Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NÚMERO 16 DA REVISTA

Así foi a noite electoral segundo 'Retranca'

Quintana e Touriño protagonizan este mes a publicación humorística. Falta lles fai botar unhas risas!

Redacción - 12:00 14/03/2009

"Por que a Touriño lle cae un ollo? Foi ao ver os resultados electorais do PSOE?... Que está vendo Anxo Quintana que lle produce tanto medo?... Está vendo o seu futuro no BNG ou a Beiras cun zapato na man?... Será certo o rumor que tralas eleccións convertéronse en Zombis... Se queres saber que carallo lle pasa ao Bipartito... busca a resposta a finais da semana que ven nos quioscos galegos!". Así de gorentoso ven o novo número da Revista Retranca, desta volta cun especial electoral no que os habituais analistas políticos da publicación botarán luz sobre as incógnitas que deixou o 1 de marzo.

E continuando con eleccións, Retranca continúa pedindo o voto para ser nomeada 'mellor revista' no Saló del Cómic de Barcelona 2009. O gañador decidirano os internautas; así que se queres que Retranca sexa a gañadora, podes votar por ela aquí.


4,15/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: