Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TRADUTOR

O galego chega a YouTube

O servizo de tradución automática de Google xa permite ler na nosa lingua os subtítulos dos vídeos.

Redacción - 18:10 09/02/2009

Despois de que Google incluíse o galego entre as linguas do seu tradutor automático, a funcionalidade non deixa de estenderse aos servizos do buscador estadounidense. Agora xa se poden traducir á nosa lingua as webs doutros idiomas que aparezan como resultados das buscas -se temos o navegador e o buscador configurados na nosa lingua- e tamén os vídeos de YouTube.

A tradución en YouTube limítase aos subtítulos que levan incluídos algúns dos vídeos subidos ao portal audiovisual dende que se incluíu esa función, en setembro de 2008. Pódese probar o seu uso, por exemplo, no vídeo de presentación das pistas de subtítulos.

No menú da parte inferior dereita do vídeo, representado por unha frecha cara arriba, pódese acceder á icona dos subtítulos, representada polas siglas inglesas CC ou por dúas liñas na parte inferior dunha pantalla. Á súa esquerda, outra frecha permite seleccionar o idioma dos subtítulos, entre os que non se atopa o galego. Mais, actualmente, na parte superior aparece a opción "Translate (Beta)", que nos ofrece a posibilidade de traducir ese texto ao idioma que prefiramos (incluído o galego) e ver os subtítulos traducidos en lugar dos orixinais.

Como todas as tecnoloxías de tradución automática, os resultados non teñen moito sentido, aínda que serven para ter unha idea do contido orixinal para persoas que non entendan esa lingua.


4.33/5 (12 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: