A presentadora de 'O país dos pequenos' e do Extrarradio da RG fixo unha acendida defensa do ensino en galego.
"Os mellores comunicadores do país son esa rapazada tan espontánea, tan sincera, tan esperta e que fala galego tan ben", comezou dicindo Belén Regueira ao recoller o Mestre Mateo que a distinguiu como a mellor comunicadora de TV. Porén, a presentadora de O País dos Ananos (TVG) e o Extrarradio (RG), quixo ir máis aló, e partindo da súa experiencia con eses mesmos nenos que cada semana leva ao programa da Galega, fixo unha clara defensa do ensino en galego.
"Durante o noso traballo -dixo- démonos de conta de que xa hai moitos nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos que non saben falar en galego; non é que o falen máis ou menos, non é que teñan unha actitude máis ou menos positiva, senón que non saben porque non lles aprenderon nin na casa nin na escola. Isto non se escoita en ningures".
Despois dos primeiros aplausos, que non foron unánimes, como se pode ver no vídeo, Belén Regueira continuou: "Se algo teñen os nenos é capacidade para aprender, e sería triste que os grandes decidisemos por eles que saber galego é un coñecemento prescindíbel, ou que só quita tempo para outras cousas". E concluíu: só quen sabe pode escoller. Absolutamente todos estamos de acordo na capacidade dos nosos nenos para falar con soltura en galego, en castelán, en inglés e en cantas linguas queiramos aprenderlles. Pois aprendámosllelas".
Maravilhoso discurso. Belén obrigado!
grazas Belen;por ser valente por min e por outros moitos
Parebéns, Belén.
Lembrar que esta galega foi a apresentadora dum dos melhores programas que se fizeram nunca na TVG, alquele Chambo que a tantos músicos galegos influenciou e lançou para a frente.
Noraboa, Belén. Terán que verse no teu espello a meirande parte dos teus compañeiros de TVG e implicarse coma tí na loita pola nosa língua. Non vale falalo cando compre no traballo e logo mudar ó español. Podería poñer moitos exemplos de persoeiros que coñecemos da "galega" como falantes e logo nas rúas son descoñecidos e abraiantes de como mudan.
Intelixencia, decencia, valor, compromiso, verdade: Belén Regueira falando a lingua de nós.
Se todo o mundo que ten a oportundidade dixera o mesmo. E teno que dicir Belén mentres outros calan.
Por certo, vaia maneira máis agradable que ten de falarlle á xente. Escoiteille unha longa intervención nun acto do Comercio Xusto, sen ningnha "chuleta", e foi unha marabilla.
Parabéns a Belén por falar alto e claro. Coido que son esta clase de discursos os que máis dano poden facer ao movemento antigalego. Lastima que non haxa máis persoeiros que se comprometan en público, seica perigan as subvencións.
Umha grande salva de palmas, para o discurso e para o valor de fazê-lo neste momento.
E umha lembrança saudosa para o Chambo, também.
Bem falado, Belém. É terrível que essa panda de etnocidas de Galicia Bifida poda apropriar-se da palavra 'liberdade', quando somos todas nós que defendemos um ensino galego e em galego, as que realmente promocionamos a liberdade. A ignorância nom é liberdade, porque "só quem sabe pode escolher". Eu de maior quero ser Belém Regueira
Valente, moi valente. Agora haberá que ver canto tempo vai permanecer na RG e na TVG como presentadora, polo seu atrevemento.
Não se atreverão, Anxo. Não se pode viver sempre cagadinho de medo e de joelhos. Já chega de ser a TVG o instrumento do partido governante. Vai sendo hora de reclamar a CRTVG como o que é, uma empresa pública de todos nós, financiada por nós.
Se têm a ocorréncia de expulsá-la, boicote total. A audiência tem o poder.
Noraboa pola claridade, intelixencia e boa comunicación que fixeches no discurso, Belén. Chuchos.
mil regueiras máis para a lingua galega!!
Felicitacións "a tope" Belén.
Segue mantendo no seu lugar moi alto, un dos VALORES máis importantes da nosa terra coma é o IDIOMA.
Graciñas polo teu COMPROMISO.
Á altura da súa valía coma profesional, unha elegante labazada para as xentes galegófobas, acomplexadas, mercenarias, ignorantes, covardes.
Non son poucos os profesionais da CRTVG e outros medios que deberían ollarse nela pola súa calidade no traballo e o seu compromiso neste importante tema.
@s meninh@s som o futuro! 'dá génio' ver a toda essa rapazada falando galego com esse sotaque tam digno. Cousas como estas som as que nos dam forças para trabalhar pola nossa língua e polo nosso país.
Parabéns, Belén... e muito obrigado.
obrigado!!!
debería de haber xente como esta en todolos lugares non foi a unica en darlle unha labazada ó goberno xq houbo outro(agora non o recordo) q dixo que a seu fillo en Orzán coñeciano polo neno que falaba galego
Verdades, iso é o que comunicou Belén. verdades que non se queren recoñecer.
melhor forma de dicílo e de expresalo imposíbel!!
se saír isto non sairá en ningures está claro...pero é a única realidade do galego, e todo porque os neo-falanxistas do pp están a conseguir os seus obxectivos..có franquismo non puideron con nós..e agora así coa ''súa democracia autonómica'' e ''bilinguísmo-monolingue'' pensan que van poder..pois non vai ser tal..os momentos de fraqueza virarán..e o final o galego triunfará.
Pero que ben fala e que guapa que é...Belén Regueira, quero casar con voçe...
Belem, Se xa gostaba de ti cando esperto escoitando o teu programa os sabados e domingos á manha, agora ainda te quero mais!!
Mil Belems mais na Galiza!!!!
Os que coñezades algún profesor, avisádeo de que xa podemos firmar como apoio individual na páxina da coordinadora endl; en 4 días xa firmamos 600 .