Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'DICIONARIO DO CINE EN GALICIA 1896-2008'

Os homes e mulleres que fixeron o cinema galego

Fernando Salgado, Miguel A. Fernández e Benigno Sánchez presentaron a completa obra que repasa os 112 anos de audivisual feito no noso país.

Redacción - 17:30 30/01/2009

O Dicionario de Cine de Galicia 1896-2008 constitúe, xunto con Rodado en Galicia e o Catálogo de Actores e Actrices de Galicia, as tres grandes obras de referencia do audiovisual da comunidade. "Tres volumes en continuo crecemento e tres grandes obras de referencia que trazan a historia e o horizonte do audiovisual de Galicia, un sector que conquista novos horizontes e abre novas fronteiras", subliñou o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado.

Precisamente, a terceira destas obras, o catálogo elaborado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), será presentado o vindeiro martes en Madrid. Ao acto asistirá o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, así como Pilar Bardem, e unha ampla lista de actores galegos, encabezados por María Castro ou Camila Bossa.

A historia está feita por persoas, tamén a historia do cinema galego nos últimos 112 anos. O Dicionario do Cine de Galicia recolle en máis de 600 páxinas os centros de nomes de profesionais galegos que, mantiveron e manteñen relación coa sétima arte tanto en Galicia como noutras cinematografías, moi nomeadamente México, Arxentina, e o mesmo Hollywood. Fernando Salgado salientou que Galiza é un dos tres "vórtices claves do cinema" no Estado Español, canda a Madrid (o cinema español) e Catalunya. A obra garda unha estreita relación do Diccionario do Cine en Galicia (1896-2000), pero a obra que agora se presenta non é unha simple reedición, pois aumenta moitos dos contidos anteriores, e recolle o sucedido na última década, "uns anos moi fértiles para o cine galego", segundo os responsábeis da edición.

Entre as persoas que participaron, baixo a coordinación de José L. Cabo e Miguel Anxo Fernández, están Ángel L. Hueso Montón, Carlos Aguilar, Carlos A. López Piñeiro, Emilio C. García Fernández, Eduardo Galán, Pepe Coira, José Herbón, Jorge Gorostiza, José Luis Castro de Paz, Josep Lluis i Falcó, José M. Folgar de la Calle, José M. Sande, Jaime Pena Pérez, Manuel González, Rita Martín, Santos Zunzunegui, Xosé E. Acuña e Xosé Nogueira.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: