Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
SERÁ O VENRES 9 ÁS 21.00 HORAS

O baloncesto tráenos o primeiro gran derbi do 2009

Gestiberica Ciudad de Vigo e Leyma Básquet Coruña enfrontaranse no partido correspondente á 16ª xornada da Leb Prata.

Redacción - 18:03 08/01/2009
Imaxe do partido da primeira volta do campionato, xogado na Coruña o pasado 19 de Setembro

Imaxe do partido da primeira volta do campionato, xogado na Coruña o pasado 19 de Setembro

O deporte galego non vai ter que agardar moito para vivir o primeiro derbi do ano 2009 nas máis altas divisións estatais, que será este venres a partir das 21.00 no pavillón das Travesas. Alí o Gestiberica Ciudad de Vigo recibirá ao Leyma Básquet Coruña no encontro que inaugura a segunda volta da Leb Prata.

Os vigueses parten como grandes favoritos por xogar na súa casa e, tamén, pola boa posición que ocupan na clasificación, onde están situados no cuarta posición a só unha vitoria do primeiro clasificado. Pola súa parte, os coruñeses están situados na 13ª posición, con cinco vitorias e 10 derrotas na súa conta.

Ademais, os afeccionados do Gestibérica contarán cun motivo máis para acudir ás Travesas, xa que o equipo que dirixe Alberto Fernández contará cun novo xogador no seu equipo: o base americano Ross DeRogatis, que chega para cubrir a baixa do escolta portugués Nuno Pedroso.

Extrugasa e Rosalía buscarán mudar as súas xeiras
Composteláns e vilagarciás ocupan as derradeiras posicións da LEB Ouro e Liga Feminina. De seguro que como propósito de ano novo terán mudar as rachas de resultados que os levaron até estas posicións. As mozas de Isaac Fernández reciben en Fontecarmoa a un rival directo como é Gran Canaria, que só conta cunha vitoria máis que o Extrugasa. En mellor posición está o Celta de Vigo Indepo, sétimo clasificado, que viaxa até Euskadi para xogar contra un rival directo como é o Hondarribia.

Pola súa parte, o Rosalía tratará de reengancharse á Leb Ouro, na súa visita ao campo do Básquet Mallorca. Os composteláns acadaron até o momento unha única vitoria fronte ás 15 derrotas apañadas nos outros encontros. Lonxe está o Leite Río Breogán, clasificado na quinta posición e inmerso na loita polo ascenso á liga ACB.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: