Copa, Liga e Champions. Por esa orde fixeron historia os barcelonistas, que este mércores lle bailaron a sardana futbolística ao Manchester na final europea.
Paciencia e fútbol. Así o expuxeron os blaugranas para armar historia sobre o campo romano onde este mércores se disputaba a final da competición europea máis importante, a Liga de Campións. O conxunto adestrado por Josep Guardiola fixo honor á filigrana de equipo e ao debuxo das xogadas que o trouxera até esta data arrincando a admiración de seareiros de cores futbolísticas diversas e apañou un trofeo ben merecido.
Comezou o encontro con susto e presión do Manchester, que afogou nos primeiros minutos a inspiración barcelonista e lambeu o balón a portería defendida por Víctor Valdés en varias ocasións. De aí para adiante, e na primeira cadea seria de pases que lle adicaron á herba romana os culés, Iniesta púxolle un balón de ouro aos pés de Eto'o que, á súa vez, foi quen de colocar a bola lonxe da estirada de Van der Sar. Era o 1-0. E a partir de aí subiu a tensión en Roma até o minuto 90.
No que seguiu do enfrontamento, a teoría coa que o United de Alex Ferguson lle poñía cara ao Barcelona de Guardiola virou na práctica nun dominio claro do balón da parte dos cataláns, atravesado de refachos de calidade da escadra inglesa. Con todo, a festa selouna Messi. O pequecho arxentino medrou outra vez a pé da área menuda para meterlle a cachola a un balón que viña por arriba e sorprendeu a rivais e bancadas furando a porta implacábel. Foi o 2-0 final. Deica o final, tensa xolda futboleira até que o árbitro concedeu o final e abriu a festa barcelonista.
Recomendámoslles ampliar en:
O traballo de Joan Laporta merece un reconhecemento que os médios espanhois nunca lle darán:
-O primeiro que fixo foi botar do estádio aos radicais (creo que algo inédito no mundo enteiro).
-Fixo da política social a súa bandeira (por exemplo: campanhas de troco de alimentos por unha entrada, días do socio con merendolas no estadio...)
-Apoio total á canteira cun mesmo estilo futbolístico en tódalas categorías do clube.
-Total respeto e educación cara o eterno rival(acordádesvos das saídas de tono de Núñez-Gaspart e Mendoza-Lorenzo Sanz?)
-Apoio a Catalunya e ao seu idioma (imaxinádesvos un presidente do Celta ou do Depor facendo isto? Eu non).
-Xestión deportiva impresionante en tódalas seccións do clube.
Agora os médios andan a dicir que o mérito é de Guardiola e dos xogadores e non do Presidente, e todo por ser nacionalista catalán.
É un exemplo a seguir, e terá os seus erros. Igual que todos os podemos ter.
O certo é que o adestrador tamén é nacionalista catalán :-)
Os máis sinceiros parabéns ao Barça dun decepcionado aficionado 'red' (hoxe máis ben 'clarete'...).
Por certo, sabedes se ao Celta lle interesaría un portugués da Madeira con urxente necesidade dunha cura de humildade prestado (sen custo algún) para non baixar a 2ªB?
Mimadriña, outro desgusto que se aveciña....