Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MONTENEGRO MODIFICA AS SÚAS NORMAS

País independente, ortografía independente?

O pequeno Estado balcánico, que se independizou en 2007, modifica as normas do seu idioma (montenegrino), para diferencialo do serbio, lingua idéntica.

Redacción - 10:30 26/07/2009

Parece que nos países dos Balcáns se aposta polo isolacionismo lingüístico como vía para afianzar a súa independencia. O serbocroata é o nome do idioma falado por serbios, croatas, bosnios e montenegrinos. Mentres estes pobos convivían no interior de Iugoslavia non houbo maior discusión, e evidentemente non foi a lingua o que alimentou os desexos de independencia duns e doutros países. Unha vez que Croacia e Bosnia se converteron en estados independentes, bautizaron a lingua que falaban como 'croata' e 'bosnio', a pesar que as diferenzas co idioma falado en Serbia son simplemente dialectais (igual que as que poden existir entre o catalán falado en Cataluña, Valencia e Baleares). A situación é máis ridícula aínda en Bosnia, que agora conta con tres linguas oficiais (serbio, croata e bosnio) que en realidade son a mesma.

As diferenzas máis importantes, alén dalgúns localismos na pronuncia de dous fonemas e dalgunhas palabras de vocabulario, están na utilización do alfabeto latino por católicos (croatas principalmente) e musulmáns e do cirílico polos ortodoxos (serbios e montenegrinos). Nos últimos anos, nos novos países que xurdiron da antiga Iugoslavia os seus gobernos iniciaron un proceso de depuración léxica, marcando as particularidades dialectais para aumentar as diferenzas entre os distintos idiomas.

Montenegro independizouse en 2006, e hai uns día presentou a primeira 'Ortografía oficial' do montenegrino, nun intento de aumentar a distinción co serbio. A nova ortografía introduciu dúas letras, unhas variantes da "s" e a "z" que desde sempre se usaron na linguaxe popular local, pero que foron consideradas como arcaísmos e non correctos para o uso escrito e literario. Así mesmo, está en preparación, unha nova gramática.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: