Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ESTARÁ NOS CINES OS DÍAS 28 E 29

Estréase o documental “Chus Lago: Soa ante o xeo”

A gravación recolle a experiencia da aventureira viguesa durante os 58 días que empregou para chegar até o Polo Sur Xeográfico. Vídeos no interior.

Redacción - 12:25 17/04/2009
Chus Lago

Chus Lago

O vindeiro xoves día 23 estrease no aditório da sede social de Caixanova, en Vigo, o documental Chus Lago: Soa ante o xeo. Nesta reportaxe audiovisual cóntasenos a experiencia da aventureira viguesa cando, a comezos deste ano, cruzou o gran deserto branco da Antártida para converterse na primeira muller galega que alcanzaba o polo Sur Xeográfico.

A preestrea comezará cun acto no que a propia Chus Lago contará as súas experiencias. Despois o documental chegará ás salas dos Yelmo Cineplex Vigo, onde se proxectará os días 28 e 29 unha vez ao día. O traballo foi feito por Canal+, coa colaboración de Caixanova.



4.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: