Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ENTREGARANSE O 30 DE ABRIL EN PONTEVEDRA

'Os mortos van á présa' domina as nominacións dos Mestre Mateo

O filme de Ángel de La Cruz suma unha vintena de candidaturas. Outros filmes destacados son 'A noite que deixou de chover' e 'Pradolongo'.

Redacción - 13:40 12/03/2009

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, presentou esta mañá a listaxe de finalistas da sétima edición dos Premios Mestre Mateo 2008. Os premios entregaranse o 30 de abril en Pontevedra, no Pazo da Cultura. O Premio de Honra Fernando Rey, creado para recoñecer as traxectorias máis salientábeis no eido do audiovisual galego, será para o director artístico Suso Montero, pioneiro desta especialidade na Televisión de Galicia, xenial creador de infinidade de decorados para programas e series televisivas, así como para o cine e os escenarios teatrais.

Entre as producións que se presentaron a esta edición dos Mestre Mateo, destaca a longametraxe Os Mortos van á presa, con 20 nominacións. O filme de Ángel de la Cruz terá que competir con Pradolongo e A noite que deixou de chover, que suman seis candidaturas cada unha, e A mariñeira, con catro. En canto á televisión Padre Casares domina con moita calridade, e acumula nove nominacións. A crise carnívora, O espírito do bosque e Pérez 2, o ratiño dos teus soños pelexarán polo premio ao mellor filme de animación. E Eloxio da distancia, Flores Tristes, Malta Radio e Manuel e Elisa polo de mellor longametraxe documental.

mellor longametraxe

"a noite que deixou de chover" de perro verde films, iroko films.
"os mortos van a presa" de artemática, perro verde films, semprecinema produccións, voz audiovisual, resonancia postproducción rosp corunna, participaciones empresariales, cinematógrafo films.
"pradolongo" de vía láctea films.
"un cuento para olivia" de xamalú films.

mellor longametraxe animación

"a crise carnívora", de continental producciones, abrakan estudio, semprecinema dream.
"espírito do bosque" de dygra films.
"pérez 2, o ratiño dos teus soños" de filmax animation.

mellor longametraxe documental
"eloxio da distancia", de brein entertainment.
"flores tristes" de formateo, pórtico de comunicaciones, tic tac producciones.
"malta radio" de dos treinta y cinco pc, socarrat, mediagrama, m.menchón.
"manuel e elisa" de tic tac producciones, tvg.

mellor película para tv
"a mariñeira" de ficción producciones, diagonal tv, televisión de galicia, televisión de catalunya.
"la bella otero" de zenit televisión, jcc, gestmusic.
"o espello" de continental producciones, oberón cinematográfica.
"o tesouro" de vaca films, estrategia audiovisual, morena films, loma blanca, en coprodución con canal sur, tvg, tvc.

mellor programa de tv
"cifras e letras" de centroña producións audiovisuais, ctv.
"criaturas" de pórtico de comunicaciones.
"hai que mollarse" de bren entertainment.
"larpeiros" de productora faro.

mellor serie de tv
"air galicia" de ctv, produccións zopilote.
"os atlánticos" de filmanova.
"padre casares" de voz audiovisual.
"terras de acolá" de productora faro.

mellor documental
"afranio" de alén films, tvg.
"casón 1987" de filmanova.
"os nenos de maría soliña" de alén films.
"vivir a destempo" de adivina producciones.

mellor guión
alfonso zarauza, por "a noite que deixou de chover".
ángel de la cruz, por "os mortos van á presa".
carlos ares, xosé castro, andrés mahía, por "air galicia".
carlos portela, víctor sierra, araceli g. cabrera, gema r. neira, lidia fraga, por "padre casares".

mellor música orixinal
arturo kress, por "os mortos van á presa".
manuel riveiro, por "padre casares".
piti sanz, iván laxe, por "a noite que deixou de chover".
zeltia montes, por "pradolongo".

mellor dirección
alfonso zarauza, por "a noite que deixou de chover".
ángel de la cruz, por "os mortos van á presa".
ignacio vilar, por "pradolongo".
marta piñeiro, por "libro de familia".


mellor interpretación masculina protagonista
antonio durán "morris", por "padre casares".
chete lera, por "os mortos van á presa".
luis tosar, por "a noite que deixou de chover".
pedro alonso, por "padre casares".

mellor interpretación feminina protagonista
camila bossa, por "a mariñeira".
carmen maura, por "el menor de los males".
neus asensi, por "os molrtos van á presa".
tamara canosa, por "pradolongo".

mellor interpretación masculina de reparto
antonio durán "morris", por "os mortos van á presa".
ernesto chao, por "os mortos van á presa".
tuto vázquez, por "padre casares".
xosé manuel olveira "pico", por "os mortos van á presa".

mellor interpretación feminina de reparto
belén constenla, por "os mortos van á presa".
berta ojea, por "os mortos van á presa".
maría castro, por "os mortos van á presa".
rosa álvarez, por "os mortos van a presa".

mellor obra experimental
"nemo, novo entretemento móbil" de alén films.
"paris #1" de oliver laxe.
"sin salida (no way out)" de andrés victorero rey.
"soidade ^3" de marcos nine.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: