Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONGRESO INTERNACIONAL DE ESTUDOS GALEGOS

En galego estamos no mundo

Do 13 ao 17 de xullo A Coruña, Vigo e Compostela acolleran as sesións, nas que máis de 200 investigadores de todo o planeta afondarán na nosa realidade.

Redacción - 17:45 01/07/2009

A novena edición do congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos celebrarase, por vez primeira, en Galiza, dacabalo da Coruña, Vigo e Compostela, despois de percorrer nos últimos anos as universidades de Maine, escenario do primeiro congreso, en 1985, Nova York, Oxford, Tráveris, A Habana ou Salvador de Bahía. Entre o 13 e o 17 de xullo máis de douscentos investigadores de todo o mundo, especialistas en distintas áreas, ofrecerán a súa visión sobre varios aspectos da sociedade galega. Destaca a participación de expertos norteamericanos, ao redor de vinte, Brasil e Inglaterra.

O congreso está coordinado por Burghard Baltrusch, profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Nas súas catro xornadas sucederanse conferencias plenarias (ofrecidas por John Rutherford, Rosario Álvarez ou Ramón Villares), mesas redondas e relatorios. A lingua e a literatura galegas serán protagonistas de moitas delas, ao igual que as que xirarán ao redor da historia, mais tamén se afondarán na economía, as cuestións de xénero ou a emigración. Personaxes como Blanco Amor, Ramón de Valenzuela, Manuel Rivas e Suso de Toro terán o seu espazo, e cómpre salientar as achegas que se farán sobre a figura de González Millán, a rede como plataforma de creación e difusión da cultura galega ou a homosexualidade na literatura e no cinema galegos.

O audio das sesións serán rexistradas, e difundidas posteriormente a través das páxinas da Asociación Internacional de Estudos Galegos e as das tres universidades galegas, que colaboran na organización do congreso.


Ligazóns

4.08/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: