Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOITE DA EDICIÓN

'Fin de século en Palestina', mellor libro galego do ano

Canda a Murado, a Asociación de Editores premiou a Fernández Paz como mellor autor, e tamén recoñeceu a Xesús Fraga, Xosé Cobas e Elvira Riveiro.

Redacción - 00:22 20/12/2008

A Asociación Galega de Editores entregou este venres os seus premios, na IV Noite da Edición, que se celebrou no Verbum de Vigo e que reuniu a unha ampla representación da cultura galega, comezando pola propia conselleira Ánxela Bugallo. A AGE recoñeceu o Fin de Século en Palestina (Galaxia), de Miguel Anxo Murado, como mellor libro do ano. O pasado ano Murado recibiu tamén o galardón á mellor obra, desta vez nos premios da Asociación de Escritores, e por O soño da febre.

O outro gran triunfador da noite foi Agustín Fernández Paz, distinguido co premio ao 'autor do ano'. Este recoñecemento chega dous meses despois de obter o premio ao mellor libro de literatura infantil e xuvenil do Estado por O único que queda é o amor.

No resto das categorías triunfaron Xosé Cobas, que se fixo co 'Isaac Diaz Pardo' ao libro ilustrado polo seu traballo para O libro das viaxes imaxinarias (Xerais), con texto de Xabier Docampo. O Lolita (Faktoria K) de Xesús Fraga foi considerado a mellor tradución do 2008, mentres que a poeta Elvira Riveiro resultou gañadora na categoría de Libro infantil e xuvenil deste ano con PAlAbrAs brAncAs, álbum con ilustracións de Fino Lorenzo que fora finalista do Premio Merlín de literatura infantil 2007. O Verbum foi, máis ca nunca, a casa das palabras.


4.14/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: