ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MANUEL RIVAS, ESCRITOR

"Nos medios de comunicación galegos a nosa literatura segue a ser algo exótico"

A súa última obra xornalística, 'A corpo aberto' (Xerais), sae á venda esta semana.

Marcos S. Pérez - 18:40 26/11/2008

Acaba de regresar de Madrid, onde o martes presentou a edición en castelán de A corpo aberto. Unha ollada indie do local ao universal, publicada por Alfaguara. A edición orixinal galega, de Xerais, ponse á venda este mércores, e será presentada oficialmente o vindeiro 6 de decembro no marco de Cultur.gal, na Coruña. Na presentación madrileña, Rivas contou coa presenza de Juan López de Uralde (presidente de Greenpeace), José Luis Cuerda e do xuíz Garzón, entre outros persoeiros e amigos.

O libro está formado por catro relatos xornalísticos; os dous primeiros centrados na deriva ideolóxica da dereita española denunciando o "complexo de Creonte no que aínda se manteñen as elites máis influentes" do ámbito conservador. O terceiro cóntanse, entre outras, dúas loitas que contribuíron a modificar a nosa conciencia medioambiental: a expedición do Xurelo á Fosa Atlántica e o 'thriller' do caso Prestige. O cuarto é "unha sorte de historias naturais escritas cunha respiración alternativa, entre dor e humor".

Rivas deixa entrever unha certa decepción pola escasa relevancia acadada nos medios de comunicación galegos e noutros ámbitos por Os libros arden mal, que en cambio está recollendo un éxito histórico en Francia. Reclama, pois, como paso imprescindíbel para a internacionalización da literatura galega, o recoñecemento interno, a visibilidade da obras galegas nas bibliotecas, nos espazos públicos e nos medios. Reflexiona tamén sobre as relacións entre xornalismo e literatura, reclamando un xornalismo crítico, que teime na loita contra o esquecemento.

Por que é unha ollada 'indie'?
Ben, é unha chiscadela. É un termo que se emprega máis na música ou no cinema, e non tanto na literatura, pero creo que define un espírito crítico e independente que lle viría ben ao xornalismo. A palabra remite tamén a unha relación irónica co que un fai. Eu tamén a ligo a un xornalismo indio, en referencia a unha tipoloxía xa vella dos escritores, de Philip Ravh, que opoñía aos 'rostros pálidos' os chamados 'pel roxa', aqueles que vivían na fronteira, que ían máis alá e que avanzaban cara ao descoñecido.

Nun dos capítulos do libro empezas falando do Xurelo para acabar no Prestige. Con máis trinta anos no xornalismo non te sentes ás veces como Sísifo, tendo que percorrer unha e outra vez o mesmo camiño, que nalgún momento se desandou?
Non me gusta poñerme a pesar e a comparar coa romana o que gañamos ou o que perdemos. Eu apostaría en cambio por unha melancolía activa. A memoria ten que ser unha pescuda, non só unha valoración económica de ganancias e perdas. Walter Benjamin dicía que paga a pena facer historia para buscar faíscas de esperanza; eu, como Benjamin, quedo con esas faíscas de esperanza. O libro está formado por retallos, anacos, follas espalladas; interésame velo así e procurar a maneira en que se poden tecer, tomar sentido, ser un relato único. Quero ver ese relato como unha sucesión, e descubrir o que deu de si. Por exemplo, xa que falas do Xurelo e do Prestige; creo que non somos de todo conscientes da importancia do movemento social que se xerou, non foi un episodio de realismo máxico, foi unha consecuencia de moitas cousas, e estivo ligado a moitas outras loitas, coma a das Encrobas ou a do Xurelo. Con estes relatos quero loitar contra a imposición de certas imaxes que non son reais.

En que medida inflúen un noutro xornalismo e literatura?
Creo que están cada vez máis perto, máis interrelacionados, con máis espazos de fusión. Cando parecía que se esgotaba a novela, estamos asistindo á súa reexistencia e hoxe é seguramente o xénero máis experimental. O campo da novela ensanchouse como un arco da vella, é un espazo de liberdade que colle nutrintes de moitos outros xéneros. Do xornalismo, por exemplo, colle a pelexa coa realidade e coas aparencias, e a súa teima na loita contra o esquecemento, na loita por derrogar a amnesia. Agora mesmo é o que máis me interesa: crear un tempo diferente, escribir sobre un presente recordado. Tamén vexo o futuro da prensa escrita cunha presenza máis importante do literario, expresando os feitos con máis calidade, con máis riqueza de matices, ao contrario da estandarización dos contidos que se quixo impoñer. Literatura e xornalismo teñen que camiñar sempre cara á fronte, abertos á sorpresa, pero cun pé na ilusión e outro na desilusión, un na esperanza e outro no inalcanzable, un no casual e outro no causal.

Que é máis san para unha sociedade: a memoria ou o esquecemento?
A amnesia, sobre todo esta amnesia voluntaria que se propón, é sempre unha doenza. Ademais non é un dilema que se poida escoller. O esquecemento é unha inmoralidade, supón asumir unha anomalía moral. O esquecemento é un engano, é a peor mentira. Podemos comparalo coas barbaridades nazis e en como o pobo alemán ao remate da guerra se escudaba en que 'nós non sabiamos nada'. A posición da Igrexa é dunha tremenda hipocrisía, porque mentres eles levan a cabo procesos de canonización e de ascenso aos altares dos que consideran os seus mortos, para os demais mortos piden o esquecemento. Ademais, non se pode falar de equidistancia, porque non só estamos falando da guerra, falamos tamén de todo o que pasou despois, da maneira en que durante décadas continuaron a guerra por outros medios, na ditadura máis cruel de toda Europa. E a Igrexa foi o seu principal aval, e aínda non pediron perdón por iso. Amnistía Internacional esixiu reparación, verdade e xustiza para as vítimas do franquismo. E parece que a resposta que se lle dá é hipocrisía, engano e inmoralidade.

'Os libros arden mal' está triunfando en Francia. Cal é a vía para a internacionalización da literatura galega?
Hai que crear o hábitat para facilitar o coñecemento do que se fai, porque dende o descoñecemento si que é imposíbel facer nada; do descoñecemento xorden cousas como as declaracións de Steiner e outras situacións. O que non podemos esperar é que só pola acción institucional a literatura galega vaia ter un éxito inmediato. Esa é a base, e despois cada obra ten unha navegación propia, unha vida de seu.

É máis importante ser moi visíbel nos grandes eventos, ou o traballo diario a través das universidades, as oficinas do libro, os axentes literarios...?
Todo é compatíbel, pero creo que o máis importante segue sendo tratar con respecto á literatura no propio país. Sería irreal esperar que os franceses, ou os fineses, ou os norteamericanos desen un trato destacado ás nosas obras se estas obras non teñen ese trato no propio país. Esa é a mellor maneira de proxectar a nosa literatura no exterior. Ti vas a Irlanda, ou a Islandia, e nos aeroporto xa podes atopar a súa literatura; aquí non sucede iso. En Galiza tampouco as obras galegas ocupan un lugar destacado nas bibliotecas, e nos medios de comunicación galegos a nosa literatura segue a ser algo exótico. Iso si, ás veces o coñecemento fóra dunha obra permite o seu redescubrimento no interior.


4,65/5 (43 votos)


Comentarios (55)

Arroas #1 26/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

POr favor: gostaría que explicasen por que muitos dos escritores e xornalistas que utilizan o galego en Gz acceden, renuncian á normaalización da lingua nos medios de prensa escrita: léase El País, edición Galicia.
I don´t understand at all

Gaviotero #2 26/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -33 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaviotero #3 26/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -33 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hermerico #4 26/Novembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Manolo Rivas, que saudades dos tempos do Prestige! Já nom se vê polas manis, como vivimos no melhor dos mundos possíveis!

mansdodemo #5 26/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Manolo Rivas,estou dacordo no que dis sobor da nosa literatura,que hai que agarimala con respeto,que hai que sabela expoñer,ben e visibel(aeroportos,bibliotecas,medios de comunicación...etc)pero....os medios de comunicación están como están,e os nosos políticos tamén.É non digamos do noso IDIOMA....
A cultura importa a poucos,o xornalismo crítico case non existe e...¿que imos facer?.
De todos os xeitos,graciñas polos teus libros,pola túa sensibilidade,pola túa maneira de ollar a vida e os acontecementos desta.¡Grande imaxinación!.....Unha aperta.

spider #6 26/Novembro/2008 spider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa falou a carracha analfabestia... digo, a carracha erudita. Haiche xente eivadiña da cabeza.

semoncho #7 26/Novembro/2008 semoncho
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Já vai sendo tempo de distinguir entre galego e galhego, e portanto entre média galegos e galhegos. Vieiros é um jornal electrónico galego, e fala de literatura galega mais que de nengumha outra literatura. Os jornais galhegos, os publicados na Galiza em castelhano, falam preferente e logicamente da literatura espanhola.

O que eu nom entendo é porque há tanta gente comprometida com o galego que lê e dá tanta importância aos media galhegos. A mim a internet permite-me ignorá-los por completo.

Lidor #8 26/Novembro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Cuevillas #9 26/Novembro/2008 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Gaviotero, máis diñeiro ten Losantos, grande multimillonario "titiritero liberal" que cobra máis de 2 millóns de euros ao ano (quedará el mínimo un logo de pagarlle a todos e producir), que cobra parte do que lle da o Estado (todos) á Igrexa.
"Angelita" é posíbel que guindara "pasta" na viaxe a Cuba, como boa "roxa" e "apoltronada", pero puxo como excusa o día das Letras e os libros. Fraga non puña excusas, eran todo comilonas (coma a que fixo Baltar en Bos Aires con cartos públicos), e Aznar tampouco puña excusas, senon que regalaba empresas como Telefónica aos seus amigos (Villalonga), que por certo, non está na cadea logo do que roubou.

mansdodemo #10 26/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

Con todo o meu respeto,para todos,as e dirixido aos responsables de Vieiros,un dos comunicadores,usa unha linguaxe pouco correcta,chamando "carracha" a alguén de nós,ou a Manolo Rivas.
Agradeceríamos todos,as que a boa educación,sempre estivera en alza.

ANGR #11 26/Novembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +16 Negativo]

#2 e #3: Que lamentável.

Opinador #12 26/Novembro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo +20 Negativo]

Gaivotero, aburres até os mortos coas túas constantes provocacións. Non serás o tal López Chaves facendo horas extras? Tes un xeito ben infantil de divertirte, home.

rinlo #13 26/Novembro/2008 rinlo
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Mais guano cagado polas gaivotas... enfim, irá fertilizar os grelos do futuro. O amigo Rivas, nom sendo glorioso, é realmente reconfortante... uma aperta Manolo (nom te conheço pessoalmente, e ainda por riba odeio El Pais...).

Independente4 #14 26/Novembro/2008 Independente4
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

Em Castrapo:

Algúns usuarios teñen verificado que comentarios de persoas diferentes teñen opinións moi concordantes. Din logo as malas linguas “”é alguén que usa varias contas””.

Acontece que Vieiros é o responsábel por cada vez máis de unir as ideas desas
persoas como paso a explicar:

1-Vieiros en http://www.vieiros.con/vieiros... di ser: ?Uña Galiza moderna, aberta a Portugal, feita dende o exilio e a emigración para uña comunidade única de galegos no mundo? . Isto non é verdade como se demostra:

Ao longo dos textos desta mesma páxina escribe máis veces Galícia do que GALIZA como por exemplo en: “” índice de recursos de interese para Galicia,”; “o primeiro en liña realizado en Galicia,”; “ Encontro sobre a internet en Galicia”; “Premio da Crítica de Galicia"”. Ou sexa en todo o texto desta páxina escribe sempre Galícia en vez de Galiza que só o fai nos últimos parágrafos.

Para un cidadán galego normal isto non tiña calquera gravidade nin significado dato os séculos de colonización castelá de que temos sido vítimas, mais os xornalistas son homes de letras saben o que significa as palabras e como elas foron foramadas.

Galiza significa nación mentres Galícia significa provincia (desde a tradición romana que o nome das provincias acababan en ía). Neste caso provincia de España.
Para un xornalista escribir Galiza ou Galícia ten un significado político. Que en castelán sexa Galícia porque queren manter á Galiza un estatuto de provincia Española aínda se comprende, agora para un galego letrado é obrigatorio escribir Galiza, en caso contrario é un falso galego máis un galício.

Isto é só un detalle. Se analizarmos a estrutura do xornal de Vieiros ela é escrita en castelán ou en castrapo. En lado nehum aparece o galego nativo da Galiza que os reintegracionistas defenden, salvo os comentarios de persoas externas ao xornal.

Vieiros acaba por ter a función de manter á súa volta os reintegracionistas e patriótas de varias tendencias. Con iso controla o sentido que esas tendencias poidan ter. Dentro dunha nación ocupada e sen soberanía é unha tarefa fácil.

2- Para ese control existir Vieiros desconecta a conta e corta o acceso do IP a todos aqueles que dunha forma aberta e con explicacións fundamentadas capaces de abrir os ollos aos galegos que viven debaixo da doutrina colonial defendan os seguintes principios:

a- Oficialización inmediata do certo idioma galego debidamente actualizado por forma a ser unha ferramenta de traballo, nas ciencias, cultura, Administración Pública e en todas as áreas. Ou sexa pasarmos a vivir e ter unha vida como galegos.

b- Escolarización inmediata en galego nativo respectando a norma escrita universal por forma a non nos illar nun mundo cada vez máis global.

c- Recepción inmediata en canle aberta das televisións e rádios portuguesas.

d- Recepción por cabo das canles de televisión do Brasil e dos outros países de lingua Galego-Portuguesa.

e- Permiso do Estado español para a Galiza pertencer á lusofonia e ter cargos de xestión incluíndo a presidencia do Instituto Internacional da Lingua para en conxunto cos outros países irmáns da fala poder contribuír na evolución do idioma común.

f- Despois disto estar realizado dar á Galiza o dereito á autodeterminación para a través de referendo os galegos decidiren se queren ser independentes ou asociados ao Estado español. Póndose así fin á colonización e á humillación da nación galega.

3-Estes pricípios son incompatíveis coa política da redacción de Vieiros.
O diñeiro que Vieiros recibe é da “XUNTA de GALÍCIA” da provincia española e non da NAÇÃO do GOBERNO CENTRAL DA GALIZA que só despois da autodeterminación poderá existir.
Por iso ten que promover un crioulo de portugués con español coñecido por castrapo que ( tirando partido da desalfabetización en galego do pobo) visa convencer os galegos que ese crioulo é o idioma galego e desta forma manter o dominio da lingua castelá na Galiza. Con iso prepétuar a colonización.

4-A censura co apagamento dos comentarios, desconectar de contas e corte de IP levou a que un dos censurados denunciase a un servizo anti-censura.
Eses servizos escribiran un pequeno texto nas páxinas de Vieiros deixando un email para onde poderían escribir todos os censurados e pedía aínda que reenviasen os textos obxecto da censura.

Foron recibidas moitas decenas de queixas. O servizo anti-censura eviou os textos a todos os censurados e puxo en contacto todos uns cos outros a través de emails. San varias decenas de galegos que viven en España, na Galiza, Portugal, Brasil, Uruguai e Arxentina. As profesións son diversas desde estudantes, engenheiro, profesores de linguas e de historia etc..
Estas persoas se xa tiñan ideas moi próximas hoxe son aínda máis, trocando mesmo opinións sobre o que van escribir en Vieiros.

A censura de Vieiros contribuíu moito para a unión das ideas nacionalistas destas persoas.
Todos están indignados con Vieiros por cortar o acceso a FalaGalega. Este usuario xa fixo 5 (cinco) rexistros e ao primeiro comentario o seu rexistro é anulado por Vieiros e do seu acceso Internet deixa de ter acceso á páxina de Vieiros. Cando fai un novo rexistro aínda ten que procurar un amigo que lle deixe acessar a Vieiros.

Penso que esta censura con estes corte teñen provocado a valorización positiva dos comentarios máis nacionalistas e negativa nos que defenden o castrapo e que a Galiza é unha provincia.
Galegos e Galegas somos unha nación ocupada ilegalmente fronte ao dereito internacional. Non somos un pobo soberano. Temos moitos vendidos ao Estado ocupante da nosa Patria. No fin venceremos porque Galiza é unha Nación e España non.

(Esta conta foi aberta e xa sei que vai ser anulada e o IP cortado, mais non importa que é dun sitio público)

silvano89 #15 27/Novembro/2008 silvano89
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

A LITERATURA GALEGA NÃO É ESPANHOLA PORQUE GALIZA NÃO É ESPANHA

É um crime cultural a inclusão da literatura galega na categoria de Escritores da Espanha. A razão é obvia: a Galiza não é Espanha.
Galiza é muito mais que o território da "Comunidad Autónoma de Galicia", muito mais que o conjunto de territórios que fazem parte do Reino, porque Galiza é uma Nação e à literatura da Galiza também faz parte de Portugal
Ora bem, como nem todos os escritores nados na Galiza usam a língua galega-portuguesa para escrever os seus textos, e dado que há um costume de classificar a literatura por países e regiões e não pela língua utilizada, eu penso que classificação territorial baseada em critérios territoriais ou "nacionalistas" está errada e deveria ser o seguinte:
- Escritores da "Comunidad Autónoma de Galicia" – Ou Galícios- onde deverão ser incluídos todos aqueles escritores que empregam a língua castelhana ou a actual normativa hispanófona (o crioulo portunhol ou castrapo) para a escrita do português da Galiza. Esta categoria deve ser uma subcategoria de "Escritores da Espanha", e aí deve estar o senhor Camilo José Cela.
- Escritores da Galiza – Ou Galegos- onde deverão ser incluídos todos aqueles escritores galegos anteriores à criação da "Comunidad Autónoma" e todos os actuais que empregam a língua galego-portuguesa na sua variante galega para representar as falas de todos os territórios galegos, de dentro e fora da "Comunidad Autónoma". Esta é uma categoria independente, uma realidade nacional virtual, um território que existe na realidade mas não sai nos mapas convencionais e que gera uma literatura. Aí devem estar os Gil, Herrero, Cáccamo, mas também Guerra da Cal e Carvalho Calero, e também Castelao, Bouça Brei, Curros e Rosalia, e também Meendinho, Martim Codax, Soares de Taveirós e Pero Meogo.

É que na Galiza existem duas realidades os escritores os galícios que consideram a Galiza como província de Espanha (galícia) que são os colonizadores castelhanos que ainda não se galeguizaram e se sentem provincianos de Madrid.
Há também os galegos que sentem que a Galiza é uma nação.

silvano89 #16 27/Novembro/2008 silvano89
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

Se os galegos falam então que falem e escrevam BEM!

Abaixo o castrapo.

anacleto #17 27/Novembro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



alfamar327 #18 27/Novembro/2008 alfamar327
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

#17 hai 4 minutos anacleto
Deve ir ao médico mas primeiro toma um banho anti-espanholista.
Reconhece que és um traidor à Pátria galega.
Fazes em todos os comentários propaganda espanholista e tentas descredibilizar os patriotas.
As ideias dos patriotas são comuns face ao mesmo problema do colonialismo da Galiza.
Dá a cara se és homem e pede desculpa aos patriotas que lutam pela libertação da nossa nação.

MrSrD #19 27/Novembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Eu creo que xa se pode dicir que, após uns meses, o sistema de comentarios con voto puido ter favorecido a degradación das conversas en vieiros, nomeadamente en certos temas. Pode ser que aumentara o número de páxinas vistas e que haxa algúns outros beneficios, máis así non sei se compensa.

MrSrD #20 27/Novembro/2008 MrSrD
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

Peço desculpas de antemão!

spider #21 27/Novembro/2008 spider
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#10 evidentemente o de carracha non vai dirixido a ningún de nós (entendendo nós como aqueles que queren e respectan a nosa lingua e cultura) mais si que vai dirixido a aquelas preas que o único que fan é amolar, provocar e insultar sen ningún tipo de sentido. Hai algúns usuarios que provablemente non gusten da nosa lingua nin cultura nin ideas mais ó menos emiten comentarios sustancialmente máis intelixentes e teñen ideas completamente contrarias ás miñas... contra eses tampouco vai o de carracha... O de carracha.. ben non fai falta ser Einstein para saber quen é, non cres?

ANGR #22 27/Novembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +19 Negativo]

Oh! Excusádeme excelsos gardiáns das esencias patrias por escribir en castrapo!
Prego desculpedes a miña terrible iñorancia que me impide acadar o voso lúcido nivel de conciencia nacional; só son un simple colonizado. Mais humildemente pido interceder polo -coma min- mentalmente pobre compañeiro anacleto.
Prego porque non o enviedes ao Gulag. Ogallá saibades ver que non escribimos en castrapo por malicia ou por conspiración contra a patria, mais por simple e pura ignorancia que, sen dúbida, poderá ser purgada cuns cantos parágrafos máis da vosa ilimitada sabedoría. Así que, por favor, tende clemencia e...

Falade! Oh arcas do coñecemento para iluminar ao humilde pobo que vos segue. Sodes vangarda! Agardamos que nos alumee, aínda que for de esguello, unha raiola da vosa iluminación. Pídovolo a vós, coñecedores da Verdade.

Un inculto campesiño do soviet.

Atlantico #23 27/Novembro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Os Spanners que se fan pasar por lusistas teñen un montón de ususarios rexistrados, se non lles gusta o que dis, te poñen 20 votos negativos, canto interese en cargarse o foro de vieiros.

Madrid789 #24 27/Novembro/2008 Madrid789
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Madrid789 #25 27/Novembro/2008 Madrid789
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

#14 Independente4
Reprobo calquera tipo de censura.Son galego e defendo a unidade do Estado Español. Non concordo que na galícia se fale só galego. Defendo un sistema de dúas linguas o galego e o castelán. Reprobo todas as ideas que leven á separación de calquera parte de España. Son galego e español.
Reprobo tamén o tirar o acceso a Vieiros a calquera usuario sexa el isolata ou integrata.Non sei onde os responsábeis da redacción de Vieiros tiñan a cabeza. Deran a razón aos separatistas alén dos mobilizar.
Na galicia soa é necesario paz que todo vai andando. Non é necesario excluír aqueles galegos que non queren ser españois.

galrinoso #26 27/Novembro/2008 galrinoso
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Considero-me uma pessoa moderada embora seja primeiro galego e depois espanhol.
É lamentável que Vieiros andasse a controlar os comentários dos lusistas conforme estes se queixam. A liberdade de expressão é um valor fundamental que devia ser respeitados por todos e muito mais por jornalistas que muitas vezes têm sido as principais vítimas da censura.
Agora compreendo a "guerra" da valoração dos comentários. Os lusistas estão em clara vantagem no número de leitores de Vieiros e quando há uma confrontação nota-se.
Porém todos os galegos perdem. Acabem lá com isso Vieiros já não vai fazer qualquer tipo de censura aos vossos comentários.
Podemos concordar ou não eu sinto-me num país livre de dizer o que penso.
Viva a união de todos os espanhóis em especial neste péssimo periodo ecnómico que aí vem para todos.
Por último deixo uma palavra para o Gaviotero , Lindor, anacleto, galleto, onofresabate,chairego e até caiu do céu um psedo-brasileiro. São autênticas lebres de provocações . Os assuntos podem ser ditos mas de outra forma.
que nã inflamem os comentários a Galiza precisa de todos e em paz.

JoeMarrone #27 27/Novembro/2008 JoeMarrone
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

independente4, galrinoso, Madrid789 e clons da mesma persoa: non te das conta de que aburres bastante e xa queda un pouco ridículo tanta insistencia "clónica".

papuxa70 #28 27/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

E eu defendo a independenza do noso país Galiza.

chairego #29 27/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O que hai ver é a que se adicaba xente coma FalaGalega que era a copiar e pegar textos sobre o lusismo-reintegracionismo a diestro e siniestro en debates que non tiñan nada que ver co tema...pareceme correcto o que fixo vieiros. Tamén que curioso que baixaran os votos masivos...

rockandroll #30 27/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Bom, eu nom me meto com a normativa que utiliza o Rivas, nem com a que utiliza ninguém. E alegro-me de que lhe vaia bem, ainda que vaia, eu prefiro a outros e outras nom tam notáveis mediaticamente, que no plano artístico para mim tenhem mais que dizer. Mas parece-me umha incongruência queixar-se de ser a nota exótica na imprensa galhega e, ao mesmo tempo, na villa y corte, aceitar esse rol.

toxogz #31 27/Novembro/2008 toxogz
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ai Manolo Manolo, q cousiñas ten a vida.Hai un tempo non te preocupabas ti da supervivencia da literatura galega pq só tiñas tempo pra pensar na túa propia supervivencia nos Madriles.
É irónico que alguén, q estivo colabarando abertamente pola "españolización" (poño entre comas pq non é exactamente o q kero dicir)do mercado literario galego, se veña preocupando agora pola falta de difusión fóra das fronteiras, cando el ben sabe q foi partícipe deste proceso no que a literatura galega está sumerxida dende q os autores da terra saen pra Madrid na busca do "éxito" comercial.O problema estache na avaricia manolo, q corroe todo, ata a identidade se se da o caso.
Os contos mellor déixaos pras túas novelas

PoboCelta2 #32 27/Novembro/2008 PoboCelta2
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



anacleto #33 27/Novembro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Ha-ha-ha! Sí, son un traidor á patria galega por non ter sido alumeado pola vosa verdade revelada (revelada nun cursinho de Portugués acelerado).Estou posuído polo demo colonialista espanhol!!!
Pero pior o ten Falagalega, Independente4, ou alfamar327, porque ti estás posuído por 50 demos, ou 50 nicks spameadores....
Hala, a tapar o comentario.

mansdodemo #34 27/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Para 21.Está moi clariño....pero,eu penso que todo o mundo pode expresar as súas ideas,aínda que non as compartamos,pero debe facerse con bo xeito,e non con expresións un tanto vexatorias.
Compre facer estas aclaracións.Graciñas.

galleto #35 27/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Alguén sabe por que se malvalorou o comentario nº #8 ???

chairego #36 27/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

...por non estar en idioma lusógrafo cecais.

chairego #37 27/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O que non entendo é a tontería esta de tapar os comentarios mal valorados, xa non entendo moito tampouco o de valorar os comentarios, supoño que será unha ferramenta que vieiros outorga para xogar a ser pequenos censores ou dicatadorciños ás persoas con esas tendenzas.

Tudense #38 27/Novembro/2008 Tudense
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Só direi que nom é serio apresentar antes umha traduçom que o original. O primeiro para lhe dar dignidade à nossa lingua é respeita-la nós. Deve ser a primeira vez na história da literatura universal onde umha traduçom de apresenta antes que o original.

galleto #39 27/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Sí, eu tamén estou en contra de tapar os comentarios mal valorados. De feito basta que un comentario esté tapado para que teña máis ganas de leelo. É o que pasou sempre coas censuras, veñan de donde veñan.

OBSERVADOR #40 27/Novembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

huas, exóticos, sim, como as flores no deserto...

xanxan #41 27/Novembro/2008 xanxan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

rivas moito falar galego
peo deixas ke o teu fillo ke se chama
martiño vai a madri e ke os españois lle kambien o nome polo de martin!!

anacleto #42 27/Novembro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non é que os españois lle muden o nome, é que o mudou el propio!!, porque seica "Martiño non o entendían ben" ou algo así.Iso sí que é penoso e absurdo (pois máis chamativo será Martiño, por máis escaso, digo eu), pero aí o pai non creo que teña moito que facer, o fillo xa é maior de idade...

galleto #43 27/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

anacleto, a ver cánto tardan en tacharte

Labhraidh #44 27/Novembro/2008 Labhraidh
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu estou à espera da saída do livro em Português. http://www.wook.pt

Labhraidh #45 27/Novembro/2008 Labhraidh
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Chairego quê é o que quer dizer cecais, no meu dicionário de língua galega (normativa oficial-RAG)não há nenhuma palavra assim.

chairego #46 27/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A min a normativa RAG e a REG e a AGAL e a AGIR e a do português Padräo e o do 1972 do 51 do 90 e do carallo 29 e a brasileira e a de timor Leste impórtanme un carallo.

En galego de leira diría que me paso todas as normas polo forro dos collós, pero por desgraza (fíxese como emprego a terminación -aza, que culto lle son) en vieiros non se poden poñer esas cousas.

E é o que emprego eu, emprego o diccionario de Galego de Leira, feito de zume de terra e de cubata de cointreau en sesión vermouth. Estou en contra de grafiar o galego, grafíoo desta maneira como mal menor, do mesmo xeito que voto ao Bloque, tamén como mal menor. O de grafiar un idioma é un perda de tempo e un anacronismo...en tal caso en grafía chinesa.

jeanettewinterson #47 28/Novembro/2008 jeanettewinterson
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

este tío xa aburre un pouco. Non hai outro máis ca el?. Ademáis xa vai vello e ten dentes de fumador. Xa non está bo.

anacleto #48 28/Novembro/2008 anacleto
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#43 Non ho!, que disque botaron fora ao "votador maluco"....

onofresabate #49 28/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¿GALICIA / GALIZA? A solución ta neste vídeo
http://es.youtube.com/watch?v=....


Tou co Oswald de Andrade e trouxo un poema, mellor, trouxo dous:

LISBOA CURVOU-SE ANTE O BARçA
7 a 2
3 a 1
A injustiça da bola
4 a 0
2 a 1
2 a 0
3 a 1
E cinco na cabeza dos de Lisboa




E como agasallo deixou estoutro:

O GRAMÁTICO
Os negros discutiam
Que o cavalo sipantou
Mais o que mais sabia
Disse que era
Sipantarrou




Un saúdo para LIDOR e ANACLETO.

onofresabate #50 28/Novembro/2008 onofresabate
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O vídeo era:


http://es.youtube.com/watch?v=...

galleto #51 28/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

anacleto, a min a expulsión do "votador maluco" ata me da un pouco de pena. Agora xa sei o que sinten os de Gran Hermano cando expulsan a un concursante.

Arroas #52 28/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Aiii, canto-quanto parvo cría o pan de millo-milho....

stavroguin #53 28/Novembro/2008 stavroguin
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois parece que abondaba con liscar a un luso-troll brasas e pelmazo para que isto volvese á normalidade

A ver se nos recentramos todos un pouquiño

cade #54 29/Novembro/2008 cade
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#53
Mehehehehe!

ecoe #55 29/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Qué ben faría o Rivas en PUBLICAR con BOA ANTELACIÓN A OBRA GALEGA e ben despois a castelá, eso sería millorar a situación, mas non che hai xeito, manoliño (sonche dificiles de entender os porqués?).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: