Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O sábado, Comité Nacional

"Sondaxe da vontade das bases" para elixir o novo líder do PSdeG

A Comisión Xestora socialista percorrerá esta semana todas as comarcas do país para recabar opinións sobre quen debe tomar o relevo de Emilio Pérez Touriño.

Redacción - 14:00 08/03/2009

A Comisión Xestora do PSdeG comezará este martes a súa rolda de reunións polas catro circunscricións galegas onde "sondará as vontades das bases" para a elección do novo secretario xeral despois da dimisión de Emilio Pérez Touriño, informa Europa Press.

Fontes do Partido Socialista sinalaron que "catro ou cinco" dos 13 membros da dirección provisional reuniranse con "todos os alcaldes e representantes dos concellos e con todas as agrupacións locais" de para coñecer a súa opinión "sobre como se debe constituír a nova Executiva socialista".

O presidente da xestora, Ricardo Varela, xa comunicou a pasada cuarta feira que, aínda que a maioría dos compoñentes deste órgano son favorábeis a que o conselleiro de Medio Ambiente en funcións, Manuel Vázquez, sexa o novo líder dos socialistas, este órgano do partido "non ten ningún candidato", posto que "debe ser elixido e referendado" polas bases e os militantes.

Entre o martes e o venres (este luns coñécese o resultado do voto exterior, que podería devolverlle ao PSdeG un escano por Ourense), membros da xestora desprazaranse por todas as comarcas do país. O sábado desenvolverase o Comité Nacional, encargado de convocar o congreso extraordinario, previsibelmente, para o 25 de abril.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: