ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MORALES, O BRIGADIER DE CACABELOS

Unhas Letras galegas dende o Bierzo

Varios colectivos e asociacións propoñen que se dedique o vindeiro 17 de maio a Antonio Fernández Morales.

Redacción - 12:30 08/06/2009

En 1861, dous anos antes de que Rosalía dese a coñecer Cantares Gallegos, no Bierzo Antonio Fernández Morales, un militar liberal criado en Cacabelos publicaba Ensaios poéticos en dialecto berciano, un libro que contén máis de seis mil versos en galego, e que supón un dos piares do noso rexurdimento literario no século XIX. Non é excesivamente coñecido en Galiza, pero dende distintos colectivos, principalmente dende o Bierzo, reivindícase a súa figura e solicítase que a Academia lle dedique o Día das Letras en 2010.

Dende a Asociación Xarmenta, dise que a concesión das Letras Galegas a Fernández Morales serviría "para descubrirlle á Galiza lingüística e cultural unha parte descoñecida de si mesma, para valorar e recoñecer xustamente un enorme poeta (á altura das nosas tres coroas poéticas do Rexurdimento) e para reforzar a autoestima e a identidade dobremente negada dos bercianos que queremos seguir sentíndonos orgullosos da nosa lingua, a galega".

Outro dos seus grandes valedores é Anxo Angueira, que afirmou que "só a inicial escasa difusión en Galicia, debida sen dúbida ó 'exilio' cultural e político en que viu luz, e a pésima interpretación que dela se fixo (...) privaron esta obra de ser considerada un dos grandes alicerces do sistema literario galego. Negándolle isto negóuselle tamén todo o poder simbólico que a obra tiña, e claramente aínda ten, contra a partición do territorio lingüístico e cultural galego que padecen, máis duramente, as franxas estremeiras".

En anos anteriores a candidatura de Antonio Morales foi apoiada por distintas institucións, colectivos, situados os máis deles fóra da Galiza administrativa: Concello de Cacabelos, Instituto de Estudos Bercianos, Consello Comarcal do Bierzo, Xarmenta. Asociación Berciana da Lingua, A.C. Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo, Seminario de Galego da EOI de Ponferrada, A.C. Vagalume de Carracedelo, Asociación Abertal del Eo-Navia, A.C. Santirso del Eo, Asociación Xente Nova das Portelas, ou a Asociación Fala i Cultura do Val do Ellas. O sábado 27 de xuño celebrarase o VIII Banquete de Cacabelos, dedicado a Morales, precedido dun acto poético-musical ao pé da súa tumba.

Militar e político liberal
A súa actividade política e militar no convulso século XIX foi moi intensa. En 1868 participou moi activamente na "Gloriosa", a revolución que que provocou a caída de Isabel II; por accións en combate foi ascendido a Coronel e nos anos seguintes foi nomeado gobernador militar de varias provincias. En 1872 foi elixido deputado por Vilafranca do Bierzo nas filas do Partido Radical. En toda a súa traxectoria, até a súa morte en 1896, mantivo sempre unha militancia liberal e antiabsolutista, defendendo dende os distintos cargos que ocupou a razón, o progreso, as ciencias e a industrialización, principalmente no Bierzo.

Anxo Angueira sitúao canda aos grandes poetas do noso rexurdimento: "se vivise en Galicia estaría sen dúbida co levantamento provincialista de 1846. O noso poeta, pois, seguiu os mesmos pasos políticos cós precursores da súa xeración e os grandes mestres do Rexurdimento (Pondal, Rosalía e Curros) á beira dos cales, desde o noso punto de vista, cómpre situalo".

Ensaios poéticos en dialecto berciano, unha obra magna
En 1860 publicou na revista leonesa El Esla o seu primeiro poema en galego: O fiandón d'a aldea, un ano antes de editar a súa única obra Ensaios poéticos en dialecto berciano. Este libro, que se adiantou dous anos ao Cantares Gallegos de Rosalía, contén 6000 versos en galego distribuídos en 17 poemas de desigual extensión. Alterna a poesía paisaxística, costumista, relixiosa, satírica, crítica e ideolóxica, e tamén a métrica popular coa versificación culta. En palabras de Angueira: "Fernández Morales é un poeta maiormente narrativo, un poeta de fiandón, contador de longas historias, pintor de exuberantes cadros populares sabiamente enleados, que co seu humor, non exento de ironía e choscadelas críticas".

Sobre a lingua empregada por Morales nesta obra, Rosario Álvarez salienta que se trata dun "espléndido retrato do galego berciano da súa época, moi semellante polo demais ó que aínda hoxe se fala no mesmo territorio". A catedrática destaca así mesmo o "compromiso firme" de morales "de ser fiel á lingua espontánea da comarca, o que o leva a non falsea-la realidade á procura do que ‘deberá ser'. Con certeza non se lle oculta que certas formas son castelanismos, mais non por iso deixa de usalas".

'A meu bon amigo D. Mariano Cubí y Soler'
Deixa q'o cego fanatismo dando
Eses berridos contra a ciencia chegue
D'a gran frenología, é que botando
D'a boca espuma á seu furor se entregue.
Apóstol d' a verdá! Déixa q' o bando
D'o escurantismo sua existencia negue,
Q'os que para ver y oír, ollos y orellas
Teñan, tua ciencia admirarán á fellas.

E mais que diga a torpe hipocresía
Q'as tuas doctrinas, noble pelegrín,
Estenden entre os homes a herejía,
Non teñas pena, sigue ese camín
Q' aló dereito á eternidá te guía.
A frente érgue d'o espacio hasta o confín
É con lástima mira os envidiosos
Q'os talois d'os teus péis morden rabiosos.

'A Vilafranca':
Piramidáis medéiros d'herba é palla
D'os campeliños é d'o campo todo
Un pueblo novo fáin ‘n a sega é malla,
D'un muy vistoso campamento a modo.
O mesmo a moza ailí ‘n a mies traballa
Q'o robusto rapaz; é decir podo
Q'as mozas báixan y erguen os séus mallos
O mesmo que si foran de bangallos.

Regan o campo as presas d'os muhiños
E baña a villa un río que, por téito,
Guirnaldas ten d' huméiros, sangubiños,
Agavanzos, salguéiros y algún fiéito.
Resvala seus cachóis cristaliños
D' arenas d' oro por un blando léito
Onde nadan os péixes, corren múitas
Anguías é brincan fora d'a agua as trúitas.

Entre as debesas, en q'as eguas corros,
Pra defenderse, fáin, d'as dentelladas
D'os múitos lobos, y onde van d'os zorros
Fuxindo as pobres lebres apuradas,
Xíbrian os estorniños é cochorros;
Rulan as rolas, q' andan en bandadas,
Gorxéa o pardillo á par d' os reiseñores
Y as barburetas dan bicos ‘n as flóres.

Frondosas véigas, hortos é cortiñas
Arrodeados de beiróis espesos;
Xardiños é ribéiras é campiñas
É soutos por serpentes d' agua presos;
Arboledas, pradéiras, holgas viñas...


4,6/5 (20 votos)


Comentarios (29)

onofresabate #1 8/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

¡Estes bercianos son uns fenómenos! Non me estraña, comen botelos coma se fosen pipas. Nunca vin tal.


Saúde e botelos

Xarope #2 8/Xuño/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"Bierzo" ???

Em que "idioma" é isso?? Porque em galego é impossível ..

MCXOSE #3 8/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Será de berza, o macho, berzo... se é que existe ou existíu; pero Bierzo dame a Min que é castelán, e non galego... ¬¬ Terían que facer un Berzo, e logo poderiamos falar co pai da rapaza. Como os fachas da Coruña co noso topónimo, pois eles podían escomezar por Bierzo/Berzo.

MCXOSE #4 8/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ademais na bandeira pon El Bierzo ¬¬! Así non se pode veciños. Como mínimo O Bierzo. O o, porque máis problemas cos artigos, xa nos chega co que hai na Coru.

AGIL #5 8/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Berzo < Bergidum. Que nada tem a ver com "verça" (ou berça) < *viridia.
A picaresca castelhana considera que O Berzo (El Bierzo) faz parte da Galiza. Assim no início de "La niña de los embustes, Teresa de Manzanares" (1632), de Alonso de CASTILLO SOLORZANO. A mãe da Teresa era de Cacabelos, no Berzo, Galiza.

AGIL #6 8/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E não será melhor dedicar o DIA DAS LETRAS GALEGAS ao Prof. Carvalho Calero, de quem se comemora em 2010 o centenário do seu nascimento?

Sr_J #7 8/Xuño/2009 Sr_J
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Temos superávit de candidatos: Carvalho Calero, Novoneyra, Morales... até o 2012 estamos-che bem servidos! :-)

A ver se não rifamos muito por quem vai primeiro, ainda que eu concordo com AGIL: sendo no 2010 o centenário do nascemento de Carvalho Calero, é uma ocasião inmelhorável para que seja el o eligido. Ademais, no seu caso já fora reivindicado para o 2009, assi que, por orde...

#2,3,4: Mesmo os de Fala Ceive empregam "Bierzo" como topónimo. Não nos vaiamos enlear com caralhadinhas... o que prefira "Berzo" que o escreva assi, mas sem atacar ao que usa "Bierzo", que são o 99% dos bercianos. E para uns "irredentos" que se achegam ao galeguismo, só faltaria que os acossássemos com detalhinhos. Digo eu, vaia.

alpabarda #8 8/Xuño/2009 alpabarda
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se o primeiro que se nos ocorre e acusalos de non poñer Berzo, entón ao final no tema do idioma imos quedar tres. Perfectamente purísimos, máis perfectamente inútiles.

onofresabate #9 8/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Epa Sr_J, muito obrigado polo pequeno consello aos que propoñen Berzo. Pero non teña esperanzas, eles non van falar de Fernández y Morales, non, eles ao seu, a ese discursiño repetitivo e teimudo. Sempre atoparán un buraquiño por onde colarse, e se poden levarnos a todos, para o seu rego. Non, non lles importa que no Bierzo convivan Ferradelo, Ferradiello e Ferradillo. Non lles importa que sexa unha zona fronteiriza, nin que o 100% (aí discordo, Sr_J, de 99 % nada). As cousas para eles suceden segundo o seu catecismo. Non cren nas irregularidades, nin nas analoxías, nin nas deturpacións, nin nas excepcións. ¡Que lle imos facer! Sempre que aquí se falou dalgo do Bierzo, aparece alguén a dar a brasa co Berzo. Xa podes falar da Ponferradina, do chancro do castañeiro, do botelo (o 27 cae máis dun), das festas da Encina, de Tito e Tita, de Amancio Prada, podes falar da virxentasísima que a eles só lles vai o Berzo. E ti espera a xa verás onde acaban. ¿A que o sabemos todos?

Atlantico #10 8/Xuño/2009 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Con Fernandez Morales e con Martin Sarmiento xa temos dous bercianos importantes na literatura galega, ogallá se lle adique o día das letras galegas a él.

AGIL #11 8/Xuño/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pelo que diz onofresabate em (#9) parece que não lê mais do que o que lhe interessa. Eu, AGIL, em (#5) escrevera literalmente:

«Berzo < Bergidum. Que nada tem a ver com "verça" (ou berça) < *viridia.
»A picaresca castelhana considera que O Berzo (El Bierzo) faz parte da Galiza. Assim no início de "La niña de los embustes, Teresa de Manzanares" (1632), de Alonso de CASTILLO SOLORZANO. A mãe da Teresa era de Cacabelos, no Berzo, Galiza.»

Leu que eu escrevi O Berzo (que nã o berço ou berce) e mais EL BIERZO?

Sei (e penso que todos sabemos) a situação quase agónica em que as falas galegas se acham tanto nas Terras fronteiriças com Castilla y León, quanto com Astúries. E não podemos exigir nada que não quiserem ou puderem fazer.

Mas outra cousa e lembrar donde procede a palavra, as palavras que acima (a meu ver) se misturavam.

Zurriellu #12 9/Xuño/2009 Zurriellu
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Bierzu, na outra lingua da rexón , o asturleonés tem o sinificado de berce ou cuna, berço em portugués. Quizá o nome sexa devio a forma de cunca qe tem dita rexón natural á que tamén é conhecida como "Hoya de El Bierzo". A outra ourigem posível é o nome do castro fundacional de Cacabelos, mas creio que é um erro pensar isto pos tamem as formas antigas bercidu, bericiu nom som abondo estramadas a as actuais berciu y briezu, tamién coo sinificado de cuna nas falas laregas asturleonesas das bisbarras de Ribas de Sil, Laciana, Espinareda,parte de Fornela, Boeza, Cabreira ia Valdueza.
Segundo geógrafos do século dezasete en dita área nom se falaba castelam de geito habitual, ia hoije em día é possibel escuitar falar o asturleonés na sierra de Gistreo ia nas aldeias dos municipios de Toreno, Igüeña, Páramo de Sil, Fabero, Palacios de Sil, Caboalles... como o canónigo Bernardo de Aldrete (s. XVII), “los mas políticos hablan bien el castellano pero los no tanto i mugeres el leonés que tira al gallego; verdad es que la vecindad i los muchos que passan de Galicia son causa desto”. Anque eu considero qu´o galego e autóctono do occidente, chegando ata o cúa nas terras chás coma em Cacabelos.
Pra máis informaçóm consultade o DGLA("Dicionário Geral da língoa asturiana") ia o Alla(Academia la llingua asturiana).

onofresabate #13 9/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#11 Imos ver, señor AGIL, claro que lin o que vostede escribiu. Pero repítollo:
¿Non poden deixar de incordiar co monotema?
¿Pode vostede entender que nós dicimos "saír" pero tamén "mulín"? ¿Non ve que O Bierzo é terra de fronteira? ¿Como deberían chamarse, segundo vostede, As Médulas? ¿Coñece A Medua de Valdeorras? ¿Sabe que n'As Médulas falamos galego?
¿Que opina de Fernández y Morales?

SAÚDE

Cuevillas #14 9/Xuño/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A Academia da Llingua Asturiana, señor Zurriellu, primeiro que recoñeza o galego do occidente asturiano. E segundo moitas cousas que dis do Bierzo son mentira (outras non tanto). Deixemos de discutir se é O Bierzo, El Bierzo, ou como sexa. o que hai que facer e recuperar para nós as terras do Marechal Pardo de Cela, e poñer para festexar bombas de palenque na porta da Xunta de Castela e León no bairro de Argais en Valedolide.

Hispanico #15 9/Xuño/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

onofresabate, ti nom és galego, assim que cala a boca. Ti e os "berzianos" sodes da CA de Castilla-León. O facto dos vossos falares serem semelhantes aos galegos nom quer dizer que sejades galegos. Nom venhas dar leições de galego aos galegos, CASTELAM. Som os castelãs coma ti que trouxestes todos esses castelanismos, a começar polo nome do pís em espanhol, Galicia. Se tanto gostas do galenhol fica lá com ele e nom nos tragas ainda mais merda castelã.

COMO GALEGO NOM VOU CONSENTIR QUE UM CASTELAM, SIM, CASTELAM QUE TI ES, ESTEJA A ESBARDALHAR EM GALENHOL E A CRER-SE GALEGO COMA MIM.

Já nos valeu c'o mentecato asturiano esse que estava detrás do galenhol como pra precissar agora dum CASTELAM.

CALA A BOCA E VAI PRA LEOM!

onofresabate #16 9/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

#15 Ondiá, Hispánico, ¡que capacidade de insultar! A min os cascarrabias sempre me fixeron gracia. ¡E ademais mesmo es quen de inventar un país, Castilla-León! Pero o mellor é iso de "nome do pís em espanhol". ¿A que carallo te referirás? Oe, e esa espresión "GALEGO COMA MIM", fai que me lembre daquela "galego coma ti", ¿lémbralo ti? ¡Ui ui ese inconsciente!
Veña Hispánico, reláxate un pouquiño, e le a Fernández y Morales, que pode que che veña ben.
Antes de rematar, unha preguntiña, ¿deben chamarse As Médulas ou As Meduas?

SAÚDE

Hispanico #17 9/Xuño/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#16
Importa-che-me três pementos como se chame a tua regiom espanhola ou a bisbarra que queiras. Ti loita polo teu país e nom polo dos outros. O Fdz esse que apontas soa muito leonês, nom penso lê-lo.
Dou-che um conselho: loita polo teu país, para fazer um Bierzo libre ou llibre ou como caralho se diga na vossa gíria, e teredes todas as simpatias dos galegos. Mas nom pretendas ser o que nom és: TI ES CASTELHANO-LEONÊS.

Saúde, e liberdade para o vosso "Bierzo" (mas a distáncia de nós, que já temos problemas davondo).

onofresabate #18 9/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hispánico, aínda que non queiras eu tamén son galego. A túa vontade neste ámbito, e menos mal, non ten efecto ningún. Eu son galego porque hai outra moita xente que me deixa, e así o quere. Recibín as túas ordes, pero non as obedezo. Eu tamén son galego, desobedecéndote. "O Fdz esse que apontas soa muito leonês, nom penso lê-lo". Moi ben, ¡que lle imos facer!
E agora vou tama-la pastilla, que me toca.

onofresabate #19 9/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Hispánico, ¿de onde sacaches iso de Castilla-León? ¿Onde raios está ese sitio? ¿No teu mundo? ¿E onde é? ¿Á beira de Galicia-Asturias? ¿Ou de Portugal-Marrocos?
¡Non, se hai que oír cada cousa!
O que dicía, vou toma-la pastilla, e oir a COPE pa esmendrellarme un pouco.

Hispanico #20 9/Xuño/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro, vai tomar a pastilha, que falta che fai, nom sabendo nem reconhecendo a tua IDENTIDADE VERDADEIRA, QUE NOM É GALEGA, senom LEONESSA.
Vai esbardalhar para o "Bierzo" e a CA de "Castilla y león"!
Ti és "tan gallego como el gazpacho"!

papeiro #21 9/Xuño/2009 papeiro
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pobre Hispanico, xunto con Cuevillas, ides dous séculos atrasados e o tren só pasa unha vez por esta estación... E tamén algúns máis. No lugar aproveitar para rachar fronteiras artificiais para a nosa cultura -do mesmo xeito que facemos coa lusofonía-, usar unha causa xusta e novidosa para a defensa do galego onde máis o precisa, entender que estamos nun espazo fronteira xa no interior da propia Comunidade Autónoma -emprego a denominación oficial por ser este ridículo marco imposto-, e apoiar aos que nos abran as portas..., preferimos xogar coa toponimia e co homenaxeado do ano. Outros pensamos que sexa Carvalho Calero, Morales ou un terceiro é secundario, pois os dous teñen moito que aportar, se queremos e sabemos...

Hispanico #22 9/Xuño/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E escrevendo à espanhola que queres romper as fronteiras e abrir as portas à Lusofonia?!!?
"Che tal se escrebemos a italiana? Hannos abrir meggior as portas?!?!
Viva Il Bierzo! Viva la Galizia!"

Para formar parte da Lusofonia, caro papeiro, compre primeiro ser lusófono. Se falarmos em galenhol e abrirmos as portas da Galiza aos galenholes berzianos nunca seremos admitidos na nossa comunidade legítima, a Lusofonia. Nós nom somos nem castelãs nem leonesses!

Saúde

Atlantico #23 10/Xuño/2009 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Por se hai algún inocente que ainda non se decatou, Hispanico é un troll, e Cuevillas outro.

Os galegos normais apreciamos o Bierzo falen o que falen.

onofresabate #24 10/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Muito obrigado, Atantico. Pero non te preocupes, só eles non se decatan. Os demais ate nos rimos.

galeguzo #25 10/Xuño/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Se o gentílico é "berciano", obviamente não pode o topónimo ser "Bierzo". É impossível.

onofresabate #26 10/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

É boa esa de que os "Ensayos en dialecto berciano" se publicou dous anos antes que "Cantares Gallegos".

#25 Galeguzo, estás feito un galiciano, obviamente. E non é impossível.

onofresabate #27 10/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#25 Galeguzo, tamén pode ser "galizano", ou "galizo". É un supoñer.

onofresabate #28 10/Xuño/2009 onofresabate
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¡Ostiá, vexo que Fernández y Morales ten 28 intervencións e Carvalho Calero 26! Moi ben, fernández. de momento gañas. Haille que pasar estes datos á RAG.

Zurriellu #29 18/Xuño/2009 Zurriellu
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Tanto falucar com Castela y Leom, ia nin sequera sabedes que Leom tem úa cultura muito máis cercáa á galega. Dita comunidade formouse sin o consentimento dos leoneses; ia penso que en canto o PP perda a maoría absoluta Castela-Leom -ou como caralho lhe querades chamar- partiráse nas dúas rexois qu´o compón, úa de cultura ocidental (A leonesa) y outra que será a velha Castela ia que pouco tem que ver sociocultural ia económicamente com Leom

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: