Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Intensa fin de semana no País Vasco

David Herrero, principal baza do Xacobeo Galicia na Volta a Portugal

O equipo ciclista profesional galego dá a coñecer os seleccionados para a rolda lusa, que se disputará entre o 5 e o 16 de agosto.

Redacción - 11:30 31/07/2009

O Xacobeo Galicia xa decidiu a formación que presentará na Volta a Portugal, a disputar entre o 5 e o 16 de agosto, con inicio en Lisboa. O equipo ciclista profesional galego estará formado polos seguintes corredores: David Herrero, Carlos Castaño, Héctor Espasandín, Pedro F. Hermida, Vladimir Isaychev, Juan Mourón, Iban Mayoz, Alejandro Paleo e Iván Raña.

A prioridade dos ciclistas que na rolda lusa dirixirá Jesús Blanco Villar estará centrada en buscar triunfos de etapa. Desa misión non se exclúe ningún dos corredores inscritos, mais confíase especialmente na boa condición física de David Herrero, que xa logrou un triunfo este ano en Portugal. Foi no transcurso da cuarta etapa do Gran Premio Paredes.

O ciclista do Xacobeo Galicia volveu deixar constancia do seu bo momento máis recentemente, ao se adxudicar a terceira e última etapa da Volta a Madrid. A de Portugal será tamén a última referencia en que se apoiarán os técnicos para decidir a formación que o equipo galego presentarán na súa terceira participación na Volta a España.

Fin de semana intensa no País Vasco

A fin de semana deportivamente será longa. O xoves saía por estrada unha expedición do equipo cara ao País Vasco para disputar o Circuíto de Getxo, proba que estará liderada por David García, baixo a dirección deportiva de Blanco Villar.

Outra expedición sairá o sábado con Álvaro Pino á fronte para participar o domingo na Subida ao Urkiola. Nesta carreira o equipo galego disporá de boa parte da súa "artillaría pesada", dado que entre os dez corredores participantes se inclúen Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo C. Veloso e David Herrero. Completarán a formación: Gustavo Domínguez, Eduard Vorganov, Juan Mourón, Marcos García, Iban Mayoz e Delio Fernández.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: