Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA CRISE INTERNA EN TERRA GALEGA

A carreira de Xoán Gato ao Parlamento espétase nas fochancas xudiciais

Un xulgado ferrolán decidiu imputarlle un presunto delito urbanístico ao alcalde de Narón polos convenios cun centro comercial e un hotel.

Redacción - 13:00 05/12/2008

Dende que Xoán Gato mostrou o seu interese por encabezar a candidatura de Terra Galega ao Parlamento non paran de saírlle atrancos no camiño. O último é a decisión dun xulgado de imputarlle un delito contra o ordenación do territorio polos convenios asinados co centro comercial Odeón e o hotel Husa.

O xuíz fíxolle caso ao fiscal, que considera que o rexedor de Narón e o arquitecto municipal poden ser culpábeis de “irregularidades graves”. Na causa tamén figura como imputado o empresario catalán que promovía os proxectos. Segundo a acusación pública, nos convenios asinados en 2000 e 2003 hai un exceso de altura dos inmóbeis e tamén do volume de edificabilidade.

O proceso xudicial é un duro golpe contra Gato. Mais non é a única fronte xudicial que mantén aberta. O alcalde de Narón mantén unha loita co presidente de Terra Galega, Pablo Padín, ao que acusa de dar un “golpe de estado” para intentar apropiarse das siglas de TeGa.

En declaracións ao Diario de Ferrol, Gato volveu falar de “mans negras” e dixo ter a conciencia “ben tranquila” porque “no Concello sempre se funcionou a golpe de informes técnicos e non por decisións políticas”. O rexedor considera que “alguén lle deu un empurrón” á causa para prexudicalo cando se achegan as eleccións. Sexa como for, o camiño do líder de Terra Galega cara o Pazo do Hórreo está marcado por un verdadeiro viacrucis xudicial.


3.71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: