Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NON HABERÁ SEGUNDA EDICIÓN

A Xunta suprimirá os Premios Nacionais de Cultura

Nunha entrevista, Roberto Varela asegurou que os galardóns "custan unha fortuna" e que non continuarán.

Redacción - 11:40 06/07/2009

Era unha decisión esperada. A pesar de que dende o novo equipo da Consellaría de Cultura non se realizara unha confirmación oficial, dábase por sentado que os Premios Nacionais de Cultura, creados o pasado ano, non repetirían no 2009, cando menos con esta denominación. A resposta ía chegar no Parlamento, contestando a unha pregunta formulada pola oposición, pero o conselleiro adiantouno nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia esta fin de semana. Nela Roberto Varela asegurou que carece de sentido dar continuidade a uns galardóns que "custan unha fortuna".

O pasado ano estes premios entregáronse en maio, nun acto que tivo lugar en Santiago de Compostela. Cada un dos dez galardóns estaba dotado con 15 mil euros, unha cifra inferior aos 18 mil euros que se lles entregan aos 17 gañadores dos Premios Nacionais de Cataluña ou os 30 mil euros que levan aparellados os 23 premios entregados polo Ministerio de Cultura.

Así pois, de momento, os únicos gañadores dos Premios Nacionais de Cultura de Galiza seguirán sendo Xosé Luís Méndez Ferrín (Literatura), Francisco Díaz-Fierros (Pensamento e Cultura científica), Francisco Leiro (Artes visuais), Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e espazos públicos), Manuel Lourenzo (Artes Escénicas), Margarita Ledo (Cine e audiovisual), Mercedes Peón (Música), o Museo do Pobo Galego (Cultura tradicional e de base), o Laboratorio de Formas (Iniciativa cultural) e a remodelación urbana de Pontevedra (Patrimonio cultural).


2,67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: