Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premios literarios

Rosa Aneiros gaña, dunha vez, o Xerais e o premio da Fundación Caixa Galicia

É a primeira vez que os dous premios recaen nunha mesma autora, con dous textos diferentes. O premio ao mellor título infantil foi para Jacobo Fernández Serrano.

Redacción - 09:30 07/06/2009
Jacobo Fernández Serrano e Rosa Aneiros

Jacobo Fernández Serrano e Rosa Aneiros

Dende que o Premio Xerais ten diferentes categorías, nunca antes aconteceu que un só autor ou autora gañase á vez en dúas delas, ou nas tres. Porén, esta sábado rompeuse esta xeira, ao gañar a escritora e xornalista Rosa Aneiros o premio Xerais á mellor novela, con Sol de Inverno; e o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, que acadou con Ás de bolboreta.

O terceiro premio da tarde, o Premio Merlín de literatura infantil, foi para Jacobo Fernández Serrano, por Mil cousas poden pasar. Fernández Serrano, ademais de escritor, é ilustrador e debuxante de banda deseñada.

Antes de daren a coñecer os nomes dos gañadores de cada un dos galardóns, o escritor Agustín Fernández Paz, que encetou a cerimonia na Illa de San Simón; e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, falaron das complicada situación na que se atopa a produción cultural galega, sobre todo a literaria e editorial, e máis aínda a feita en galego, cando a circunstancias desta lingua na sociedade e mesmo na educación -no ensino- están a mudar.

A cerimonia puido seguirse en directo dende Blogaliza.tv.


4.29/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: