Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Máis social e máis multimedia

Chega o A Polo Ghit 2.0

A web do certame da canción galega do verán introduce unha radio en liña, máis imaxes e vídeos e a posibilidade de compartir e difundir en redes sociais.

Redacción - 13:30 18/06/2009

A web de A Polo Ghit renóvase e, a partir deste xoves, inclúe novos servizos, tanto para as formacións que participan como para a audiencia. Este A Polo Ghit 2.0 fai unha aposta máis decidida por aproveitar a capacidade multimedia da web e as posibilidades das redes sociais.

Por un lado, agora os grupos poderán comunicarlle ao seu público as súas últimas novidades, concertos, ou o que desexen a través dun servizo de microblog que poderán actualizar eles mesmos, a través dun usuario especial para cada candidatura. Tamén se amplía a posibilidade de incluír máis imaxes e vídeos dentro de cada canción candidata.

Pola súa banda, os internautas poderán manifestar publicamente a súa admiración por un grupo determinado facéndose "fans", algo que cada usuario só poderá facer unha vez e que servirá de termómetro oficioso da popularidade da cada canción, ademais dos votos. Tamén se poderán compartir os temas favoritos a través de redes sociais (coa opción Compartir) ou por correo electrónico, para difundilos e conseguir que sexan máis votados.

Pero a novidade máis visíbel é a posta en marcha da Radio A Polo Ghit, un servizo en liña que permitirá escoitar, consecutivamente, todas as cancións que concorren ao concurso nunha soa fiestra.

Deste xeito, colle máis pulo este concurso, que non sería nada sen a participación dos grupos musicais do país e dos internautas. Depende de vós decidir cal será a canción galega do verán 2009!


4.88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: