Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
SARGADELOS, 22 DE ABRIL, 19:30 H

Manuel Rivas presenta "A desaparición da neve" en Barcelona

 Con motivo da publicación do seu novo libro de poemas, o escritor galego ofrecerá un recital poético.

Redacción Barcelona - 20:35 20/04/2009

"A desaparición da neve" e só un dos catro títulos do libro publicado pola editorial Alfaguara: os poemas están en galego, catalán, éuscaro e castelán. Con esta iniciativa, Manuel Rivas aposta pola transgresión das fronteiras alén dos conflitos lingüísticos e en prol da pluralidade lingüística.

O poemario vai acompañado dun CD no que o autor recita catorce poemas en compañía da música e César Morán e de Pulpiño Viascón. Algún deses poemas pódense escoitar en Vieiros.

Mércores, 22 de abril de 2008, 19.30 h

Recital de Manuel Rivas

Novo libro de poemas:

RIVAS, M (2009): La desaparición de la nieve / A desaparición da neve / La desaparició de la neu / Elurraen desagerpena. Ed. Alfaguara.

Galería Sargadelos Barcelona
Provença 276


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: