Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MARTIN PAWLEY, BLOGUEIRO E CRÍTICO

"Non comparto o derrotismo de quen opina que todo ha chegar no futuro"

O debate sobre o que é "un país normal" continúa en Vieiros e incorpora a opinión de Pawley, quen defende que Galiza é un país "como calquera outro". Vídeo no interior

Redacción - 10:00 03/01/2009

Coas súas virtudes e cos seus defectos, para o crítico de cine e blogueiro, Martin Pawley, "Galiza é un país como calquera outro". Defende unha realidade na que, ao igual que en tantas outras, hai moito feito e tamén moito por facer e desenténdense do "derrotismo" daqueles que aseguran que todo chegará ou que repiten que "hai que seguir loitando" a xeito de traxedia clásica.

A de Pawley é a última das achegas á galería de opinións ao debate aberto por Vieiros sobre o país desexado, o posíbel ou o normal. A reflexión está aberta e durante as vindeiras semanas seguiremos entrevistando a persoeiros e cidadáns para que acheguen a súa proposta. Incorpórate á discusión e propón as túas ideas: ¿cal é a realidade que che gustaría vivir (se é que non a vives)? Cóntanos cal é o teu país normal.


3.33/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: