Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESPECIAL LETRAS 09

Ramón Piñeiro: O mínimo común galeguista

Reportaxes, entrevistas, vídeos e audios sobre o homenaxeado. Tamén sobre Lois Pereiro, Ataque Escampe e Fanny&Alexander. Entra aquí no Especial que preparou Vieiros.

Redacción - 10:20 15/05/2009

Triunfou ou fracasou Piñeiro? En que medida é responsábel dos éxitos e limitacións do galeguismo hoxendía? Está en perigo o galeguismo de consenso que defendeu? A Piñeiro cómpre recoñecerlle, en calquera caso, o ter asegurado a continuidade da lexitimidade histórica do galeguismo; é o elo que conecta no interior do país o Partido Galeguista anterior a 1936 coas novas xeracións de mozos, nos que intentou facer abrollar a 'conciencia de Galiza'. Cómpre recoñecerlle, igualmente, a súa defensa da lingua galega, con análises moi acertadas, como a que expresou a través de A linguaxe e as linguas, o seu discurso de ingreso na Real Academia.

Despois chegan os debates ideolóxicos, a súa renuncia ao nacionalismo e ao principio das nacionalidades, o seu anticomunismo militante e a súa polémica incorporación como independente ás listas do PSdeG-PSOE, que o levou a un primeiro parlamento galego onde tivo actuacións brillantes, como o seu traballo a prol da aprobación da Lei de Normalización, e outras menos, como o seu voto a favor da expulsión dos tres deputados do Bloque-PSG.

En calquera caso, mesmo estes aspectos máis polémicos na figura de Piñeiro revélanos unha personalidade rica, merecedora dun debate fondo sobre el e sobre o propio galeguismo e sobre o país. Piñeiro é un nobelo polo que podemos seguir a historia do século XX en Galiza, tanto na política, como na sociedade e na cultura.

Entra aquí no Especial que preparou Vieiros

No especial atopamos reportaxes, entrevistas en profundidade a Miguel Barros e Xosé Luís Franco Grande, outras seis entrevistas en vídeo a Xusto Beramendi, Víctor Freixanes, Antón Baamonde, María López Sande, Miguel Barros e Camilo Nogueira, audios de Ramón Piñeiro, e outros contidos ao redor de Piñeiro e da celebración das Letras 09, entre elas unha axenda das celebracións.

Ademais, outros contidos, como unha reportaxe sobre o documental que Iago Martínez e Alex Cancelo preparan sobre Lois Pereiro. E entrevistas a Ataque Escampe e Fanny&Alexander, que falan sobre os seus novos discos, nos que as letras galegas tamén son protagonistas.


4.18/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: