Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Masacre en Gaza

Ehud Barak descúlpase polo bombardeo da sede da ONU en Gaza

O Exército atacou tamén un centro de prensa e varios hospitais onde se concentran centos de feridos.

Redacción - 13:45 15/01/2009

O ministro de Defensa de Israel, Ehud Barak, presentou as súas desculpas ao secretario xeral de Nacións Unidas, Ban Ki-Moon, polo bombardeo do edificio principal da organización internacional na Cidade de Gaza.

Barak recoñeceu esta quinta feira que o ataque contra as instalacións da Axencia da ONU para os Refuxiados Palestinos en Oriente Próximo (UNRWA, nas siglas en inglés) fora un "erro grave". Tres persoas resultaron feridas como consecuencia desta agresión, en que, segundo os funcionarios, se empregaron armas de fósforo branco.

Ademais, o Exército de Israel bombardeou un centro de prensa e varios hospitais onde se concentran centos de feridos, na súa maioría nenos, para ser atendidos. Segundo voluntarios internacionais nun dos centros médicos, os soldados rodearon o edificio e non permiten nin a entrada nin a saída, polo que non se poden atender as chamadas de urxencia para socorrer os feridos.

Por outra banda, testemuñas presenciais citadas por axencias internacionais aseguran que os tanques israelís xa están comezando a entrar no centro urbano, e continúan os combates malia os pequenos avances nas negociacións que ampara Exipto.


3.5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: