Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
POLA SÚA TRAXECTORIA XORNALÍSTICA

Perfecto Conde recibe este sábado o premio Diego Bernal

A Asociación de Xornalistas de Galiza valorou a súa posición en primeira liña informativa e a súa achega humana á profesión.

Redacción - 09:30 24/01/2009

O xornalista Perfecto Conde Muruais recibirá este sábado o premio Diego Bernal nun acto organizado pola Asociación de Xornalistas de Galiza. A entrega terá lugar ás dúas e media da tarde, coa asistencia de profesionais de todo o país.

A designación como gañador de Conde tivo lugar a mediados de novembro, pola súa "traxectoria profesional, sempre en primeira liña, nos medios de comunicación aos que estivo vencellado, e pola súa achega humana ao xornalismo".

Perfecto Conde, nado na Pontenova en 1943, estudou Filosofía e Letras en Compostela, onde participou nas revoltas do estudantado de 1968. Foi corresponsal en Galiza de El País dende 1976 até 1982 e, durante 19 anos, traballou na revista Interviú, pasando de delegado a xefe de Investigación e redactor xefe. Antes da súa xubilación en 2008 foi xefe de prensa do Concello de Ferrol e redactor de investigación do semanario A Nosa Terra. Tamén é o autor do blog Croques.


2.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: