Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LISTA DE AMIGOS EN FACEBOOK

Feijoo di que a ten máis longa

O candidato do PPdeG atópase empatado con Touriño, ao bordo dos mil apoios. Os políticos apostan polas redes sociais de cara ao 1M.

Redacción - 19:05 12/01/2009
Núñez Feijoo, este luns en Madrid

Núñez Feijoo, este luns en Madrid

Parece que as do 1 de marzo serán as primeiras eleccións no país nas que a internet teña especial importancia, cando menos á hora de facer campaña. E, como é a moda, os líderes políticos están a facer uso das redes sociais. A última nova que chega do gabinete de prensa do candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, asegura que xa superou os mil amigos no Facebook.

Porén, no momento de redactar esta información, o candidato aínda non rebasa a redonda cifra, e queda en 993. Ademais, asegúrase que é “o político galego con máis amigos virtuais de cantos se presentan ás eleccións galegas”, cando Emilio Pérez Touriño, do PSdeG, ten exactamente as mesmas amizades: 993.

O PPdeG considera que o número de amigos demostra “que os usuarios de internet” lle recoñecen a súa aposta polo uso das novas tecnoloxías para achegar a mensaxe do partido. Porén, ter moitos amigos en Facebook non equivale directamente a ter moitos votantes, e menos aínda se boa parte deles son militantes do partido en diversas áreas do Estado Español.

O papel cibernético de Feijoo é destacado pola súa formación polo feito de que impulsou unha web moderna e actual do PPdeG, máis unha páxina persoal que alberga a súa canle televisiva, Feijoo.tv. Precisamente esta última modalidade de contacto co electorado foi a que escolleu o candidato do BNG, Anxo Quintana, que se adiantou coa creación de Quin.tv.

Volvendo ao Partido Popular de Galicia, tamén conta cunha canle dedicada en YouTube, 20 dos seus dirixentes dispoñen de cadanseu blog e ten presenza en Facebook, Tuenti e Flickr. Toda a maquinaria está en marcha de cara o 1 de marzo.


3.18/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: