 Pois a conto do que dis de Irlanda ainda hai hoxe moitas testemuñas vivas (zona Baixa Limia) que falan de que nos anos 50 foi a GC a que prohibiu o xogo da Porca/Choca por que seica mancaban cos paus. Desde aquel entón o xogo desapareceu da zona e non era moi diferente do hurling irlandés.

Os da GC prefiren que os mozos dos locais sociais estan ben sedadiños fumando porros a que estean facendo deportes e desenvolvendo actividade sociais alén das 4 paredes dos seus locais.

Anxo #6 13/Novembro/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



turzi #7 13/Novembro/2008 turzi
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Unha agresión máis contra a nosa cultura popular.
Seica lles molesta que a Revolución Billardeira e que teñamos unha Liga Nacional.
Pois se lles proe... máis lles ha proer.
Forza LNB!
Contra o Poder estabelecido, BILLARDA!!

piorno #8 13/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Ainda vam ter de tirar umha licença de uso e porte de arma.

Vam multar também os que levam um taco de bilhar ou de golfe, um stick de hóquei, umha raquete de ténis ou até um bispo de xadrez, que pouco mais pequeno é do que umha bilharda e também acaba em ponta?

Avante a Liga Nacional de Bilharda!

piorno #9 13/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Vam multar também os que levem no carro umha chave de fenda, umha chave inglesa, umha chave Allen, um alicate, umha tesoura, umha navalha de barbear ou até um canivete suíço?

piorno #10 13/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Estes espanhóis som loucos!

ruixordo #11 13/Novembro/2008 ruixordo
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #12 13/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Subversom! Se ademais levasse o autocolante (GZ), ia p'ra Audiência Nacional.
Já nom se pode ser nem indoeuropeu (numha adaptaçom de Sidharta para o cinema aparecem uns nenos da Índia jogando à bilharda); o que nom som futebol ou touradas, ambos bem nacional-católicos, é delito (mentres nom se demonstre o contrário). Onde estám os Amnistia Internacional?

piorno #13 13/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Levar bilhardas no carro vai ser considerado como tráfico de armas? Se os e as bilhardistas do País se unirem, o caso Irám-Contras pode ficar pequeno ao pé deste! ;)

salzerda #14 13/Novembro/2008 salzerda
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

o ke había ke facer era meterlle a pincha por onde sabemos al CUERPO DE LA JODE CIVILES...
mira que son papaphostias,dentro de pouco han de parar a un por ir cun carretillo,legon,fouce ou kalkera ferramenta ajricola e denuncialo por uso de armamento revolucionario...todo se andara,e se non tempo o tempo
estan paranoicos estos picoletos...

galleto #15 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Carlinhos #16 13/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#11 Se nom for "vero" é "bem trobato"; nom fodas possíveis comentários retranqueiros; que até vam tipificar a retranca galega no Código Penal espanhol, começaram coa eskerda basca, a fecharem Egin, coa bandeira de Colón em Madrid... e de continuarmos assi, a possessom dumha gaita há ser considerada como depósito de armas de guerra.
Vivasp'nha coÑo!

pepedaconcha #17 13/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

# Acaso fan controis as entradas dos campos de golf? O asunto e ben claro, ven que está collendo forza esto da billarda e que cada vez hai mais xente metida, centros sociais apoiando, etc, e como eles non o controlan pois tentan rebentalo a base de represión.

Stop represión. Recuperando as nosas tradicións. Creando un novo deporte. Construindo a independencia. Avante a billarda.

xviluba #18 13/Novembro/2008 xviluba
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

...e por encima da represión e rexistros policiais ós palandores e palanadoras da LNB se lle nega o dereito á Auténtica ó merecido homenaxe no descanso do partido de Riazor do vindeiro 27 de decembro.

Construíndo a independencia, AVANTE BILLARDA!!

Donicela #19 13/Novembro/2008 Donicela
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non me sorprendería nada que os gardas civís fosen galegos (de nacemento)

galleto #20 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



dafonte #21 13/Novembro/2008 dafonte
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

paranoias?? non é casualidade que ós nenos dos colexios os poñan a xogar ós trompos e ós bolos mentras que ós da billarda se lles manda a policía ás pistas de xogo, galleto toma o caldo tranquilo que por ti non van vir.

isto demostra que no deporte galego comeza a caza de bruxas!!

Telleiro #22 13/Novembro/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Eu tamén xogo á billarda na conferencia sur e non ando en local social ningún.Precisamente o que máis me animou a apuntarme foi o ambiente de bo rollo e relaxación que hai nos torneos.Con isto refírome a que,en principio,non ten nada que ver coa política,que non é que non me interese,pero para discutir sobre política xa hai moitos medios e lugares.
En todo caso,a presenza desta xente dos locais sociais é manifesta, coido que achegan moito traballo organizando e eu estoulles ben agradecido por achegar este xogo á urbanitas neofalantes coma min,que o descoñeciamos case por completo.

Se cadra é isto último o que lle molesta á garda civil.Ou se cadra é que xa teñen a esta xente dos locais entre cella e cella e xa van por eles coa menor excusa,ou ao mellor é que os picoletos son simplemente imbéciles (non son opcións excluíntes).

Con todo,animo a todo o mundo a achegarse aos torneos,haivos un ambiente moi animado e moi plural (con isto quero dicir que non hai que ser de ningún local social nin de ningún partido nin de nada para poder xogar).

galleto #23 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



pepedaconcha #24 13/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

#20 Acaso dis tu que é casualidade que ao mesmo tempo que no parlamento falan de promover estos deportes haia multas e represión cando nos 4 anos que leva a LNB nada desto tiña acontecido? Que ostias pinta que a guardia civil vixilando o torneo de billarda de Mos cando en 4 anos non apareceron en nengún momento. Eu non creo nas casualidades.

Telleiro #25 13/Novembro/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Eu non falo de conspiración ningunha,pero coido que a xente que anda nos centros sociais está vixiada pola policía.Non direi toda a xente,pero si moitas das persoas que están traballando nese eido ou polo menos as persoas máis activas.

Penso que se os centros sociais de Vigo,Marín e Ponteareas non estiveran na liga,a policía ou a gc non terían interese ningún na billarda. Que raio lle vai interesar a billarda á policía?

Obviamente,paréceme unha vergonza a actitude da gc e solidarízome con estas persoas.Isto haino que deixar claro,porque aínda haberá quen bote a culpa ás vítimas.

E que conste que non son de ningún centro social.

pepedaconcha #26 13/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Según o pintas ti o que pasa e que hai determinadas persoas as que a policía as segue e multa.
Pero esto é diferente. Acaso porque nega a Xunta a posibilidade de facer unha exibición de billarda no descanso do partido da selección galega en Riazor ao mesmo tempo que saen no parlamento dicindo que van a apoiar estos xogos?

Por que o ano pasado, cando non había ningún centro social metido na billarda boicotearon que as fases finais se fixesen na alameda compostelana cando prometeran eso?

Por que se gastan millóns de € nunha selección galega de fútbol, nunha selección galega de baloncesto, futbol sala ou no equipo de ciclismo Karpin Galicia, mentres que se negan a poñer un peso para a Auténtica correndo os xogadores da nosa selección nacional cos gastos dos encontros internacionais?

Como se pode insinuar que na billarda non ten un contido político cando o seu nome é "Liga Nacional de Billarda" referíndose a Nación Galega? e como a Auténtica leva os seus partidos internacionais a bandeira coa estrela que tanto asusta os anti-nacionalistas e dicir que non é política? Eu mais ben definiría a billarda como política pero sen políticos.

Aquí o asunto e claro, este deporte está collendo dimensións que non lles interesan debido a que non o controlan os partidos políticos e por tanto, ante o medo que esto lles ocasiona o intentan boicotear, negandolle subvencións, negándolle a publicidade nos medios públicos e ultimamente multando e reprimindo os xogadores, xa que así pensan que pararán esta revolución que xa non ten volta atrás.

Telleiro #27 13/Novembro/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois non che sabía nada diso que comentas de que a Xunta prometera apoiar a billarda,nin o de Riazor (que era unha idea moi boa).

Home,chamarlle "liga nacional" e levar a bandeira estrelada...pois si é política,claro...Máis ben quería dicir que nos torneos de billarda (polo menos nos que estiven eu) hai un ambiente moi aberto,que moita xente da que estamos a xogar non somos dos locais sociais nin militantes de nada...mesmo hai xente castelán-falante,o cal me parece un síntoma moi bon,porque se está achegando o xogo a persoas que non adoitan pasar polos locais sociais,nin votar independentista nin nacionalista.

Ben mirado pode que si sexa facer política,pero aínda así paréceme que falar de "represión contra a billarda" non se corresponde coa realidade.Penso que as persoas máis activas dentro do independentismo sempre están baixo a vixiancia policial,e vanas foder tanto por xogar á billarda como por calquera outra cousa.

xviluba #28 13/Novembro/2008 xviluba
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

telleiro, supoño que cando te refires á xente castelán-falante te refires á numerosa comunidade latinoamericana de cubanos, uruguaios , portorriqueños e venezolanos que forman parte das franquicias.

Lisboeta #29 13/Novembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ao ver esta notícia lembrei-me que a Guardia Civil não conhece este jogo tradicional da margem Sul do Minho, e tal como neste, talvez na bilharda possam dizer que se trata do cabo da enxada ou da sachola....

Para quem não conhece é um jogo (arte marcial) tradicional português que teve grande desenvolvimento no Norte de Portugal nas feiras tradicionais (não exactamente como jogo nessa altura). Ainda hoje existem escolas em vários pontos do país salientando-se escolas em Fafe (Norte de Portugal) e em Lisboa.

Saudações da margem sul do Minho,

http://www.youtube...

http://www.youtube...

http://www.youtube...

http://www.youtube...

Garrano #30 13/Novembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#29 O dia que empecemos a xogar un xogo do pau no aquem Minho será inmediatamente criminalizado. Mas eu gostaria de ver uma exibiçao um 24 de julho a noite em Compostela XD!

Lisboeta #31 13/Novembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#30 >>O dia que empecemos a xogar un xogo do pau no aquem Minho será inmediatamente criminalizado.> eu gostaria de ver uma exibiçao um 24 de julho a noite em Compostela XD!<<

Devia ser muito interessante :) ... Acredito que os vossos vizinhos de Fafe poderiam ajudar!

fillotolo #32 13/Novembro/2008 fillotolo
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

se fora toureiro e levada unhas cantas espadas no maletero de seguro que lle pedían un autógrafo e pola contra, a un pacífico galego que practica un deporte fanlle esta burrada. Sigo estando en contra da violencia, pero hai veces que che entran unhas ganas...
Que se pode dicir do Homus Hispanis, aínda na fase evolutiva inicial e que promove o seu chamado deporte nacional (basicamente consiste en facer sufrir un animal, mentres os verdadeiro animais din olé) namentres no resto do mundo son vistos como verdadeiros paletos. Puf que sorte ser galego, que nacionalidade máis fermosa e racional.

Lisboeta #33 13/Novembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

>>O dia que empecemos a xogar un xogo do pau no aquem Minho será inmediatamente criminalizado.<<

Saiu tudo empastelado ... dizia na mensagem anterior que o pau do "jogo do pau" confunde-se com o pau de caminheiro ou com o cabo dum sacho. Além disso ilegalizar esses instrumentos seria coisa digna dum sketch ridiculista e acho que hoje existem tribunais europeus eficazes a lidar com esse tipo de arbitrariedades.

Ourensan #34 13/Novembro/2008 Ourensan
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

BILLARDA CEIVE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Tp lle pidades as forzas de ocupacion españolas que usen o cerebro, ben sabedes que non teñen, tiveron nen teran.

Atlantico #35 13/Novembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Máis co deporte en si, o que perseguirán é que independentistas dos locais sociais socialicen as súas actividades e se mezclen coa poboación.

Hermerico #36 13/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu também penso que levava um GZ no carro ou algúm outro colante que disgustou os fascistas

dafonte #37 13/Novembro/2008 dafonte
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Alinaza urxente entre "jogo do pau" e a LNB!!

clases de "jogo po pau" nos centros sociais para defendernos do acoso policial nos campos de billarda xa!!

Menan #38 13/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Así vai o país. A ver se van multar tamén os albaneis ou carpinteiros por lebar as suas ferramentas. Non deixan vivir

ecoe #39 13/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pero o da colaxe dos cartazes xa entra dentro da persecución que se ven facendo de esta actividade -identificacións, etc.) desde hai uns 2/3 anos, pois cando as plataformas contra a guerra non se atrevían. Debe ser unha orden do Zorro Pratexado para os tempos dos maiores desfalcos de cartos públicos da historia!

galleto #40 13/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Bah, sodes deprimentes, dádemes arcadas

Garrano #41 13/Novembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#40 Bolachinho, os teus argumentos sempre se caracterizaron pola sua brillantes e elocuencia. Grazas polas tuas contibucións ao foro.



XD

Alenco #42 13/Novembro/2008 Alenco
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A juardia sivil ten razón.
Os billardeiros levan un arma moi similar a que usa a policia pra disolver as manifas.
Os únicos que teñen dereito a portar paus son eles, e xa se encargan de repartir leña cando lles parece.
Os paus xa chos da a poli, non fai falta levalos no maleteiro.

P.D. Aos de Mos, e aos de Marín. Que non vos enterades. A juardia sivil está presente nos campionatos de Billarda porque son os "utilleros" que levan os paláns de reposto.

pepedaconcha #43 14/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

A mellor forma de luitar contra a represión e acudindo este fin de semán a xogar a billarda. A conferencia sur en Marín, a noroeste na Coruña e a norleste en Vilalba

Breogham #44 14/Novembro/2008 Breogham
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

http://www.youtube.com/watch?v...

Soberanista #45 14/Novembro/2008 Soberanista
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Aqui nom há coincidência nem casualidade nenguma. Se faz tempo que alguns vinhamos avisando que os corpos de "segurança" do Estado espanhol vinham tendo um trato descaradamente discriminatório com os carros que levavam o autocolante GZ, que alguns já na altura criticavam por considerar estes avisos como "paranoicos e exagerados", resultando logo certos ao desvelar-se estas como estratégias de carácter interno da própria Guardia Civil, que detinha para inspeccionar carros com o autocolante GZ por simples motivaçom política e repressora.

Agora topamos com uma situaçom semelhante, e já nom faltam os que, de novo, lançam ao ar uma nova xeira de escusas que, consciente ou inconscientemente, tenhem como alvo justificar a acçom repressora dos corpos de ocupaçom espanhóis.

É preciso que nos demos conta de que o PROJECTO NACIONAL ESPANHOL tem como única motivaçom a progressiva assimilaçom dos povos do Estado espanhol na cultura que já hoje oferecem como oficial e que consideram puramente espanhola, que vem a coincidir quase que integramente com a língua e cultura castelhanas.
Todo o que nom sega estes vieiros e decorra por outros diferentes do projecto nacional espanholista, será repreendido, reprimido, recriminado, criminalizado.
Eis o tema da bilharda, e nom será o primeiro nem muito menos o último.

O único que podemos fazer é resistir na nossa cultura, como os bascos se fecharam na pelota basca fronte a assimilaçom espanhola ou os catalães fazendo os preciosos castellets.

ONTEM, HOJE E SEMPRE NA LÍNGUA E CULTURA DA GALIZA!
ONTEM, HOJE E SEMPRE A BILHARDA E EM GALEGO!

xviluba #46 14/Novembro/2008 xviluba
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

chamamento á populazon galega para acoder en masa ós torneos LNB dista find de Marin , Ledoira (Frades) e Vilalba.

plántalle cara ao apartheid billardeiro!!

zemalves #47 14/Novembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Penso que todos os Jogos Populares são um património e fazem parte da cultura de um povo! Esse jogo não conhecia, mas em Portugal há o jogo do chinquilho, da malha, o jogo do pau, entre muitos outros. seria surrealista a policia multar quem os pratique, embora em Portugal já não me admire de nada. Porra! Mas na Galiza foram longe de mais. Será que poderei entrar na Galiza com um corta-unhas?

marim #48 15/Novembro/2008 marim
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Som socia da Associaçom de Marím à que fai referência o comunicado.

Gostaría-me aclarar umhas cuestons:

1º. Chegou-nos um comunicado anunciando a intençom de multar-nos por colar cartazes no concelho de Marím. Neste intre, ja se entregarom as alegaçons oportunas ao respeito e estamos a agardar pola resoluçom da mesma. A multa pode oscilar entre 100 e 1500 €, mais agardamos que esta seja o máis favoravel possível.

2º. Os cartazes aos que fam referência nada tenhem que ver coa LNB, nem nengum dos Abertos da Bilharda, se nom com outras atividades que associaçom desenvolve na nossa vila.

Saúdos companheiras.

AVANTE A REVOLUÇOM BILHARDEIRA......................

FalaGalega #49 16/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

A Galiza é unha nación colonizada a GARDA CIVIL é ESPAñOLA non coñece a tradición e os xogos da GALIZA.
O ocupante non coñece o pobo que ocupa ese é o problema.
Só a autodeterminación da Galiza resolve estes casos.

limosolar #50 16/Novembro/2008 limosolar
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#49 FalaGalega

""A Galiza é unha nación colonizada a GARDA CIVIL é ESPAñOLA non coñece a tradición e os xogos da GALIZA.
O ocupante non coñece o pobo que ocupa ese é o problema.
Só a autodeterminación da Galiza resolve estes casos.""

ACERTASTE EM CHEIO! A lei é espanhola e não galega e a guarda civil também é espanhola e inculta não conhece a nação que ocupa.

arrastando #51 16/Novembro/2008 arrastando
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A VERDADE com HUMOR!

O coitelo antiespanholista
http://br.youtube...

História da Galiza
http://br.youtube...

agressom espanholista
http://br.youtube.com/watch?v=...

Galiza e Galicia
http://br.youtube...

Nacionalismo Progresista
http://br.youtube...

Non imos ceder
http://br.youtube...

NH e Ñ
http://br.youtube.com/watch?v=...

Freemannnnn #52 16/Novembro/2008 Freemannnnn
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Com HUMOR a verdade:
A Galiza é o primeiro
http://br.youtube...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe da pasada semana, nun torneo que se desenvolveu no magosto de Mos
Imaxe da pasada semana, nun torneo que se desenvolveu no magosto de Mos
No torneo de Moaña
No torneo de Moaña
Billardeando, vellos e novos, no Magosto de Mos
Billardeando, vellos e novos, no Magosto de Mos
Outra imaxe do Magosto de Mos
Outra imaxe do Magosto de Mos