Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DE CATALUÑA, EUSKADI, VALENCIA E GALIZA

Os consellos de cultura do Estado debaten o seu papel

Representantes das catro institucións debateron en Compostela sobre o seu funcionamento e relación co poder executivo.

Redacción - 11:05 28/04/2009
Tags: ccg consello

No foro, celebrado en sesións se mañá e tarde na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, os relatores insistiron na importancia da idea da centralidade da cultura e na necesidade de avanzar na mellor articulación do sector cultural e acometer, por exemplo, accións de carácter prospectivo e o deseño de novas politicas públicas. Na xuntanza participaron uns trinta expertos, encabezados por Ramón Villares, presidente do CCG, e os representante do Consell Nacional de la Cultura i de les Arts de Catalunya, Ferrán Mascarell, do Consell Valenciá de Cultura da Generalitat Valenciana, Ramón Lapiedra e do Consejo Vasco de Cultura, Ramón Zallo.

Tamén participaron os parlamentarios Ignacio López Chaves (PP), Ana Pontón (BNG) e Francisco Cerviño (PsdeG-PSOE) e de igual xeito o conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, reuniuse con Ramón Villares e cos demais participantes do foro.

"Coas experiencias coñecidas -afirmou Ramón Villares- estamos diante de propostas diferentes e non casables, pero que nos permiten coñecer e testar outros modos de facer, ao tempo que constatamos a dificultade de unir o carácter asesor e consultivo coas funcións executivas". Os modelos son distintos entre si e difiren tamén do CCG, institución de carácter asesor e consultivo, independente dos poderes públicos. Esas diferenzas teñen que ver co feito de que foron pensados e creados en momentos diferentes. Nos casos de Galiza e de Valencia, na fase inicial da Autonomía. Nos de Catalunya e Euskadi cando xa se cubrira un amplo tramo da experiencia do autogoberno.


3.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: