Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Novas convocatorias para a selección

Reforzos irmandiños: Jonathan Vila, Dani Abalo, Capi e Bergantiños

Os adestradores do combinado nacional achegan unha nova lista que cobre as baixas de última hora.

Redacción - 09:30 26/12/2008

Fernando Vázquez e Arsenio Iglesias, o dúo de adestradores da Irmandiña, chamaron a última hora a Dani Abalo e Jonathan Vila (Celta), Capi (Cidade de Santiago) e Alex Bergantiños (Xerez). As novas incorporacións tapan as baixas dos que se foron caendo da convocatoria por problemas físicos e outros motivos, como é o caso de Míchel Salgado, Jonathan Pereira, Borja Oubiña, Viqueira, Diego Castro ou Bouzón.

Así a convocatoria definitiva é a seguinte:

XOGADORES

DATA NACEMENTO

CLUB

Diego López Rodríguez (porteiro) 03/11/81 Villarreal F.C
Roberto Fernández Alvarellos (porteiro) 25/01/79 Osasuna
Rubén González Rocha (defensa) 29/01/82 R.C. Celta
Borja Fernández Fernández (centrocampista) 14/01/81 Valladolid
Adrián López, Piscu (defensa) 25/02/87 Deportivo
Francisco Noguerol Freijido (defensa) 09/06/85 R.C. Celta
Manuel Borja Calbar Simón Capi (defensa) 02/04/81 Cidade de Santiago
Jonathan Aspas Juncal (defensa) 28/02/82 Piacenza
Luís Castro, Sito (centrocampista) 21/05/80 Salamanca
Roberto Lago Soto (defensa) 30/08/85 R.C. Celta
Ricardo Cabanas Rey (centrocampista) 17/01/79 Grasshoppers
Nacho Novo (dianteiro) 26/03/79 Glasgow Rangers
Pablo Álvarez (centrocampista) 14/05/80 Deportivo
Julio Álvarez Mosquera (centrocampista) 01/05/81 Almería
Roberto Trashorras Ganoso (centrocampista) 28/02/81 R.C. Celta
Dani Abalo (centrocampista) 29/09/87 R.C.Celta
Iago Falque Silva (centrocampista) 04/04/90 Juventus
Jonathan Vila Pereira (centrocampista) 06/03/86 R.C. Celta
Alejandro Bergantiños García, Alex (medio) 07/06/85 Xerez
Roberto Losada (dianteiro) 25/10/76 Lugo
Fernando Macedo, Nano (centrocampista) 20/04/82 Racing Ferrol


A selección nacional realizará este venres 26 un adestramento nas instalacións do Deportivo da Coruña en Abegondo a partir das 19 horas, aínda que non poderán estar todos os xogadores. Por exemplo, Nacho Novo, que por fin poderá acudir a unha cita coa selección galega, non chegará ata poucas horas antes do partido, xa que o mesmo día 27 está convocado en Glasgow para o derbi (Glasgow Rangers-Celtic). As gañas de xogar coa selección do seu país, animaron a Novo a facer o máximo esforzo e tomará un voo chárter para chegar a tempo de vestirse de azul e branco.
Por outro lado, os rivais iranianos chegaron este xoves 25 de decembro á cidade da Coruña e adestraron o mesmo día ás 20 horas em Abegondo.

Entradas aínda á venda
As entradas do Galiza-Irán poderán mercarse ata o próximo 26 de decembro nas taquillas do RC Deportivo, no estadio municipal de Riazor. O punto de venda encóntrase situado na grada preferente, entre as portas 15 e 16.
O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 19:30h. O día do partido (sábado 27 de decembro) as entradas venderanse nas taquillas do Pazo dos Deportes de Riazor, a partir das 10:00 ata a hora do partido.


4.7/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: