Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Ilustración infantil

Xan López Domínguez, candidato aos premios Hans Christian Andersen

O certame bienal convocado polo IBBY recoñece os mellores autor e ilustrador de literatura infantil do mundo.

Redacción - 18:15 15/06/2009

O ilustrador galego Xan López Domínguez (Lugo, 1957) é candidato aos premios Hans Christian Andersen 2010, que premian os mellores traballos no eido da literatura infantil. O certame, convocado cada dous anos polo IBBY (International Board on Books for Young People), recoñece o labor dun autor e dun ilustrador pola súa achega á literatura para a infancia.

As seccións do IBBY en 33 estados fixeron cadansúa selección, da que saíron, por parte do Estado Español, López Domínguez na parte da ilustración e o catalán Jordi Sierra i Fabra na do texto.

Un xurado internacional, presidido pola iraniana Zohreh Ghaeni, reunirase en marzo de 2010 para seleccionar as persoas premiadas, que se darán a coñecer o 22 dese mes, durante a Feira do Libro Infantil de Boloña. Os premios entregaranse en Compostela, o 11 de setembro de 2010, no decurso do 32º Congreso do IBBY.

López Domínguez foi o primeiro ilustrador galego en formar parte do catálogo de ilustradores da feira boloñesa, no ano 1990. Xunto ao Miguelanxo Prado, fundou en 1979 o grupo Xofre.


4.22/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



López Domínguez foi o autor do cartel da Feira do Libro da Coruña de 2005
López Domínguez foi o autor do cartel da Feira do Libro da Coruña de 2005