Os artistas e grupos salientan a revolución que supuxo o 'Aberto por Reformas' e desconfían dos novos xestores da radio.
Soaba Quedamos nesa Praza, de Som do Galpom, a derradeira canción do Aberto por Reformas de Xurxo Souto, e un convite para o futuro, para seguir traballando, seguir loitando pola música galega. O luns 1 de xuño os novos xestores da radio pública de Galiza, a Radio Galega, decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Souto finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega: "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".
O martes 2 de xuño, ás sete e cinco da tarde, o programa comezou coa mesma sintonía e o mesmo nome, pero un presentador distinto, Xusto López Carril, que pasara fugazmente polo 'Un día por diante' a comezos da pasada lexislatura. Non só era unha voz distinta, senón unha nova filosofía de programa na que a música galega perdía completamente o protagonismo, e o propio espazo, malia manter a mesma forma, ficaba desposuído de identidade e de contido. López Carril abriu a emisión con toda unha declaración de intencións: "Este é un programa musical, de transición entre o magacín e e a información, pero é un programa con selo propio. Sucede que a música é subxectiva, e a nosa aproximación á música é subxectiva, polo tanto cada quen, particularmente, elixe a súa selección natural, que probabelmente vós ou vostedes non compartan, en absoluto, quizais un pouco, quizais algo máis ou algo menos". O novo programa comezaba, pois xustificándose, e anticipando uns cambios que se fixeron evidentes na primeira canción que soou, de Bruce Springsteen.
Foron máis de tres anos nos que o Aberto por Reformas levou, por vez primeira, a música galega de todos os estilos á radio pública, realizou máis de trescentas entrevistas, e deu a coñecer a ducias de novas bandas e de artistas noveis, moitos deles sen ter editado aínda o seu primeiro traballo. Foron tres anos nos que a música galega tivo un escaparate, un espazo de absoluta liberdade para darse a coñecer. Creou un hábito de escoita entre os oíntes e entre os grupos, que comezaron a confiar nos medios para a difusión do seu traballo. O Aberto por Reformas creou por vez primeira un público para a música galega. Desaparece, pois, un espazo fundamental para a difusión da música galega. Un espazo de liberdade que deixa a centos de grupos galegos sen un escenario privilexiado para darse a coñecer. Só queda dicir grazas polo traballo feito nestes anos. E partiu!
Som do Galpom
Som do Galpom foi o derradeiro grupo que soou no programa. Brais, un dos seus compoñentes, di que Aberto por Reformas é "a clave que permite entender o rexurdimento da música en Galiza, e sobre todo da música en galego. Xurxo Souto conseguía transmitir a sensación de que estaba pasando algo importante, e estaba no certo, algo estaba pasando". Para Brais, "a gran asignatura pendente para a música galega é a formación do público, por iso nós tocamos tanto. E nese sentido Aberto foi un faro; grazas ao programa apareceu un novo tipo de consumidor de música: o que compra música galega". E conclúe: "Xurxo facíache crer na música, en que era posíbel, el sínteo así e é capaz de transmitilo".
Ataque Escampe
Para Álex, de Ataque Escampe, é "unha noticia tráxica" e salienta ademais que "Xurxo Souto é unha referencia dunha cidade, A Coruña, que sempre foi vilipendiada. Cando nos putean aos que crecemos alí, podemos ir de humildes dicindo que está aí o Dépor e podemos ir abusóns dicindo que alí creceu Xurxo Souto. Non teño máis que palabras de agradecemento por todo o que fixo pola música galega. Non só se vai un referente á hora de promocionar a música galega, senón tamén unha persoa que defendía a lingua. Téñolle dito que metaforizaba moito e que dicía moitas hipérboles, pero benvidas son as hipérboles cando se trata de defender a lingua".
Fanny & Alexander
Fanny & Alexander mesmo opinan que a desaparición dun dos espazos que máis promocionaba a música do país podería mesmo incorrer na ilegalidade: "A nova orientación de Aberto por Reformas é practicamente ilegal xa que ao eliminar o único programa que promovía a música contemporánea cantada en galego estase conculcando o artigo 16 da Lei 9/1984 da CRTVG onde se di a programación debe estar inspirada pola 'promoción e difusión da cultura e lingua galega, así como pola defensa da identidade da nacionalidade galega".
Machina, Uxía, García (DKTC) e Galegoz
Machina tamén soou no derradeito programa. En opinión de Anxo, un dos seus integrantes, "antes deste programa non existían os grupos galegos na Radio Galega, quitando os de folk, con todo o respecto para eles. Non sei que vai pasar agora, esperabámolo, pero é un mazazo". Para Uxía Senlle, o Aberto por Reformas foi unha "revolución na radio galega, e na radio pública en xeral. Recuperou para a radio, onde non existía, a música galega en todas as súas expresións"; e sobre Xurxo Souto di que se converteu nun "totem para os grupos", sobre todo para as novas formacións, grazas á "enerxía, á radio viva que fixo, totalmente pegada á realidade". Pola súa banda, Marcos Payno (Galegoz) salienta que o programa "promocionou a música como ninguén, nunca censurou nada, e nestes anos o traballo de Xurxo Souto foi fundamental para a difusión da música galega. E seguirá facendo un labor moi importante, estea onde estea". García (Dios ke te Crew), mentres, cre que é "triste" que unha radio pública "se convirta nunha radio de partido" e lamenta que se elimine un programa que "conseguiu que un monte de grupos emerxentes fosen coñecidos.
O Leo
En palabras de O Leo, Aberto por Reformas foi para a música galega "o que a aparición das radiofórmulas significou para a explosión da música pop en todo o planeta hai unhas décadas". "En Galicia chegamos con máis de corenta anos de atraso", di Leo, que salienta que Xurxo Souto estivo "á altura do país". "As contas cadran -di- se non fose polo programa eu non estaría tocando tanto; estaría como antes, coma na prehistoria fraguista, dando tres ou catro concertos ao ano, cunha música galega de capa caída e non só non promocionada senón perseguida", conclúe Leo, que avisa: "O traballo de Xurxo Souto non caeu en terreo ermo; o que sementou esta aí e isto non vai dar marcha atrás". É, pois, tempo de traballar, como canta Deolinda nun tema que tamén soou no derradeiro programa conducido por Xurxo Souto: Agora sim, damos a volta a isto!/ Agora sim, há pernas para andar!/ Agora sim, eu sinto o optimismo!/ Vamos em frente, ninguém nos vai parar!
En el día de hoy, cautivo y desarmado el ejército rojo...
Vendo como van as cousas, é crucial apoiar calquera inciativa cultural galega que naza no sector privado e asociativo, sexa Retranca, sexa a Nasa, galescolas privadas... Precisamos de crear cultura dende a sociedade xa que o sector público fica claro que non vai axudar.
O meu apoio ao compañeiro Xurxo! Queremos seguir a oírte, karnotxo! Que volva o auténtico "Aberto por reformas" na Internet xa!!!! :-)
Liberdade de expresión musical!!!
"Xurxo Souto conseguía transmitir a sensación de que estaba pasando algo importante, e estaba no certo, algo estaba pasando"
Eu quédome con esa frase de Som do Galpom.
Saúde arroutada Xurxo!!
Pesia a censura intolerable de programas como "A caixa negra" e algunhas moi pequenas excepcións, a TVG do bipartito foi máis ben continuista co enxebrismo do pasado na súa programación cultural(tamén incluso con involucións como a retirada do Xabarín en horario semanal e de tarde), mais a reforma aberta por Xurxo Souto na Radio Galega si que supuxo un cambio cualitativo no eido cultural.
Parabéns Xurxo!
Espero que pronto te poidamos escoitar outra vez nas ondas da internet para que trascendas da gaiola na que querem meter a nossa cultura desde os medios públicos galegos.
Agradecidos por sempre, de coraçom. Um seguidor e admirador do teu trablaho sempre comprometido co nosso.
Estou a escoitar esta basura: Bruce Springsteen, Wilco...
Xurxo, campión, magnífico traballo non só en Aberto por Reformas senón como xefe de programas da radio galega. Xurxo foi e seguirá sendo un exemplo de forza, traballo e optimismo para todos. Forza Xurxo e gracias polo teu traballo!!!
Botam da rádio pública galega ao melhor comunicador deste país, Xurxo Souto.
Que nojo dá esta gente do PP, odeiam tudo o que recenda a cultura galega. Exterminadores, etnocidas, provincianos, pailãs!
Non por agardado é menos dooroso. Moita sorte a Xurxo, espero oilo axiña pola internet ou por onde sexa.
O etnocidio do PP non ten rexo, e inda quedan 3 aniños haberá que espertar...
Façamos um mundo paralelo ao destes cabrões, façamo-lo crescer livre da sua merda e deixemos que afoguem nos seus próprios excrementos.
KONTRAKULTURA ALTERNATIVA, sem subsídios e sem limitações. Quanto mais nos fodem, mais nos estimulam.
Concordo con tod@s os anteriores.Xa o dicía algun, pero o final vai ser certo...
Van facer bo a Manoliño!!
Ata "aberto por reformas" apenas escoitaba a radio galega, é máis, a penas escoitaba a radio,
pero cadroume un día vindo de chollar (16:00 h) fai algun tempo e xa fun incondicional
Que noxo!
Sr.Conde anda vostede mal encamiñado. O público é noso, de tod@s e non temos que deixalo nas mans do PP, para aventurerismos privados, sería a nosa morte...
Isto é promocinar a barbárie. Agora teremos música de pailans, teatro de pailans, e mais pailans, a mais pailans, e mais pailans.
Vaia merda de programa, o novo Pechado por Contrarreformas. Xusto, dimite, o povo nom te admite.
Eis a demostración palpável de que "a cultura galega limita".
Parabéns, discográficas multinacionais!
Aí está, aí se vê, a censura do PP.
Galiza, livre para nom ser. (U. Novoneyra)
Olho-Crítico, Socialismo ou barbárie, meu! Pode haver outra via, mas ainda está por inventar.
Dende a diáspora, o meu máis sentido agradecemento a Xurxo, Vituco e todos os que nos permitiron que nos enchoupasemos na creatividade, vitalidade e éxtase da nosa música tanto dende dentro e dende fóra do país.
Isto non é máis ca un intento desesperado por frear unha marea artística que asolaga e continuará a asolagar de pracer os nosos ouvidos.
Saúde e moita festa!
As representacións de teatro, os programas de radio,...
Parece que estamos no outono, ou mellor, no inverno.
Xa voltou a CRTVG NODO. Os novos dirixentes son os mesmos da época do Prestige.
Xurxo nunca falou de política no "Aberto" e conseguiu que moita xente descubrira a música galega máis aló das gaitas.
Supoño que o seguinte en caer será "Lume na Palleira"
GRAZAS por todo Xurxo.
Chegou onda nos a triste nova do adeus de Xurxo Souto e tódolos seus ghaiteiros. Dende eiquí, dende o máis fondo da galiza moitas grazas a tod@s, especialmente a ti Xurxo, que lle diches saída e comunicación as ideas sonoras dos rapaces e rapazas dos grupos, e a os demáis por compartiren con nos as súas canciós. Lamentablemente volveu caer sobre nos outra "longa noite de pedra".
PERO QUEN OSTIA VOTOU A ESTES DESGRACIADOS???
Como di condedecotobade chegou a hora de amosar a nosa capacidade. Se noutras nacións foron quen de montar empresas propias e un sector privado de seu e non colonizado é o momento de comezar a ser coma eles. Temos que confiar so nas empresas que creen en Galiza, hai que axudar a crear a pata que falta no nacionalismo galego mal que nos pese (a de dereitas). Hai exemplos de empresas deste tipo que funcionan, por exemplo o conservatorio folk. Temos que apoiar coa nosa participación ás galescolas, bares, xornais, etc. Levemos á practica real do século XXI o eslogan do Partido Galeguista "Ninguén sabe do noso máis ca nós". Espertemos dunha vez e adiante co país.
Xurxo Souto, contigo até a morte!
Kontra o mundo!!!
É o problema de non favorecer a música galega BILINGÜE.
NNNOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOMMMMM!!!!!!
O ABERTO POR REFORMAS NOM!
PRIMEIRA CENSURA!
ISTO É A GUERRA!!!!
Na propia web da TVG aínda descreben o "Aberto por reformas" así:
Un lugar de encontro para os estilos musicais máis variados, unidos polo nexo da lingua galega. Xurxo Souto dirixe e presenta o programa, que os domingos presenta Vituco Neira.
O Xusto López Carril quixo reducir a metamorfose a unha simple "cuestión de gustos", como dicindo "ahora os voy a poner lo que me mola a mi". Mais, como din en Madeira de Uz "se uma vaca tem cara de ovelha, patas de ovelha, rabo de ovelha… provavelmente seja uma ovelha, mesmo que a sigamos a chamar «vaca»".
Agardan tempos fodidos, pero nin Xurxo Souto nin tódolos grupos que desfilaron polo seu programa morreron. Deberamos de deixar de comentar este artigo como se fose unha nota necrolóxica e comezar a pensar no que toca facer mañá.
Que in-Xusto que boten por terra o mellorciño que había na radio galega.
Xurxo fai un falangullo! un podcast! Quen quere unha emisora de radio tendo xa o mundo enteiro na rede??
Tranquilos!
Vamos rir muito com o alpabarda que ponham para substituir o Jurjo.
No problem! X-P
parabéns a xurxo polo seu traballo. mil xurxos máis para a música galega.
eu que lle collera gusto á RG... logo quitarán a ardebullo, extraradio (non!!) e tantos outros.
que pais este no que un nin pode escoitar as emisoras públicas...
forza para xurxo e forza para vituco (que coido que aínda lle deixan facer o deste domingo segundo me comentaron) pero sobre todo forza e unión para a música galega. e enchámoslle o foro da telegaita de queixas http://foros.crtvg.es/foro/
Entre as primeiras perguntas que me fixem quando mudou o governo da junta, foi que ia ser de programas como o Aberto por reformas, do Xurxo... por desgraça (e por vontade das forças anestesiantes deste país), aconteceu o que imaginava...
que será que vai acontecer agora com outros programas que estavam a dignificar, de vagar mas com passo firme, o 'nosso' meio de comunicaçom público?
Xurxo Souto, gaiteiro!
Força e furor pataqueiro!
parabéns a xurxo, a vituco, á "flor da mahía", -non lembro o nome-, a todas e todos os que durante 3 anos fixeron beillar as ondas hertzianas ao son da nosa música. iso si, que non pensen que van conseguir calar as nosas guitarras, as nosas gaitas, o noso son. non dan feito.
Ate logo Xurxo, marabilloso programa, grande comunicador! Toca buscar novos espazos nos que seguir promocionando tanta riqueza musical.
Obrigado por todo!
Claro, nestes tempos de crise há que financiar os Congressinhos de Gal & Cia bilíngüe... haverá um programa estrela com as tele predicadoras Glory Lake e Rosa 10...
Vou facer dúas suxerencias:
- Aos novos "responsables" do programa, que non use en van o seu nome, deberían cambiarllo por "Abierto por joder"
- A tod@s @s demáis, inundemos con correos de protesta o e-mail do programa: abertoporreformas(arroba)crtvg.es eu xa o fixen, despacheime a gusto, e non vexades o ben que quedei
Animo a Xurxo e a todas as persoas que fan música galega, en galego. Non poderán co pobo e coa cultura galegos!
Me cajo na tos! Onde estamos os 15000 jaiteiros e jaiteiras? Creo que é forza abonda para que se nos escoite ben alto. Esto é intolerable. Temos que mobilizarnos para que esta afrenta non quede impune, ou polo menos para que todo o mundo saiba que merdadas fan estes. Lume a eito!!!
Por certo, quén está na "lista negra"?
- Extrarradio
- Air Galicia
...
Malditas bastardas esa novas directoras de TVG e RG ¡¡
Maldito bastardo Nuñez FEixón¡¡¡¡
Xa sei, que a culpa é de quen as pon.
Atinas 1,cidadán77, cando sinala o de "cautivo el ejercito rojo...".
QUe clase pobo,que clase de sociedade pode aturar a barbarie que é o PP???
Outravolta, Atila en Galiza ¡¡¡
Beizóns Souto, saude e mare e música.
Agardo verte e escoitarte nalgunhas nosas 1000 ribeiras da vida.
Xurxo, Bo e xeneroso.
cando
Mirade rapaces que tristes volven
co seu chirimbolo nazi os cartaces xacobeos
Os fachas van ver a Wilco... y a la Oreja de Mayor
mentres nos sacan da radio do melloriño o mellor
Para andarme con rodeos prefiro Massive atrack,
Seminal Brothers, Pantera,
Metallica ou Iggy, en fin
mais o de Julito e Juan Pardo "é moi duro para min"
Mala bosta de por vida a calquera que poido evitar isto e non fixo todo o que puido.
O manterlle o nome o programa e mais afrenta que a foto de Castelao ou Rosalia na presidencia dun congreso de Galcia Bilingüe.
Grazas a Xurxo Souto, Bo e xeneroso.
Moitos ánimos para Vituco e para que ese Aberto por Reformas de Domingo. RESISTE MEU !!!
Grazas tamen a Vituco, rosiña e tódolos que fixestes que a Radio fose Galea
A vosa xesta sera recordada por xeracións.
Sabía que ía ocorrer. E non só con Aberto... ¡mágoa!
Propoño unha recollida de sinaturas apoiando o programa e o seu espírito de alumear a nova música feita en galego.
Primeiro o meu saúdo respectuoso a Xurxo Souto polo seu labor.
Por resumir moito, o que máis me preocupa é esta obsesión de rexeitamento ou actitude defensiva contra todo o que poida cheirar a divulgación dos nosos valores (máis aló das comelladas e as orquestras). Noto nos (ir)responsables do PP, e non poucos do PSdG, unha autodefensa ante calquera agromo de identidade, orgullo ou cohesión coma pobo.
Teño algún exemplo moi cercano de persoa da chamada mediana idade, criada en contorna urbana, capada ou aillada do sentimento galeguista e castelán falante, que se enganchou nestes anos aos contidos da TVG. Podo decir, sen esaxerar, que descubriu outro mundo, unha Galicia diversa e rica que algúns combaten. Esta persoa dubido moito que vaia votar a quen se opoñen ou non defenden esta riqueza.
Agora que volvemos necesitar apoiármonos e transmitírmonos información e pulos sen os medios PÚBLICOS. Por aportar nesta loita que se fai día a día, quero mencionar A Regueifa, Komunikando, Clubtura, A Retranca, Foro Social Galego, Galicia non se vende, os editores galegos, A Nosa Terra, Vieiros, Ghastas pista, Kalandraka, Falcatruada, Xornal, o Colectivo Opaíí!! …e os que me esquezo neste momento e que saberán desculparme.
Agora máis ca nunca, todos sumamos.
http://www.fotolog.com/abreted...
Mais uma nuvem negra após a vitória de Feijóo, ouvi imensas vezes o programa através da Internet e era um dos meus favoritos. Parabéns ao Xurxo pela qualidade do programa e acredito que a Radio Galega qinda se vai arrepender. Não faltarão iniciativas e patrocinadores que promovam um novo trabalho do Xurxo.
Porque não criar umas televisão em Internet e pôr o Xurxo como director de programas?
As televisões em Internet estão cada vez mais fáceis de criar e acredito que um projecto TV dirigido pelo Xurxo teria uma audiência imensa mesmo em Internet.
Deixo como exemplo (sobretudo técnico) a nova televisão de Guimarães.
http://www.gmrtv.pt/
Non toquedes coas vosas suxas mans o "Aberto por Reformas"!!
Todo o meu apoio dende "O Morraso" para Xurxo Souto, ghaiteiro, ghaiteiro, ghaiteiro!!.
O novo goberno inquisitorial do PP ten claro un dos seus obxectivos, acabar con todo o que cheirara a identidade co noso e a nosa cultura. Non nos trabuquemos señores e señoras, agora vese ás claras quen fixo unha politica diferenciadora de país (aínda que a todos non parecese pouco) é este foi o BNG.
Ante esta situación, subversión. Xurxo Souto de novo nas ondas xa!! (aínda que sexa a través da Internet).
Ánimo, e como na aldea gala, resistiremos, coma sempre, contra o invasor.
... ainda se vai arrepender ...
Está moi ben o das lamentacións pero pensemos que parte de culpa temos nesta desfeita. D@s que fixestes comentarios neste fio ¿que votaches nas últimas eleccións ao parlamento de Galiza? ¿Quen lle deu o goberno á extrema dereita?.Pois os seus votantes e... ¿ti?
Grazas por todo Xurxo, Vituco e a tod@s os que fixestes posible iste sono.
Adiante Xurxiño, e que saibas que voltarás, máis cedo ca tarde. Feijoo -> O fillo de puta máis grande da história. E vouvos dicir algo a tódolos anallfabetos que votades polo PP: Sodes vós o cancro deste país!
A min os que me fan gracia son os papóns que responsabilizan de todas as desgracias que acontecen co PP aos que non participamos no circo electoral. Estes que nos queren calados co voto cautivo para o seu partido deben saber que a culpa de todo é dos gobernos e de Yoko Ono. Que o sabemos e que vamos por eles, por todos. E que Galiza non se vende, goberne que goberne!
Sigo dicindo, adiante Xurxo.E grazas a Som do Galpom, Fanny e Alexander, Ataque escampe, e tantos outros, por fasernos crer que hai futuro pra a música!
Ai! era o que máis temía.. que me quitaran ó xurxiño tódalas tardes! Non poiden escoitar o final do derradeiro programa, e cando puxen a radio ó dia seguinte... algo cambiara... e quedeime pensando se nadie notaba a falta de xurxo, de música galega, de uxía... Que está pasando? hai que mobilizarse xa!
repunante, tés razón! xuntémonos 15 ou 20 mil gaiteir@s, tamborileir@s, pandereteir@s, guitarreir@s, folkeir@s, rockeir@s ou popeir@s! pola música galega xa!!
O que fixo este programa en tres anos pola musica galega, non o fixo nunca ninguén!! non podemos calar!!
E adiante, Xurxo, e moitísimas grazas!
Gran pérdida, por culpa da merda da política foden o mellor programa da radio galega...Espero non escoitar a xentuza do PP eloxiar a imparcialidade da radio e a televisión galega...É unha vergonza!!!!E ollo, veremos o que dura o programa do Extraradio de Belén Regueira...
En fin,moito ánimo Xurxo!!!. Necesitamos que Xurxo siga moi activo, en defensa da música galega, da cultura galega e de GALIZA.És un referente compañeiro...Oxalá tivesemos motos máis Xurxos Souto en Galiza...
RADIO GALEGA ALTERNATIVA XAAAAAA!!!!!!
"...e desta banda, Xurxo Souto e 15 mil ghaiteiros e ghaiteiras máis dispostos a armar festa..."
Toca armar a reposta!!!
Xurxo fixo un grande labor, non só co Aberto por reformas, senón coa programción da Radio Galega (notábase que os de deportes e informativos non estaban so a súa dirección). O seu traballo non ha ser en balde, por moito que agora o intenten negar.
Eu comecei a escoitar a Xurxo na Ser da Coruña (sintonizábao en AM) nun programa que tiña os sábados pola mañá con Sofía do Lavañou. Eran os tempos do Rock Bravú. Estaban en pleno auxe grupos coma Os Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Os Papaqueixos ou O Jarbanzo Nejro.
que esperabades si van contra o galego noso idioma nom irian contra da cultura mais
sempre en galiza
nom poderan cos galegos e con o galego
isto xa e censura o foro da crtvg esta pechado censura e mais censura
e logo van de democratas
sempre en galiza
nom poderan cos galegos e co galego
isto é unha verdadeira desgraza... que delito cometeu Xurxo? botar temas en galego? vaia por Dios, Xurxo eres o máis jrande... queremos un "ABERTO POR REFORMAS" nunha emisora privada XAAAAAAAAAAAAA
Son xota de RETOBATO.
Víase vir, demasiada liberdade, o noso grupo (RETOBATO) acudiu hai un ano a unha entrevista, un trato estupendo, as nosas cancións soaron no seu programa, non podo máis que agradecerllo para sempre a Xurxo Souto, GRAZAS COMPAÑEIRO e ata pronto.
Pero, non podemos quedarnos así, HAI QUE FACER ALGO, unha roda de concertos reinvidicativos por todo o país, ou un festival diante da Radio Galega, NON NOS PODEMOS QUEDAR PARADOS...
Nós estamos para o que faga falta (xoserd@terra.es).
Eu vou mandar correos ó novo programa,e voulles quenta-las orellas,tódolos dias¡
Resulta curiosa a maneira que teñen os do PP de levar unha empresa. Xurxo Souto co seu programa atraeu a radioíntes entre a xente máis nova para a Radio Galega. É dicir aseguroulle a súa continuidade como medio de comunicación (sen esquecer a súa función de dinamizadora da cultura galega) e agora porán a un amigo para louvar as excelencias das súas eminencias pepeiras. É dicir a fuxir outra vez da Radio Galega para non desinformarnos. Así é como se levanta e arruína unha empresa, unha empresa que non está para gañar cartos senón para servir de plataforma e altofalante da cultura galega.
E a prensa escrita canalla calada.
Escoitava-o sempre que podia. Os censores ficaram co cu ao ar: pois o programa prendeu e nom o vam afogar coas suas mangueirinhas... O sucedâneo só porá em evidência a diferença.
de acordo con Xora Retobato.
O forno está quente e non podemos deixar que a perda dos medios PÚBLICOS acade o obxectivo pepeiro de silenciar a realidade musical galega.
Aquí estamos tamén: radio@abretedeorellas.com
Hai que apoiar a moito periodista que vaino pasar realmente mal. O PP vai a aplicar a súa política de "diálogo" tamén nos medios de comlunicación consistente en que fas o que dicimos ou por pouco dialogante haste lembrar...
muita forza a xurxo souto, fixo un grande traballo, que debera de continuar sexa onde sexa
Eu seguirei rapeando en galego, seguirei facendo música en galego, tocandoa pandeireeta. O que non vou deixar é que estes fascistas españolistas antigalegos renegados me toquen o carallo (ás dúas mans!). Non llo vou consentir. Eu estou en guerra contra o goberno de Núñez Feijóo e ESTOU EN GUERRA CONTRA OS QUE VOTARON AO PP!!! Lume e cultura en galego
!!!
So falta que quiten da programación Lume na Palleira e poñan outra cousa. Merda de españois
O meu recoñecemento para o labor de Xurxo, non só no seu programa, senón como xefe de programación da Radio Galega. Todo un exemplo de que se poden cambiar moitas cousas se hai vontade e ideas, incluso as empresas máis esclerotizadas!
Tamén outro exemplo entre a diferenza entre escoller entre o malo e o peor (comentario contra a "repunancia").
Um dos melhores programas na história da crtvg, pilotado por um verdadeiro herói da nossa cultura. Estamos contigo, Xurxo.
Boicote à nova crtvg!
Audiência > Dinheiro > Aí lhes dói!
Isto é unha vergoña para a música galega, estannos a quitar o noso dereito de mostrar a nosa música, onde imos saír senón? Na Cope? Na Ser? Era o espazo para darnos a coñecer e chegan estes fascitas a suprimilo, pero non se pode calar a música, e seguiremos adiante, e volveremos soar.... Grazas por todo Xurxo!
Expresemos todos o noso desconformismo mandando mensaxes a moreas á direción da CRTVG: dir.rg@crtvg.es
Isto non é cuestión de idearios nin nacionalismos, están a quitarnos a nosa música, un dos bens máis prezados da nosa cultura
As semanas de tarde nunha cadea de montaxe fanse moi duras, pero a hora na que estabamos a escoitar o programa pasabámola moi ben... descubrindo grupos novos e escoitando a aqueles que foron e son historia viva da música galega, ademáis, por suposto, da vivacidade que lle daba ao programa Xurxo!!! E agora para un puto programa que hai de música galega quítano e poñen máis do mesmo, e aínda teñen a desfachatez de conservarlle o nome. Non podedes imaxinar coa faciana que quedamos cando comezou a soar Bruce...
En fin, ánimo aos artistas do nosa nación porque teñen moito talento!!!!
ánimo a todos e a loitar con máis forza se cabe.
como somos civilizados e temos razóns para queixármonos, eu xa remitín a miña carta á Radio Galega. Anímovos a facer o mesmo.
Estimada dirección da Radio Galega:
O fin desta comunicación é o de expresar o meu total desacordo co cambio acontecido no programa “Aberto por reformas”.
Desde hai xa case dez anos, adico boa parte do meu tempo de lecer a observar, comentar e divulgar a escena musical que ten lugar en Galicia, tanto de artistas do país como foráneos.
Na miña modesta opinión, e independentemente do estilo do seu creador e até hai pouco condutor, Xurxo Souto, a valía dese programa era incuestionable e necesaria: o labor de promoción e apoio á moi emerxente e estilisticamente variada produción musical en galego.
Espero se rectifique nesta decisión e a Radio Galega, como espazo público que é, poña empeño en cumprir cunha das súas obrigas para coa cultura do noso país.
Atentamente,
Pepe Cunha
Responsable de Ábrete de orellas.com
Atila goberna???? Galiza.
Na miña opinión Aberto por reformas é un dos programas que pasará a historia da radio en Galiza. Era xenial. Que teñan a pouca vergoña de quitalo ou usurpalo. Pero non nos equivoquemos, o presentador, o xornalista novo podía poñer a mesma música e por riba, consigna política, non. Con estos xornalistas, malamente se pode facer país. Unha mágoa.
Toda a admiración e todo o ánimo para Xurxo Souto.
A ver quen queda na RTVG despois da acción destas manipuladoras e censoras. Que vai ser o próximo?
Oxalá estea enganado,mais sorprenderíame que Belén Regueira continúe moito máis tempo na RTVG.
Moitos ánimos, Xurxo!
Hai que buscar outras formas de seguir a dar tralla!
Por que botaron a Xurxo? Por quereren defender e apoiar aos grupos de base que fan música na nosa lingua. Da noxo esta censura, voltamos ás andadas.
Moito ánimo para Xurxo, e a seguir loitando polo noso idioma, pola cultura e pola terra, como tan ben o fixeches durante estes anos. Isto non partiu de todo! Saúde e arroutada por sempre!
Escoitei o "pechado por reformas" o venres 5: patético!
sempre en galiza
nom poderan cos galegos nin o galego
Pois este fin de semana a programacion era como o veu sendo ata agora, presentabao vituco.¿ Conservarán a edicion xenuina na fin de semana?
A min o que me pareceu peor foi o locutor que puxeron, penso que me fai mais dano iso que que quitasen o aberto por reformas, un pepero convencido...
'Morriña', de La Pegatina, hai unhas semanas no estudio de 'Aberto por Reformas'
'Movimento Perpétuo Associativo', de Deolinda, soou tamén no derradeiro programa de Xurxo Souto