Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EN FORNELOS DE MONTES

Unha granxa escola prohíbelle falar galego aos seus traballadores

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Inspección de Traballo a actuar ante o que consideran unha grave discriminación.

Redacción - 18:45 18/11/2008

"O idioma empregado no traballo será o castelán, agás excepcións que serán previamente comunicadas". Así reza a última das normas dun documento que se lle entrega a todos os traballadores ao incorporarse á granxa escola "El Kiriko" de Fornelos de Montes (Pontevedra). Esta obriga dirixida expresamente ao "persoal educativo" atópase xunto doutras como "respectar o traballo dos demais", "cumprir os horarios" ou "deixar o material de traballo en orde".

A Mesa pola Normalización (MNL) denuncia esta "discriminación lingüística" e asegura que o escrito está dentro dunha "liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa". Así, xa adiantou que procederá a denunciar o caso ante a Inspección de Traballo. Ademais, sostén que varias administracións públicas tanto de ámbito galego como da comarca de Vigo contrataron servizos con esta organización, polo que tamén se dirixirá a estes organismos para que exixan o cesamento destas discriminacións.

Non é un caso illado
O presidente da MNL lembra outros casos similares no eido do traballo que xa foron denunciados, como o dun traballador que non foi seleccionado nunha entrevista por falar galego ("e se se che escapa algo en galego?", dixéronlle), ou o da empregada de Carrefour da Coruña á que o encargado lle recriminou o seu idioma ("Burra, non fales linguas menores"). Neste caso da granxa escola de Fornelos, a situación ten, se cabe, máis derivacións, xa que os traballadores están en contacto diario con nenos e, segundo a súa web, adícanse a ampliar o seu coñecemento, neste caso, do medio rural, para conseguir o enriquecemento persoal dos pequenos.

A Mesa tivo coñecemento desta situación a través da Liña do Galego, un servizo que presta asesoramento aos cidadáns que ven vulnerados os seus dereitos lingüísticos. O seu presidente, Carlos Callón, pediu "aos que "supostamente defenden o bilingüismo e a igualdade entre as linguas" que actúen ante este tipo de casos.


Ligazóns

4,76/5 (21 votos)

Comentarios (41)

Carlinhos #1 18/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ghrangha Eskwela el kiriko, Kampamientos Kaixa Nweva. Eis a Obra Social!!...
E ainda, sabendo como sabemos, que a "Xunta de Galicia" tem competências plenas sobre as Caixas Galegas e nom ao revés (como semelha), alguém se espanta de que no dia das eleiçons muitos fiquemos na casinha (quem ainda a tenha nessa altura) se nom apresentar umha listage independentista e socialista?! Bweno karalho, bweno!

Xeonllo #2 18/Novembro/2008 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

Pois si, e casos semellantes repítense, non son casos illados. Iso sucede porque non se toman medidas adecuadas en contra. Se se tomasen medidas enérxicas contra cousas así, que son unha ilegalidade se non estou equivocado, non ocorrerían tales cousas. Mais para iso é imprescindible tomar medidas en serio, non deixar que iso fique impune. Por exemplo, destituír aos responsables desas actitudes, ou unha boa multa, ou fecharlles o "chiringuito", cárcere incluso dependendo da gravidade do feito. É dicir, que teñan que laiarse de cometer cacicadas contra a nosa lingua.

LOIS_DE_SILAN #3 18/Novembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +17 Negativo]

Supoño que este tipo de denuncias públicas non estorban a tutela dos dereitos lingüísticos; mais, estouvos convencido de que memtres non sexamos quen de conseguir sentenzas firmes de condena destas condutas seguirán moitos a rirse de todos nós.

Gaviotero #4 18/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -37 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #5 18/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -40 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



carlinhos21287 #6 19/Novembro/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

de que si gaviotero... maña na porta do meu negocio vou poñer un cartel que vai poñer " Prohibese a entrada a persoas con deficiencias fisicos ou psiquicas".... liberdade de empresa non si???


pd: nese caso ti non poderias entrar no meu negocio....

Gaias #7 19/Novembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non se escoitan, non se ven, donde estan os Galicia Monolingue, Feijoo, CoPPe, el inmundo,etc ante esta vulneracion dos dereitos linguisticos, da liberdade e do bilinguismo?.
Preocupante os casos de persecuccion do galego que estamos a ver, moi especialmente na provincia de Pontevedra. Ante estes ataques fascistas o que hai facer sempre e DENUNCIAR (nunca calar).
Tiñannos acostumados a calar ante as vulneracions linguisticas, logo de 40 anos de ditatura e 16 de fraguismo, pero isto esta mudando.
Na Galiza, em galego!

Gabiotera #8 19/Novembro/2008 Gabiotera
[Valora este comentario Positivo -27 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



tinho #9 19/Novembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +21 Negativo]

Vaia co kiriko quizais deberiam-lhe trocar o nome polo do paxaro bobo.

rockandroll #10 19/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nem denúncia nem óstias, essa puta granja tem que arder...nom valem argumentos legais, aos gavioteros há que corrê-los a patadas...

pepedaconcha #11 19/Novembro/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ultima hora: Informan que Gloria Lago e Chema Pousada ivan no seu coche tuneado camiño da Granxa Escola para defender os dereitos dos galego-falantes, pero pincharon unha roda e non a saben cambiar. Seguiremos informando

Gaviotero #12 19/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -31 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



ulham-novo #13 19/Novembro/2008 ulham-novo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

tu si que das asco, gaviotero, defendiendo la lengua de los que llevan 500 años insultándonos y humillandonos sois todos basura centralista mentalmente tarada os lo escribo en esa lengua que tanto ensalzais como si fuese el ombligo del mundo cuando somos la rechufal de europa por vuestra culpa cabestros-. pero todo esto es mmuy lógico ya que fuimos el único país donde siguio habiendo fascitas y además gobernando,matando y torturando durante cuarenta años por eso estais tan crecidos porque nunca os dieron vuestro merecido pero algún dia esa fecha señalada llegará y por fin todos los españoles recuperaremos la dignidad que ahora anda tirada por el arroyo

LOIS_DE_SILAN #14 19/Novembro/2008 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Vieiros!, o titular di: "Unha granxa escola prohíbelle (sic) falar galego aos seus traballadores".

Desde cando ese -lle do prohíbelle deixou de concordar en número con traballadores?

Gaviotero #15 19/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -33 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



piorno #16 19/Novembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Para #14 LOIS DE SILAN:

O uso do pronome «lhe» em frases como o título da notícia, conhecido como dativo pleonástico ou complemento indirecto pleonástico, é claramente desnecessário. Na maioria das línguas românicas, e nom só, é considerado um vulgarismo. Mas para algumhas pessoas parece que em galego vale qualquer «trapalhada».

Forma mais correcta:

GRANJA-ESCOLA PROÍBE FALAR GALEGO AOS SEUS TRABALHADORES

xafemar #17 19/Novembro/2008 xafemar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#15: Carallo paxarraco, con comentarios coma: "Querido ulham-novo...fascista, lo que se dice fascista, tú y tu puñetera madre*

confirmas exactamente o fascista que resultas ser. Pois coma bo fascista que es, a túa mellor ferramenta son os insultos e as descalificacións. Moi ben moi ben.
Grazas por confirmalo.

Gabiotera #18 19/Novembro/2008 Gabiotera
[Valora este comentario Positivo -22 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Chardella #19 19/Novembro/2008 Chardella
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Veña ho, fagamos saber á Empresa o satisfeitos que estamos coma consumidores. O resto é simpatizar e pasalo ben aquí na Rolda de Vieiros uns cos outros:
http://www.kirikonatura.com/co...
Oes e unha cousa. A que carallo vén de un tempo a esta parte levar os nenos de excursión á aldea a ver porcos. Cousa máis "paleta". A ver se ademais de ver porcos vannos coller o sotaque de aldea. E en Fornelos se aínda fose na marabillosa praza do rei do Concello de Vigo onde un pode gozar do civilizador cemento.
Onde a unha empresa lle doe é na carteira.

spider #20 19/Novembro/2008 spider
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Carallo, seica a carracha nazi anda asaída... tranquilo home, o único que tes que facer é comer máis fibra... xa verás como vas mellor do bandullo... xa se sabe, comer e cagar todo é empezar. Verbo do tema, que se faga unha investigación, e se como se di hai unha orde taxativa, pois que fechen o 'chiringuito'. Por certo, nas empresas das que fala a carracha non hai orde ningunha de prohibir o castelán, como si é o caso que temos entre mans.
O resto de respectables lectores de vieiros... penso que coa carracha deberiamos de facer coma cós GB, coma cós feixistas en xeral... non falar deles... pois iso é o que queren.

rockandroll #21 19/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Luuuumeeeee!!! O lume é PURIFICADOR, CATÁRQUICO, BOM...e, contra o fascismo, umha arma muito eficaz. A ver, ghaviotas, a ver como me denuncias...escaralho-me de ti, eunuco...

galleto #22 19/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -23 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



papuxa70 #23 19/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo -20 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



chan0chan #24 19/Novembro/2008 chan0chan
[Valora este comentario Positivo -24 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



caquilla23 #25 19/Novembro/2008 caquilla23
[Valora este comentario Positivo -25 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galleto #26 19/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -24 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Alenco #27 19/Novembro/2008 Alenco
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Este mediodía, na Radio Galega,unha representante da granxa "El Kirico" ("el", non "o"), dixo que se sacara de contexto a orden:
"Non se pode falar en galego no verán, cando veñen nenos do resto do estado español." dixo.

Claro, claro!. Debe ser que a normativa interna da granxa continúa dicindo que o resto do ano, cando veñen rapaces galegos, o idioma obrigatorio é o Galego. O que pasa é que estes da Mesa sonche algo retorcidos, e non publicaron este punto das ordenanzas.

--

Por outra banda, aquí hai 100% español. A ver señora Gloria Lago e cía. onde están para reclamar o 50% do galego que falta. Por algo son "Jalisia Bi-língüe".

Soberanista #28 20/Novembro/2008 Soberanista
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Resulta evidente que o conflito galego está em pleno auge. Alguns contemplavam felizes como o projecto assimilador espanhol estava conseguindo o seu cometido sem demasiados atrancos, de forma fácil e singela. Mas o povo galego consciente de se-lo começou a dar o seu primeiro aviso de forma importante no 2005, quando meteu no governo ao BNG, partido nacionalista galego que entrava pela primeira vez no governo autonómico nas quase três décadas de simulacro de "democracia" espanhola. Isto fixo despertar as alarmas naqueles que viam tranquilamente o rápido desmantelamento da língua e cultura galegas.

E agora topamos com que esta minoritária mas ruidosa e poderosa parte da sociedade actual galega, está agindo com força contra todo o que signifique minimamente identitário do povo galego, que eles esperavam ver desaparecido em favor do processo de construcçom nacional espanhol, que continua fracassando.
Trata-se de sectores sociais desapegados totalmente da língua e da cultura galegas, alguns de forma completa pois nem nasceram nesta terra ou tenhem uma origem familiar que se atopa muito longe da Galiza. Mas isso nom lhes dá direito para perseguir e criminalizar a cultura dum povo assentado aqui já de forma centenária e atreveria-me a dizer milenária.

Se queremos topar com o centro de onde se impulsionam todas estas iniciativas anti-galegas, temos que mirar e assinalar directamente ao Partido Popular. Este partido é o principal impulsor do projecto nacional espanhol na Galiza e em todo o Reino de España e da progressiva dessapariçom do povo galego.
Nom é por acaso estranho que seja agora realmente que a sucursal do Partido Popular na Galiza, PPdeG, comece a mostrar a sua verdadeiro face, justo quando um partido nacionalista galego participa do poder no governo da Xunta.

É necessário um debate nacional sobre o que queremos ser os galegos. Se desejamos seguir sendo galegos ou pola contra converter-nos em novos espanhóis, isto é apenas em castelhanos uniformizados sem ligaçom nenguma com os nossos antergos que falavam galego e tinham costumes galegas.

Somos maioria social os galegos de origem, só resta apenas que nos demos conta de a que nos enfrontamos como povo e os riscos de seguir determinados caminhos.

FalaGalega #29 20/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +24 Negativo]

Tirar a lingua a un pobo é como roubarlle a alma.
É natural que en calquera comentario a cuestión da represión sobre o noso idioma nativo veña ao de cima.
Música? Cantas en que lingua? Sen lingua non hai asunto.
A represión línguistica e agora a estupidez do crioulo castrapo da RAG é motivo de indignación para todos os galegos.

1-Os galegos están saturados con isto primeiro nos finais do século XVI ao séculoXVIII trocaran na admitistracion da Galiza os galegos por casteláns e prohibiran o galego.

2- Despois entre 1936 e 1967 o asasinato de 190.000 galegos polas súas ideas políticas e queren falar galego. As multas por falar galego. As mulleres violadas por ser galeguistas. As mozas que lle raparam a cabeza por falaren galego.

3-Agora cando o Estado español é grazas pola Unión Europea a recoñecer a lingua galega, crean o crioulo de portugués e español (portunhol) castrapo para nos roubar o galego.

A norma escrita universal do galego é algo que os galegos non prescinden.
O Estado español xoga cos galícios e co apagamento da escrita en galego na Galiza durante séculos para dividir os galegos.
Como se ve hai cada vez máis galegos a comprenderen que o Estado lles está a roubar o que de máis importante teñen como galegos a súa lingua nativa. Moitos que pensaban nacer na Galícia xa entenderan que son galegos e non galícios porque naceran de verdade na Galiza.
Un día todos os habitantes da galiza van entender que naceran na Galiza e non na Galícia e por iso deixará de haber galícios . Seremos todos galegos en paz.
Os galícios foi unha invención do colonialismo castelán.

FalaGalega #30 20/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +23 Negativo]

A Galiza ten que esixir do Estado o seguinte:
1- A oficialización do galego na norma universal (como única lingua oficial) conforme o acordo ortográfico ratificado por todos os países irmáns da fala. Co ensino escolar inmediato e obrigatorio para todos os queiran vivir e traballar na Galiza.
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube.com/watch?v=...

2- Recepción inmediata das canles de televisión portugueses na Galiza en canle aberta e recepción por cabo das canles do Brasil, Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde, Macau, Timor e de todos os países de lingua galego-portuguesas posíbel tecnicamente.
http://www.youtube.com/watch?v...
http://www.youtube.com/watch?v...
3- Entrada da Galiza como membro con todos os dereitos na lusofonia.
http://br.youtube...
5- Entrada da Galiza na xestión no Instituto Internacional da Lingua tendo tamén dereito á presidencia rotativa mesmo sen ser país independente.
http://www.iilp-cplp.cv/index...
Estas son as condicións mínimas para recuperarmos o tempo perdido de desalfabetización en Galego e termos un idioma de traballo que nos axude a gañar diñeiro e prestixio no mundo. O galego é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI. O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China. Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas. A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas. Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!

limosolar #31 20/Novembro/2008 limosolar
[Valora este comentario Positivo +23 Negativo]

""Unha granxa escola prohíbelle falar galego aos seus traballadores""

Fim da colonização na Galiza.
Galiza é dos galegos.
O galego escrito na norma universal oficializado na Galiza já. Como único idioma oficial.
O castelhano na Galiza é idioma estrangeiro.

papuxa70 #32 20/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo -18 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



papuxa70 #33 20/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo -18 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



xafemar #34 20/Novembro/2008 xafemar
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Está claro que aínda queda moito por facer neste país para poder vivir en galego. Aínda así, o que deberíamos facer é informar aos centros educativos (pois é maiormente de quen viven os deste centro granxa) e darlles a coñecer a maneira que teñen de trataren estes aos seus empregados. Se fan iso cos traballadores e traballadoras, que non farán cos nenos e nenas que van alí a "aprender" nun medio máis natural que o centro educativo. Non van poder desenvolverse en galego? pois eu non iría.

vilaespesa #35 20/Novembro/2008 vilaespesa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

esa granxa escola non terá nada que ver con Falacia Bilingüe? ou será a do bilingüismo harmónico de Núñez Feijó? Algo podemos facer: mandárlle mails a moreas dicíndolle que non son formas, que están en galicia e viven dos cartos dos galegos, que se vaian. Dende logo as administracións públicas terían que ver a quen lle dan subvencións
http://feneconcello.blogspot.c...

zemalves #36 21/Novembro/2008 zemalves
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

INCRÍVEL! Como é que um trabalhador é proibido de falar a sua língua na sua própria PÁTRIA!

neutro #37 21/Novembro/2008 neutro
[Valora este comentario Positivo +18 Negativo]

Nos últimos dias temos assistido a simpatizantes do REINTEGRACIONISMO e da norma RAG defenderem posições mais frontais e cada uma das partes valorar os comentários positivamente ou negativamente conforme concordem ou não.
Na valorização a vantagem é esmagadora a favor dos REINTEGRACIONISTAS.
Isto justifica-se com o facto de haver muitos simpatizantes dos REINTEGRACIONISTAS que não comentam mas votam.
Será que esta vitória esmagadora dos REINTEGRACIONISTAS é bom para a Galiza e para a recuperação do nosso idioma materno como defendem?
Penso que não. Sempre que galegos estejam em desacordo com questões relacionadas com a língua da Galiza todos perdemos e a Galiza também.
Todos os galegos devem procurar o que os une e não o que os desune.
Aqueles que defendem o galego na norma universal são afinal contra o quê?
1- O Ñ espanhol que na norma RAG substitui o tradicional NH originário da Galiza.
2- O LL espanhol que na norma RAG substitui o tradicional LH originário da Galiza.
3- O CIÓN espanhol que na norma RAG substitui o tradicional ÇÓM originário da Galiza e que num aprofeiçoamento do idioma foi substituído por ÇÃO.
4- As palavras não acabarem em N (como por exemplo en) como prevê a norma castelhana mas em M (em) como é originário da norma galega. Um S entre duas vogais no galego original lê-se Z (por isso A palavra isso tem dois SS para não ser lido como Z)
5- Que não se escreva só respeitando o som de ouvido mas também respeitando a origem das palavras. Em galego JÁ (lê-se XA mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra), JO (lê-se XO mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra ), GE (lê-se XE mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra ), GI (lê-se XI mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra ).
6- Respeitar a constituíção das palavras como língua culta e não escrever somente pelo som como os crioulos escritos exemplos: COM A (e não COA), COM AS (e não COAS), COM O (e não CO), Também (e não TAMÉN).
Resumindo são praticamente 6 regras que dividem os galegos e mais alguns pequenos detalhes, entre isolatas e reintegratas.
A nação galega não tem valor suficiente para resolverem esta questão?
Tenho a certeza que sim ambas as partes façam uma refexão e chegarão rapidamente que não há motivos para uns estarem contra os outros.
De um lado dirão os isolatas querem escrever conforme o nosso ouvido ouve e não respeitar a origem familiar das palavras e queremos aplicar as normas castelhanas e não as originárias da Galiza. Nem que para isso o galego se torne um idioma ultraminoritário com dificuldades de não existirem livros nem conteúdos informáticos no idioma e andarmos sempre atrás. Ser uma língua sem autonomia de se impôr no mundo mas queremos viver isolados. Queremos ter um idioma só para casa e o castelhano para trabalhar.
Por outro lado dirão os integratas. O galego/português hoje é uma língua universal. Temos de ter imediatamente uma cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/português é oficial em 10 Estados soberanos se incluirmos a Região Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosul, União Africana (onde o espanhol não é) União Europeia e com tradução permanente nas Nações Unidas.
A Galiza só terá futuro como região ou país galego com a recuperação da sua língua materna. Abram os olhos galegos não se deixem enrolar com crioulos da RAG nem com reintegracionismo desactualizado. Com o galego actualizado entramos num mercado não só literário como em todos os domínios de mais de 250 milhões de pessoas.
O galego reintegracionista ao respeitar o actual acordo ortográfico traz para a Galiza uma ortografia vencedora por ter livros de todas as matérias assim como produtos multimédia. Os estudantes da universidades galegas passam a ter livros e outras ferramentas de trabalho na ortografia reintegracionista. Isto era um passo importante para a recuperação do nosso idioma nativo.
É urgente a actualização do reintegracionismo há novas palavras que recentemente foram introduzidas no vocabulário galego-português especialmente relacionadas com a informática e novas tecnologias. Nesta actualização Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palavras os reintegracionista actualizariam cerca de 5% sendo que se limita à alteração de poucas regras de fácil compreensão.

Se temos um idioma nativo e materno com origem milenária dos nossos antepassados que nos projecta no mundo porque iremos trocá-lo por um simples crioulo artificial por adopção sem futuro!.... feito á pressa pela RAG para continuarmos da dependência de Madrid.!!

Conclusão não se dividem escolham o melhor para a Galiza.
Acabem com esta guerra em que todos perdem. Eu não vou interferir mais em comentários já disse aqui tudo. Não quero ser acusado de spamista mas isto tinha de ser dito neste momento neste tema.

VOU REPETIR NA NORMA RAG PELO RESPEITO IGUAL PELAS DUAS PARTES..

VOU REPETIR NA NORMA RAG POLO RESPECTO IGUAL POLAS DúAS PARTES..
Os últimos días temos asistido a simpatizante do REINTEGRACIONISMO e da norma RAG defenderen posicións máis frontais e cada unha das partes valorar os comentarios positivamente ou negativamente conforme concorden ou non.
Na valorización a vantaxe é esmagadora a favor dos REINTEGRACIONISTAS.
Isto xustifícase co feito de haber moitos simpatizante dos REINTEGRACIONISTAS que non comentan mais votan.
Será que esta vitoria esmagadora dos REINTEGRACIONISTAS é bo para a Galiza e para a recuperación do noso idioma materno como defenden?
Penso que non. Sempre que galegos estean en desacordo con cuestións relacionadas coa lingua da Galiza todos perdemos e a Galiza tamén.
Todos os galegos deben procurar o que os une e non o que os desune.
Aqueles que defenden o galego na norma universal son ao final contra o quê?
1- O Ñ español que na norma RAG substitúe o tradicional NH originário da Galiza.
2- O LL español que na norma RAG substitúe o tradicional LH originário da Galiza.
3- O CIÓN español que na norma RAG substitúe o tradicional ÇÓM originário da Galiza e que nun aprofeiçoamento do idioma foi substituído por ÇÃO.
4- As palabras non acabaren en N (como por exemplo en) como prevé a norma castelá mais en M (en) como é originário da norma galega. Un S entre dúas vogal no galego orixinal lese Z (por iso A palabra iso ten dous SS para non ser lido como Z)
5- Que non se escriba só respectando o son de oído mais tamén respectando a orixe das palabras. En galego JÁ (lese XA mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra), JO (lese XO mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra ), GE (lese XE mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra ), GI (lese XI mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra ).
6- Respectar a constituición das palabras como lingua culta e non escribir soamente polo son como os crioulos escritos exemplos: COM A (e non COA), COM AS (e non COAS), COM (e non CO), Também (e non TAMÉN).
Resumindo son practicamente 6 regras que dividen os galegos e máis algúns pequenos detalles, entre isolatas e reintegratas.
A nación galega non ten valor suficiente para resolveren esta cuestión?
Teño a certeza que si ambas as partes fagan unha refexión e chegarán rapidamente que non hai motivos para uns estaren contra os outros.
Dun lado dirán os isolatas queren escribir conforme o noso oído ouve e non respectar a orixe familiar das palabras e queremos aplicar as normas castelás e non as originárias da Galiza. Nin que para iso o galego se torne un idioma ultraminoritário con dificultades de non existiren libros nin contidos informáticos no idioma e andarmos sempre atrás. Ser unha lingua sen autonomía de se impôr no mundo mais queremos vivir illados. Queremos ter un idioma só para casa e o castelán para traballar.

Por outro lado dirán os integratas. O galego/portugués hoxe é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas.
A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas.
O galego reintegracionista ao respectar o actual acordo ortográfico trae para a Galiza unha ortografia vencedora por ter libros de todas as materias así como produtos multimedia. Os estudantes da universidades galegas pasan a ter libros e outras ferramentas de traballo na ortografia reintegracionista. Isto é un paso importante para a recuperación do noso idioma nativo.
É urxente a actualización do reintegracionismo hai novas palabras que recentemente foron introducidas no vocabulário galego-portugués especialmente relacionadas coa informática e novas tecnoloxías. Nesta actualización Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palabras os reintegracionista actualizarían cerca de 5% sendo que se limita á alteración de poucas regras de fácil comprensión.

Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!

Conclusión non se dividen escollan o mellor para a Galiza.
Acaben con esta guerra en que todos perden. Eu non vou interferir máis en comentarios xa dixo aquí todo. Non quero ser acusado de spamista mais isto tiña que ser dito neste momento neste tema.

silvano89 #38 21/Novembro/2008 silvano89
[Valora este comentario Positivo +18 Negativo]

Proibir falar em galego é crime.
Se defende o galego escrito na norma universal dê aqui as suas ideias é preciso força para defendermos o galego do colonialismo.

galizasim #39 21/Novembro/2008 galizasim
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Já foi dito aqui o seguinte comentário que considero muito importante para ponderar e reflectir:
LÍNGUA É UNHA COUSA NACIONALISMO É OUTRA
Na Suiça teñen 4 linguas oficiais o alemán, italiano, francés e romanxe, porén son politicamente un só Estado nación.
Na Bélxica teñen o francés e o flamengo e son politicamente un só Estado nación.
No México, Arxentina e toda a América Latina coa excepción do Brasil todos falan español e son estados independentes mesmo facendo fronteiras uns cos outros.
Por iso o idioma non impón a nacionalidade a ninguén.
Os políticos españois teñen cometido o grandíssimo erro de prohibir a norma escrita do galego universal na Galiza.
O independentísmo tamén é coñecido como as flores do mal. Sempre que algo está errado el florece e crece.
Este castrapo que tamén é coñecido como crioulo de castelán con portugués da RAG dá forza ao independentismo.
Os políticos aínda non entenderan que Portugal non representa ningunha ameaza á unidade do Estado español.
A forma de puxo máis febles os independentistas é oficializar o galego universal na Galiza e abrir a television aos canais portugueses na Galiza.
Con esta decisión gañaba a Galiza e a España.
Polo contrario se continuarmos co castrapo os independentistas gañan cada vez máis forza.
A discusion linguistica na Galiza nunca máis acaba porque todos sabemos que o idioma que internacionalmente é coñecido como portugués é o certo galego e naceu ben na Galiza.
Se nada se fixer atempadamente imos ter violencia e até guerrilla. O independentismo ten cada vez máis simpatizante.
A colonización linguistica é a gran arma para os independentistas manteren viva a súa causa, cabe aos políticos desarmalos.
Pola paz e seguridade de todos os galegos e galegas.

rockandroll #40 21/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu ao autocarro de Paliza Pilingui receitava-lhe a medicina de King África...


Booooooommmmmbaaaaaaaa...!!!

Vam três, e o cagao de gaviotero sem denunciar-me a mim e sem denunciar a Vieiros...hahahaha

Antiespanolista #41 22/Novembro/2008 Antiespanolista
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Tirar o acesso a patriótas reintegracionistas.
Querem que sejamos minoritários à força... Que tipo de VIEIROS são vocês?
Fim à censura

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: