Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VOLVE FERVE A REDE

"Eu, como Celso Emilio, quéroa longa e de pedra"

Regresa o certame de microrrelatos eróticos, buscando repetir o éxito da pasada edición. Queremos máis relatos, máis quentura, máis xaneira!

Redacción - 18:25 08/03/2009

Os lectores de Vieiros enviaron case trescentos relatos eróticos na primeira edición de Ferve a Rede, o concurso de microrrelatos eróticos organizado por Vieiros e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A gañadora foi Mercedes Folgueira, co seu Mírote, escollido por un xurado que formaron Xosé Antón Perozo, Francisco Macías e Diego Ameixeiras. Ademais, a edición 2008 de Ferve a Rede serviunos para descubrir a Susanamoo, que enviou tres relatos e resultou gañadora do sorteo para todos os participantes.

A propia Marisol López pasou por Vieiros para entregar o premio, salientando a "importancia" deste tipo de iniciativas para a normalización da lingua en "todos os ámbitos", neste caso o "máis íntimo" e persoal. No pasado ano acadouse o obxectivo de incitar aos lectores a interesarse por un xénero difícil, como a literatura erótica, e que na lingua galega aínda non desenvolveu todo o seu potencial.

A edición 2008 deixounos frases como 'eu, como Celso Emilio, quéroa longa, e de pedra', ou 'Nélida achou que as saias negras de home casado con Cristo de don Leandro combinaban ben coas súas saias negras de viúva', ou 'As miñas mans teñen debilidade polos teus peitos, córreste e fas que me corra, bícasme na fronte, marchas ao traballo', ou 'Así, a monte, cos teus rotacismos, as túas gheadas faringais, os teus seseos predorsais, os teus xes despalatalizados, as túas síncopas. Non deixes nada fóra'.


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Marisol López entrega o premio

Entrevista a Xosé A. Perozo

Entrevista a F. Macías