Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Segue a festa con catro novas cancións

Apologhitate, que é sábado!

Cuchufellos, Estrela Negra, Xeomántica e O sonoro maxín entran a concurso, onde xa hai 38 temas.

Redacción - 11:35 11/07/2009

Esta fin de semana entran no concurso A polo ghit catro novas cancións. As candidaturas dos Cuchufellos (Spermatofunky), Estrela Negra (Ardendo), Xeomántica (72 latexos) e O sonoro maxin (A catacumbia) pretenden achegarnos ese son do verán que se pode converter na canción galega desta estación de 2009.

Spermatofunky: Cuchufellos volven a A polo ghit con este tema. Spermatofunky está baseado en feitos reais. Moito coidado con darlle ás patacas o veneno das paredes, porque o voso pai pódese mosquear moiiiiiito!

Ardendo: O tema que presenta ao concurso Estrela Negra fala do que pasou no país hai un par de anos, dos lumes que asolagaron Galicia, para que ninguén garde esta parte da historia galega nas páxinas dun diario esquencido porque, e sobre todo neste país, nin esquencemos nin perdoamos.

72 latexos:
A temática é a dor dun amor que marcha e a rapaza recorda eses momentos de tenrura que sentia nos seus brazos, que non tiña medo a nada pero agora... todo desaparece e as bágoas borran todos os doces momentos salgando o momento presente.

A catacumbia:
Non hai verán que sexa tal se non ven coa verbena da man. É o bailar e o celebrar da verbena o que fai que o verán se acomode nos nosos peitos como aquilo do que devecemos o resto do ano. E a verbena ten una soberana absoluta: a Cumbia. Non hai verán sen verbena, non hai verbena sen cumbia. O Sonoro Maxín, ao abeiro desta máxima e co desexo de compartir a súa fogosidade polo baile estival, presenta a "Catacumbia", composición xa clásica do ourensán Óscar Allos e que dá pulo a non deixar os pés quedos e a bater as cadeiras.

Con estes son 38 os temas que concorren a esta verbena virtual. Lembramos que o prazo para recibir cancións péchase o 29 de xullo.


3.4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: