Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con máis de 121 mil entradas

O e-Estraviz medra, mudando o seu contido e a súa web

Esta nova versión, como a anterior, é de libre aceso e vai dirixida a todas as persoas que traballen coa lingua, independentemente da súa preferencia normativa.

Redacción - 10:45 25/06/2009
Detalle da nova web do e-Estraviz

Detalle da nova web do e-Estraviz

Acaba de estrearse a nova versión do dicionario en liña e-Estraviz, que, como a anterior é de libre acceso e vai dirixida a todas as persoas que traballen coa lingua, independentemente da súa preferencia normativa (ILG-RAG ou AGAL).

O novo e-Estraviz ofrece as diferentes definicións, fraseoloxía, sinónimos, antónimos, variantes, nomes científicos e etimoloxía, alén de outros servizos. Arestora, o banco de datos deste dicionario ten máis de 30 mil novas entradas, chegando o total ás 121.505, un número que pode aínda medrar, alén de polo traballo lexicográfico coordinado polo profesor Isaac Alonso Estraviz, polas contribucións de todos e todas as visitantes da web.

Entre as novidades destacábeis están tamén as novas ferramentas dispoñibilizadas, como os botóns para os navegadores, o Plug-in OpenSearch e a caixa de pesquisa dinámica compatíbel con case calquera web. Igualmente, a pesquisa no novo e-Estraviz é moito mais fácil e completa, xa que incorpora suxestións automáticas, recoñece plurais, femininos, como tamén permite a procura coa ortografía ILG-RAG, alén do padrón portugués, mesmo con algunha das novidades do Acordo Ortográfico.

Finalmente, coa nova versión do dicionario tamén foi lanzado o novo dominio, http://www.estraviz.org, co suporte económico e técnico da asociación AGAL.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: