ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Cangas

Antón Louro atribúe a unha "minoría moi minoría" os incidentes en Massó

O delegado do goberno español en Galiza defende a actuación da Garda Civil. O Foro Social mantén as mobilizacións e anuncia unha manifestación.

Redacción - 14:20 24/07/2009
Antón Louro

Antón Louro

O delegado do goberno español en Galiza, Antón Louro, defendeu este venres a actuación da Garda Civil nas obras do porto deportivo de Massó, en Cangas, onde nos últimos días axentes realizaron cargas e levaron a cabo detencións de manifestantes contrarios a esa instalación.

En declaracións aos medios, Louro insistiu en que a Garda Civil "non fai outra cousa que atender a demanda dunha resolución xudicial", e recordou que a actuación "está dentro do ordenamento xurídico vixente". Así mesmo, apuntou que, neste conflito, "hai entidades privadas que teñen os seus dereitos e os xuíces danlles a razón".

"Minoría que non se presentan ás eleccións"
Con respecto aos opositores á obra, a maioría integrados na plataforma Foro Social de Cangas mais que contan co apoio de numerosas organizacións de todo o país, o delegado referiuse a eles como "unha minoría moi minoría, que non se presentan ás eleccións". "Non pode ser que esa minoría poida truncar a vontade maioritaria dos cangueses", engadiu.

Pola súa banda, o portavoz do Foro Social, Tiago Pérez, negou que houbese unha resolución xudicial que autorizase á Garda Civil a custodiar as obras. Recordou, tamén, que continuarán as mobilizacións, e anunciou unha manifestación para o 1 de agosto, que sairá ás 20.00 horas da Alameda vella en dirección ao Salgueirón.


5/5 (1 votos)

Comentarios (5)

Hermerico #1 24/Xullo/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Apologia do terrorismo de estado

borneira #2 24/Xullo/2009 borneira
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Este home minte máis que fala.
Non hai ningún auto que ampare as actuacións policiais: http://www.cangasnonsevende.or...
En todo o proxecto o difícil é atopar algo legal, non hai máis que un outorgamento fraudulento de concesión enriba dunha autorización pesqueira da confraría de Cangas e enriba dunha concesión de fábrica de conservas que nunca se fixo caducar.
Por qué non cita que hai un contencioso plantexado dende o 2005? ou xa o está dando él por favorable aos especuladores?
E que as máis de oito denuncias presentadas contra os responsables da tramitación nunca foran arquivadas quere dicir que os xuíces lle dan a razón aos acusados?
O de minoría é tal bobería que non vale a pena nin comentalo, aínda que resulta dificil entender iso de que nin sequera se presentan ás eleccións. E por certo o tripartito no goberno en Cangas asinou un acordo para opoñerse ao porto. Vale iso como lexitimidade democrática?
O que sí está claro é a magnitude da influencia de Caixanova e de Jose Manuel Otero, o presidente de Puentes y Calzadas.

immerrecht #3 28/Xullo/2009 immerrecht
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

1. Aínda que foran minoría, Sr. Louro, eiquí o que importa é o dano que eses plans farían e como o poder reaccíona ante os que disinten.

2. Máis vale ser unha minoría que un monte de M---A agochado tras uns gardas civís sen educación, sen empatía, con comportamentos franquistas.

3. Máis vale ser unha minoría que defender a quen afoga os movementos veciñais, sociais e ecoloxistas en toda Galiza.

3. Máis vale ser unha minoría que dedicarse a dar de hostias a cidadáns indefensos.

4. Máis vale ser unha minoría que un tecnócrata vendido e soberbio, que adícase a favorecer plans faraónicos para encher os bolsos duns cantos.

5. Se defender a terra, a ría, o país e o territorio é ser unha minoría, cojonudo. Polo menos eu podo defender o que penso sen ter que levar nas miñas costas a asquerosa sensación de buscar a propia compensación. "Obrero español"? Se Pablo Iglesias levantara a cabeza, xa te daría a tí minorías, xa...

Manchades a palabra "socialismo" todos os días. É vergonzoso. Non vos creades millores que Feijoó. Non o sodes. Os unicos socialistas que quedan estarán na base, porque os carghiños perderon calquera rastro de ideoloxía fai tempo. E a cousa vaise extendendo.... Os cartos emponzoñan todo. Pero qué ben se queda mandando as forzas de seguridade alí onde a xente diga "non" a algo. Diga vostede que sí. Que para iso pagamos impostos. Para subvencionar guardias pretorianas.

Tarelo #4 28/Xullo/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Vaia Babosadas que di este home. Hai que ver como se gañan o soldo estes politicuchos, caciquiños de aldea. Minoria minoritaria, son os poucos que se atreven a enfrentarse a uns camións de obra e palas escavadoras, fortemente escoltadas pola pola forzas de ocupación, represión, tortura, etc. Minoría minoritaria, van quedar reducidaods os espazos, da Ría de Vigo, destinados a explotación sostible dos recursos mariños, fonte de riqueza dos pobos ribeireños dende os principios da humanidade. Minoría miroritaria, van ser os beneficiados polo proxecto de Foster, Marina Atlántica, e Caixarroba. Minoría minoritaria, van ser os traballadores do mar, do agro, etc. con estes servos fieis ao capital.

Non entendo como di que non se presentan ás eleccións, se entre @s deitd@s, o luns 20, de xullo, estaba a Concelleira de Persoal, de ACE, Maruchi Álvarez, se o propio Mariano Abalo (ACE), respalda as manifestacións veciñais, .etc. tan pouco entendo o desprezo deste cidadán exemplar, ao desprezar á cidadanía por non presentarse a unhas eleccións, como se o feito de presentarse a unhas eleccións fose, algo do que fachandearse, cando a realidade é que os que se presentan a unhas eleccións son de todo menos boas persoas.

Hermerico #5 28/Xullo/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Manifa em CANGAS O SÁBADO 1 DE aGOSTO

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: