Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No XV Aniversario

"Portugaliza": a Maga escribe para Ponte nas Ondas

A revista oral do vindeiro venres acollerá estrea da peza exclusiva elaborada pola cantora brasileira Margareth Menezes para esta ocasión.

Redacción - 08:00 01/06/2009
Margareth Menezes

Margareth Menezes



Apaixonada, polifacética e entregada ás máis diversas causas, definida pola prensa estadounidense nunha ocasión como "a Aretha Franklin brasileira", Margareth Menezes é unha artista consagrada no Brasil e de forte prestixio en todo o mundo.

A conexión portugalaico-brasileira abrollada ao calor do traballo incansábel do colectivo Ponte nas Ondas, achegouna desta volta á marea de traballo desinteresado que cada ano desemboca nunha nova xornada de unión en favor do patrimonio inmaterial galego-portugués. Na xornada do próximo venres 5 de xuño vaise estrear unha peza de Menezes, exclusiva para este día.

Achegámoslles a letra:

PORTUGALIZA  

MARGARETH MENEZES - Para a XV Ponte...nas ondas!  

Há um barco que vai, um abraço que vem,
Navega no mar, Ponte...nas Ondas!.
Nos mares do Sul
Distantes Navios da Bahia encantada,
A navegar...

De onde vem essa saudade que quer se eternizar?
Pode ser nossa amizade que quer recomeçar.
Deixar falar minha lingua, sentido português,
Deixa eu lembrar da terra, eterna Galiza.

Portu Galiza
Portu Galiza
Portugaliza
Portu Galiza
Galaico-Português.


4.77/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: