Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIO TRASALBA 2009

Xosé Manuel Beiras, á sombra do pinsapo

O 28 de xuño a Fundación Otero Pedrayo entregaralle a distinción na Casa Grande de Cimadevila, en Amoeiro.

Redacción - 17:50 28/05/2009

A Fundación Otero Pedrayo entregará o Premio Trasalba 2009 a Xosé Manuel Beiras, de quen destaca "toda unha vida dedicada ao galeguismo, na máis xenerosa tradición do que significou no seu día a Xeración Nós", e ademáis a súa "dimensión intelectual, cívica e de pensamento". O premio entregarase, como é habitual, na Festa literaria que se celebrará o domingo 28 de xuño na Casa Grande de Cimadevila, en Trasalba (Amoeiro). O galardón consiste nun debuxo enmarcado realizado por Isaac Díaz Pardo, unha placa e un Libro dos Amigos.

O galardón empezou a concederse en 1983; en anos anteriores recoñeceu a Valentín Paz-Andrade, Ramón Martínez López, Francisco Fernández del Riego, Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Xosé Filgueira Valverde, Isaac Díaz Pardo, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Sixto Seco, Milladoiro, John Rutherford e o pasado ano a Olga Gallego. O acto celébrase no propio Pazo de Trasalba no que viviu Don Ramón Otero Pedrayo, coa asistencia de ducias de veciños da parroquia e de persoeiros da cultura galega, e nesta ocasión sen o famoso pinsapo, o irmanciño, de Otero, derrubado polo vento este último xaneiro.


4.83/5 (23 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: