O martes podedes comezar a enviar os vosos microrrelatos eróticos. Os premios: 3 noites en Bruxas e unha fin de semana romántica en Amarante (Portugal).
O martes 10 de marzo activarase a web da edición 2009 de Ferve a Rede e poderedes comezar a enviar os vosos relatos. Non muda a dinámica e o obxectivo do concurso, mais si os premios. Se no 2008 ofrecíase unha viaxe a Venecia, este ano o destino é Bruxas, en Flandres, Bélxica, outra romántica cidade, coñecida como a Venecia do Norte, pola cantidade e beleza dos canais que atravesan a cidade. O premio é unha viaxe e estadía de tres noites no Hotel Pand (de catro estrelas), onde a parella gozará do 'paquete romántico' que ofrece o lugar, que inclúe almorzo, champagne, unha cea romántica e un paseo en barco polos canais.
O segundo premio, que o pasado ano era unha fin de semana nunha casa rural próxima á parroquia de Sexo, en Agolada, nesta ocasión lévanos á romántica vila de Amarante, no norte de Portugal, nas ribeiras do río Támega. En concreto á Casa da Calçada, tamén no seu 'paquete romántico' que inclúe pequeno almorzo, cea e 'tratamento VIP'.
As bases do concurso son as mesmas que as do pasado ano. Para enviar un relato ou para votar por eles, hai que estar rexistrado en Vieiros, e cada usuario pode enviar un máximo de tres textos. Para darlle un pouco máis de espazo á vosa imaxinación, aumentamos de 550 a 690 o número máximo de caracteres dos relatos. O gañador ou gañadora será elixido, de novo, por un xurado, que decidirá quen merece levar o premio principal, e que se reunirá a partir do 24 de abril, último día no que se admitirán relatos. O segundo premio sortearase de novo entre todos os participantes.
Cos novos tempos da dereita política e ideóxica no poder, toda iniciativa que mine os supostos reaccionarios sobre a sexualidade, a submisión das mulleres, a moralina da Igrexa Católica... deberá ser moi benvida.
Mañan, día da muller traballadora debe converterse tamén nun primeiro paso das movilizacións que virán en todos os eidos.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Pero mosca, se ti foches un dos que animou para que voltara o PP. Ao final quedamos cegos....
Gaviotero:¡Barra kelp,akzin,uld kahwa!.
Tenho papéi,no escusado,com as córes que mostra o gabiotero.
Vieiros:
Necesitamos detalles de que consiste o tratamento VIP na casa da Calçada.
Iremos sos e durmiremos acompañados?
Meigas fora ou meigas dentro?
Eros ki
O carallo sesenta nove.
Imos quentando motores.
Tentarei facer un poema erótico, porque os relatos fainos mellor Yolanda e as súas seguidoras.
Feijóo sauda Gloria,
ésta quere lamberlle a pirola
pero Alberto dille "NON"
Non sabes é maricón?
Alberto apártese nun repente
como se fora cousa do diaño
Gloria Lago vaise quente
e apagará o lume con Yolanda Castaño
e e e!que feijoo va de galeguista e faise chamar alberte!!jajaja que hipócrita é.....
#7 Cuevillas ¿É necesario faltarlle ao respecto a persoas concretas? A verdade é que non entendo este tipo de comportamentos. Refírome, evidentemente, aos ripios de Cuevillas.
SAÚDE