Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'GALIZA EM TRÂNSITO', O SÁBADO 18

Braga, máis galega ca nunca

Poesía, teatro e danza do norte do Miño ocuparan distintos espazos da cidade, precedendo a un concerto de The Homens e unha 'festa galega'.

Redacción - 10:00 18/04/2009

O pasado ano o 'Maus Hábitos' do Porto acolleu unha xornada galega na que o público portugués puido coñecer unha representación da creación artística do noso país, con representacións teatrais, presentacións de libros e concertos. Nesta segunda edición Galiza em Trânsito múdase a Braga, que ocupará este sábado 18. O evento está organizado polo Leitorado Galego do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, que a través dos seus responsábeis reivindica que a sociedade portuguesa está "aberta" á cultura galega, e apostan por iniciativas como esta, que foxen das estruturas institucionais, para potenciar a relación entre os dous países.

As actividades comezarán ás catro da tarde coa presentación da exposición Terra incógnita de Francisco Ameixeiras (no Estaleiro Cultural A Velha a Branca). Unha hora máis tarde a Livraria Centésima Página unha palestra poética na que intervirán Susana Arins, Carlos Quiroga e João de Bonaval. Ás nove da noite o auditorio do IPJ acolle a peza de danza Cos Pés na Terra da Compañía D2. Ás dez e media acturán The Homens no Insolito Bar, onde despois se poderá ver o espectáculo As Roturas Visuais dos Chemical Orange. Finalmente, xa pasada a medianoite, comezará unha 'Festa Galega', na que o protagonista será o licor café.

Braga está a 75 quilómetros de Tui, ao redor de corenta minutos pola autoestrada A3. Tamén se pode coller un autocarro de Alsa, que realiza unha viaxe de ida o sábado pola mañá e de volta o domingo pola tarde.


4.64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: