Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
HÓCKEY EN PATÍNS

Michel Salgado é o novo presidente do Vigo Stick

Liderará un proxecto ao que se unen importantes empresarios que representan marcas como Toshiba ou Air Europa a nivel estatal.

Redacción - 11:30 03/02/2009
Michel Salgado, primeiro pola dereita, acompañado por parte da súa directiva / Foto: Eugenio Álvarez (www.deportedevigo.com)

Michel Salgado, primeiro pola dereita, acompañado por parte da súa directiva / Foto: Eugenio Álvarez (www.deportedevigo.com)

Michel Salgado foi presentado este luns como novo presidente do Vigo Stick. No acto acompañárono parte da antiga directiva, o cadro de xogadores do primeiro equipo e algunha das novidades que trae con el a este novo proxecto. Segundo explicou o xogador do Real Madrid, a súa intención é dar unha seguridade económica e deportiva ao equipo, que pasou serias dificultades económicas nos últimos meses.

Salgado estará acompañado polo antigo presidente, Enrique Urdiales, que pasa agora ao cargo de vicepresidente coa intención de converterse na súa man dereita dentro da entidade viguesa. Ademais o veterano futbolista chega ao Vigo Stick acompañado de poderosos empresarios como Alberto Ruano, representante no estado de Toshiba; ou Javier Hidalgo, alto cargo de Air Europa. Salgado explicou que o primeiro obxectivo da nova directiva é asegurar o club economicamente, sen renunciar a pensar no ascenso á máxima división estatal no futuro.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: