Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por terceiro ano consecutivo

Lusistas e reintegratas saen do armario "atoalhados" no día do seu orgullo

Este ano, apadriñados polo dramaturgo Quico Cadaval e pola actriz Comba Campoy, concentraranse ludicamente nunha praza compostelá.

Redacción - 14:00 25/05/2009

Esta terza feira 25 de maio é o III Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR), ao tempo que se celebra tamén o VIII Dia Internacional da Toalha e, no ámbito hispanófono, o Día do Orgullo Friki.

Os reintegracionistas e lusistas do país congratúlanse desta súa festa, polo que organizaron unha concentración lúdica na praza de Cervantes (Praça do Pam) en Compostela, ás 19h30, "hora galega", é dicir, ás 20h30 "na Espanha". Este ano o lema é "A norma do mundo é nossa-Com reintegrata não há quem possa!", claramente inspirado no tema A taça do mundo é nossa, de Wágner Mauregi, Lauro Muller, Maugeri Sobrinho e Victor Dagô.

Este ano, ademais, os lusistas e reintegracionistas orgullosos, terán como padriño e madriña ao dramaturgo e actor Quico Cadaval (quen, ademais, emprestou a súa imaxe para o cartaz promocional), e á actriz e xornalista Comba Campoy, respectivamente. Esta é a novidade dunha nova efeméride que vén algo pasada por auga; se cadra fan boa falta as toallas.

Máis información deste día:

  • A segunda edición da festa aquí
  • A primeira edición da festa aquí
  • O DdoOLeR no Flickr aquí


4.36/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O 'vídeo total' da edición de 2008

Un vídeo do primeiro DdoOLeR

Imaxe do I DdoOLeR, en 2007
Imaxe do I DdoOLeR, en 2007