A embarcación feminina de Galiza na Liga Euskotren imponse con superioridade ás de Biscaia, Guipúscoa e Cataluña na Ikurriña de Plentzia.
Cabo da Cruz conseguiu esta fin de semana a súa terceira vitoria da tempada en augas do Grove. Os de Boiro deron novamente mostra do seu potencial e xa marcan diferenzas considerábeis no liderado da Liga Galega de Traíñas. En segunda posición, xa a seis puntos, está o seu máis directo competidor: o Náutico de Vigo.
Ao igual que a semana pasada, o Cabo da Cruz foi de menos a máis e superaron finalmente na terceira volta en tres segundos (20:06.91) o tempo marcado polo equipo local, o Amegrove, levando para a casa a XXV Bandeira do Grove.
XXV Bandeira do Grove
1. Cabo da Cruz: 20:06:91
2. Amegrove-Interrias: 20:10:41
3. Salgado-Perillo: 20:11:69
4. Mecos: 20:16:03
5. Náutico de Vigo: 20:25:18
6. Ares: 20:30:12
7. Chapela: 20:32:56
8. Vilaxoán: 20:33:31
9. A Cabana: 20:36:81
10. Esteirana: 20:42:66
11. Pobra: 20:45:66
12. Vila de Cangas: 20:55:53
13. Coruxo: 21:25:66
14. Rianxo: 21:46:18
Liga Galega de Traiñas
1. Cabo da Cruz: 114
2. Náutico de Vigo: 108
3. Regatas Salgado-Perillo: 101
4. Chapela: 100
5. Mecos: 95
6. Amegrove-Interrias: 85
7. Vilaxoán: 68
8. Ares: 58
9. Pobra: 52
10. Esteirana: 50
11. A Cabana: 45
12. Vila de Cangas: 40
13. Coruxo: 17
14. Rianxo: 12
Por outra banda, a embarcación de Galiza na Liga Euskotren, onde compite con Biscaia, Guipúscoa (Euskadi) e Cataluña, impúxose desde a primeira serie e dominou en todo momento a Ikurriña de Plentzia para pór xa tres puntos por medio con respecto ás guipuscoanas na xeral.
Ikurriña de Plentzia
1. Galiza: 10:51.62
2. Guipúscoa 11:00.42
3. Biscaia: 11:18.87
4. Cataluña: 12:05.54
Liga EuskoTren
1. Galiza: 15
2. Guipúscoa: 12
3. Biscaia: 9
4. Cataluña: 4
a web da liga GALEGA de traiñas só esta en castelán; enviade mails de protesta!!
a boas horas metedes noticias de remo¡¡¡¡ estamos xá na metade do campeonato....
moi triste que nin se quera bos, vos preocupedes do remo
Por certo, as fotos non son da bandeira do grove, que triste¡¡¡¡
En fín
Pois aí hai bastantes noticias anteriores ... e hai algunha máis que non está aí que se publicou. Eu vexo bastantes noticias de remo sempre, boto máis en falta as de fútbol!!