ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UNANIMIDADE

A Torre de Hércules xa é Patrimonio da Humanidade

Logo dunha longa espera, a Unesco decidiu conceder esta distinción ao faro coruñés, o único de orixe romana que se mantén activo.

Redacción - 18:35 27/06/2009
A decisión foi tomada por unanimidade de todos os países participantes

A decisión foi tomada por unanimidade de todos os países participantes

A espera foi longa e os nervios foron constantes entre a delegación galega que en Sevilla agardou pola decisión da Unesco. Mais, finalmente, o Comité de Patrimonio Mundial da organización internacional declarou á Torre de Hércules como monumento Patrimonio da Humanidade. A decisión non tivo discusión, xa que foi refrendada pola unanimidade de todos os países participantes, que cualificaron o faro coruñés de "obra excepcional".

Única candidatura de todo o Estado Español, o faro da Coruña converteuse no terceiro monumento galego en facerse acredor desta distinción, logo do casco histórico de Santiago de Compostela e da muralla romana de Lugo.


5/5 (12 votos)

Comentarios (22)

Atlantico #1 27/Xuño/2009 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O faro que constriu Breogan. Os romanos que lle den polo cú.

Manuelaldao #2 27/Xuño/2009 Manuelaldao
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O cuarto monumento galego senlleiro que recibe o galardón.

Criselda #3 27/Xuño/2009 Criselda
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

E mentres tanto, Paco Vázquez no Vaticano!

carxeva #4 27/Xuño/2009 carxeva
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Parabéns aos coruñeses, aos galegos e ao noso patrimonio. Abel Caballero que che dean por ser tan curto!!! Galiza somos todos.

Barcelos #5 27/Xuño/2009 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Parabens para todos nos.

A foto que acompaña ao meu nome xa o di todo. Sempre foi o noso patrimonio, e agora toca coidalo máis e que veñan os seguintes: A ponte romana de Ourense, Os Ancares, as Illas Cíes, A Costa da Morte, A Ribeira Sacra...

cabodomundo #6 27/Xuño/2009 cabodomundo
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



volvebreogan #7 27/Xuño/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Parabéns para A Coruña e máis para toda a Galiza, este nomeamento ten que ser igual de importante para todos nós!

aconjuradosnescios #8 27/Xuño/2009 aconjuradosnescios
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O localismo de Caballero é apenas uma incapacidade para a boa vizinhança.
http://aconjuradosnescios.blog...

acarondosil #9 28/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu alégrome moito. Pero tamén me gustaría que esa fermosa cidade considerase patrimonio, non da Humanidade, senón SEU ese outro monumento que Castelao consideraba que era máis importante có Pórtico da Gloria: a lingua galega.

ANGR #10 28/Xuño/2009 ANGR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

acarondosil, #9: Não esqueças que as Irmandades da Fala nasceram na Crunha, como o bravú e como tantas outras cousas bonitas e importantes para a nossa cultura.

Que o discurso espaÑolista de A Crunha=La Coru=Cidade de senhoritos/"pijos" não vos empeçonhe porque, simplesmente, é mentira. Uma outra mentira mais do inimigo para nos dividir.

Assina um corunhês "de toda a vida".

Inxel #11 28/Xuño/2009 Inxel
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Noraboa a todos os coruñeses. Suliño o que di ANGR. Eu non son coruñés, mais A Coruña está no meu corazón como calquer outro anaquiño de Galiza. Hoxe, exulto.

gz_livre #12 28/Xuño/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os meus parabéns a toda a Galiza e à Corunha particularmente.Eu fago minhas também as palavras de ANGR, como galego que som, de Vigo.Essas pelejas entre nós...nom som boas.As rivalidades molam para o futebol, mas aí devem ficar.

volvebreogan #13 28/Xuño/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

os da coz de galicia son uns impresentábeis, ide a páxina web en versión galego e en todo momento teñen posto La torre de hercules e logo segue en galego...jaja

está xente non pode ser máis galegófoba..

roixordo #14 28/Xuño/2009 roixordo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Anaquiño a aniquiño están a facer xustiza, xa que toda Galiza debería ser patrimonio da humanidade.
Ogallá os galegos respetásemos e valorásemos máis o noso.

gz_livre #15 28/Xuño/2009 gz_livre
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E digo eu, por que nom começar a dar passos neste senso também para o parque das Ilhas Atlánticas?Bem o merecem nom? :)

camalono #16 28/Xuño/2009 camalono
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Parabens. E a ver se arestora faise algo por dar a coñecer a importancia dun facho que a metafísica ontolóxica do mito-ritualismo cosmo-teo-antropógónico breoganiano situa como axis mundi, eixo do mundo, que sostén o ceo o mesmo que conecta inferno, terra e ceo equilibrando o mundo. Este facho, levantado polos romanos onde xa dende o paleolítico debeu existir unha estructura megalítica que abeiraba un lume sacro, o mesmo lume que inda segue aceso no templo do fogo en Irlanda e que coidan as fillas de Brigith, Brigantia cristianizada; este facho, dicía, garda estreitos vencellos ca mesma torre de Balar na que fecha á sua filla Ethne, ca do grego Acrisio na que e fechada Danae, cas de tantos mitos e contos nos que gardan deusas e princesas para recoller un mito case tan antigo coma a humanidade e que, xa cristianizado, perdura a xeito de sagrario con forma de torre onde se gardan nas igrexas as hostias e o cáliz.

Esta torre é a imaxe do eixo do mundo que parellamente simbolizan xa antigamente menhires e outras pedras sagradas o redor das que hoxe técense lendas de mouras recollendo antigas crenzas verbo a nai Terra, emulando as montañas na que a mesma deidade personificábase, de ahí a Virxe do Pilar o mesmo que os pilares dos cruceiros, idealizacións do axis mundi que tamén representan árbores como o de ydragsil, no que foi pendurado o xermánico Odín, ou no que o foi tamén o celta Essus, árbores coma o da ciencia, o ben e o mal no que, a xeito de cruz, e crucificado Cristo, deidades que recollen arquetipos solares relixiosos o mesmo que Hércules, Breogán ou Xerión, tamén chamado Cronos, e fillo de Caliorre, esta con vencello etimolóxico a deusa Calaicia ou Cailleach que da nome a Galiza, desdoblamento da Brigantia que deuno a Brigantium.

A Coruña etimoloxicamente fai referencia a este axis mundi, con etimoloxia na verba Clunia que fai referencia á columna o mesmo que á cuiña, voltada crunia para converterse na torre que mesmo coroa a outras deusas como a exipcia Isis, Semiramis, ou á que fai referencia a Virxe cristiana baixo as suas advocacions de Turris Ebúrnea, torre de marfil, ou torre de David.

O tema e dabondo complexo coma para tentar resumilo aquí nun sinxelo comentario, Galiza, berce do celtismo e xa antes do neolitismo atlántico, Facho que alumea a civilización occidental, é meta de peregrinacións que rematan nos distintos fachos galegos de Breogan e Brigantia, antergas ao cristianismo e o camiño de Santiago, esta Torre sagra ten proxección astral na que estructura a constelación de Virgo e que por datas pretas as que conmemoran o xacobeo podíase albiscar no horizonte deste Fisterrae, Fin da Terra que é tamén o seu Principio. Na Galiza naceron tantos dos preceptos relixiosos que hoxe en día perduran cristianizados, inda que deturpados na asociación da Igrexa apostólico romana ao estado e, polo tanto, ao servizo dun poder corrupto que os manipula para os intereses de seu. Unha Igrexa corrupta que cobizando o poder garda a semente do anticristo, pois a humildade que mesmo simboliza a cruz invertida na que foi crucificado san Pedro (por terse este indigno de selo ao mesmo xeito que Cristo) non cabe nos seus propósitos, unha igrexa que atesora riquezas, asociase cos poderes políticos, cobiza poder e, o peor de todo, teima prohibirnos o uso de condóns. Ou a Igrexa fai un xiro en certas posturas o definitivamente os homes e mulleres de fe teremos de recobrar a crenza nas deidades paganas dos nosos devanceiros tal coma, por exemplo, os xudeus, aos que debemos a relixión xudeocristiana, facían en tempos de crise ao afastarse de Yahvé para aloubar a Astarté e Bal. Loados sexan Brigantia, Breogán, e a sua Torre.

Cuevillas #17 28/Xuño/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Noraboa á Cruña pola homaxe ao Faro dos Brigantes, faro que tamén usaron os romanos e que mudou de forma Carlos III deixándoo como está agora.
Símbolo do celtismo no mundo e Faro do Atlántico. Unión dos celtas, luzada de Ith e de Breogán el-rei fillo de Gael. Cabo do Mundo!!!!!
Lenda e maxia, moimento da pedra de gra: atlántico e tamén romano.
Mágoa a xente que herdeira dos taboleiros trilingües de Torre/Torre/Tower of Hércules. Eu mandaríaos a facer outro torre na beira do ría maceiras (manzanares)

Biosbardos #18 29/Xuño/2009 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

É unha magoa o mal que a trataron durante tanto tempo... só se ve dende algúns puntos da praia.
¿Arranxaron o mobiliario da illa da Torre? ¿Os toxos case o papaban o derradeira vez que fun?

Atlántico ¿que os romanos lle den polo cú? pensa o que dis antes de falar.

Anxo #19 29/Xuño/2009 Anxo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Parabéns non só é un premio para a cidade de A Coruña, senón para toda Galicia. Polo tanto todos os galegos debemos gozar con esta boa nova.

camalono #20 29/Xuño/2009 camalono
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ós romanos pódenlles "dar polo cu" na teima que teñen algúns de otorgarlle a Roma a primacía do símbolo dunha cidade cuia realidade é indíxena antes que romana pois o faro érguese sobre os alicerces dunha estructura, inda que non fora tan pomposa e seica tan só megalítica (catro pedras ben dispostas abondarían), moi devanceira á sua relativa romanización, tal coma deixa enxergar o mito que oredor da sua construción técese:

Hércules tivo que loitar contra Xerión ata vencelo e, aló onde soterra a súa cachola, erguer o faro; pois ben, este Xerión fai referncia á deidade solar indíxena que a romana, Hércules, acultura ou sustitue, sendo que este Xerión é o mesmo Cronos: X(e)r(i)on > Xron(os) >Xronos > Cronos ó que a mitoloxía grega xa vencella a unha torre nunha illa no fin do mundo, ou Fisterrae, moito denantes que a Heracles, pois Heracles/Hércules é fillo dun Zeus que a súa vez o é do devandito Cronos, Hércules mata ao seu abó Xerión/Cronos coma Lugh asasina ó seu Balar, Balar e desdoblamento de Bress na mitoloxía irlandesa e o seu nome perdura latinizado na costa da Vela pois esta debeu ser antes de Balar/Bel/Bile..., onde o facho de Donón/Donn (outro dos nomes da deidae celta que como Dios se desdobla en Todopoderoso, Omnipotente, Creador, Padre, Señor, etc.) pertence á sua vez a Breo/Bress (Breo-gán) que ven sendo o pai dos celtas, chamado Celtus polos gregos e que da nome ós célticos galaicos do mesmo xeito que baixo outro dos seus nomes, Calo, dallo aos Calaicos>galegos que a súa vez son tamén fillos da Cailleach>Calaicia>Galiza, tamén chamada Caliorre, nai de Xerión.

No mesmo mito aparez a muller que dalle nome á cidade: Crunia, un dos nomes de Brigantia que fai referencia etimolóxica a esta coma coroa (briga) dun castro ou cuiña, columna, nai terra que se personifica en montaña e columna (virxe do pilar) que terma do ceo ó que conecta ca terra e o inferno, coma as mouras das lendas co seu dedo mainiño terman dun penedo que ven sendo o ceo de pedra que os nosos devanceiros celtas temían caese sobre as súas testas, o cal é certo se pensamos nos meteoritos e de que están feitos tantos astros.

Para non estenderme moito, abonde co paralelismo Xerión=Cronos=Balar vs. Hércules=Heracles=Lugh en mitoloxías romana, grega e irlandesa respectivamente. O abó e anterior ao neto no culto que o fai posuidor da torre-eixo do mundo do mesmo xeito que tal feito ven a explicar o nacemento dun sol que mata a noite ou un presente que sustitué ó pasado, Lugh/Lugo é o sol novo que xurde para matar e sustituir a noite, de ahi que se lle rindera culto nos claros dos bosques, como o que se pretende de Augusto na etimoloxía de Lugo (Lucus Augusti), pois as fragas representaban os infernos e a noite que se lles vencella, onde os claros o sol do mencer.

Na evolución do pensamento relixioso humano as vellas crenzas non poden sen máis desbotarse para esquecelas cando levan tanto tempo inculcadas na psicoloxía das xentes, o cristianismo mesmo non pode sen máis rexeitar a Lugh nin a Balar, de paso que se afana por torturar e queimar ós que inda rendialles culto, os transforma e trabuca con Lucifer, Luzbel, Belcebú...pero na Galiza, a carón de Satanás, inda quedan demos máis campechanos e divertidos, non do todo maos, demochos, demóncaros, denllos, demachiños, déngaros, etc. mesmo a carón dos trasgos. De certo o demo cristiano tampouco é tan mao no seu cometido de castigar ós pecadores, este demo castigador non é senon desdoblemento ou o mesmo Deus que tamén castiga.

Mais voltando ao que principiaba o meu comentario, os galaicos-céltas (fillos de Calo/Celtus=Breogán) non foron quen por eles sós de darlle por aló ós romanos, mais cando asociáronse ós suevos para fornecer o primeiro reino europeo xa foi outra cousa, logo Roma foi correndo a pedir axuda ós visigodos pois cos galaico-suevos ela soa non podía, Roma deulle ós galaico-celtas, os galaico-suevos a Roma, os visigodos ós galaico-suevos, os árabes ós visigodos, etc., etc.... é o que teñen os imperialismos falócratas.

galleto #21 29/Xuño/2009 galleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Patrimonio da Humanidade para a piscifactoría de Cabo Vilán. Galicia, qué fermosa eras.

BonKarallan #22 30/Xuño/2009 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estan tolos estes romanos.

Facer un faro en Galaecia e nada menos que por un arquitecto lusitano de Coimbra, para alumar a entrada a meu Brigantium.

Parabens Crunia e máis Galiza.

(E ti Paco Vázquez fica en Roma)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: