Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CIRCUÍTO CORRER EN GALIZA

Ourense é a cidade máis rápida do país

Esta cidade lidera unha competición na que se recollen os resultados das diferentes carreiras pedestres, organizados por equipos e localidades.

Redacción - 15:00 07/05/2009
Esta iniciativa pretende aumentar o pulo das carreiras pedestres

Esta iniciativa pretende aumentar o pulo das carreiras pedestres

O Circuito Correr en Galiza é unha competición aberta que pretende fomentar a participación nas carreiras pedestres do país, elaborando clasificacións conxuntas que xuntan as puntuacións acadadas polos participantes en cada unha das probas. Trátase de listaxes abertas nas que se pode competir de xeito individual, por equipos, ou por parellas.

Ademais, elaborase unha listaxe por localidades na que se suman os puntos acadados por todas as persoas rexistradas na mesma vila ou cidade. Aquí os ourensáns van á cabeza, con máis de 37 mil puntos repartidos entre 29 corredores. Séguenos de perto Vigo, con máis de 32 mil, e máis atrás están Coruña e Santiago con 25 e 22 mil respectivamente.

A vindeira fin de semana correrase unha carreira no Pino (Arzúa), dúas na Pobra de Brollón (Terra de Lemos) e outra no Porriño (Vigo). Así até o 20 de setembro, cando unha carreira por Santa Uxía, en Ribeira (O Barbanza), peche esta tempada do circuíto. Até entón faltan 15 carreiras, nas que se vai decidir unha competición en que todo está aínda moi aberto.


4,5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: