ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALARDÓN

En Irlanda son de Carlos Núñez

O gaiteiro vigués foi premiado nos “Ireland's Music Awards” como “Mellor Artista Continental”.

Redacción - 18:50 18/08/2009

O máis prestixioso certame de música tradicional en Irlanda, o “Ireland's Music Awards”, mirou este ano para Vigo. O gaiteiro Carlos Núñez impúxose na categoría de mellor artista continental, onde competía con Salsa Céltica, Capercaille, Flook, Bellowhead e Mike McGoldrick. O premio ao “Mellor Artista Continental” concedése a aqueles artistas europeos, non irlandeses, máis destacados.

A música de Núñez é moi ben acollida en terras irlandesas. De feito, hai poucos meses o gaiteiro galego presentou no National Concert Hall de Dublín o seu último disco “Alborada do Brasil”, entre os asistentes estaba a propia presidenta irlandesa, Mary MacAleese.


4,57/5 (7 votos)


Comentarios (10)

Benchoseiv #1 18/Agosto/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Parabens pra iste rapáz.Coido é merecedor disto e moito mais.

rinlo #2 19/Agosto/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Alegro-me por el. Como sempre haverá quem nom goste disto ou daquilo, especialmente numa terra tam dada ao laio e à inveja como a nossa. Mas nom se pode recusar que é um músico galego de renome, e que saiu adiante polo seu talento. Todos deveriamos estar orgulhosos.

espartaquin #3 20/Agosto/2009 espartaquin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois Budiño pareceme moito mellor pois non necesita un transplante capilar.

Muxo #4 20/Agosto/2009 Muxo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non creo que Carlos pense nun transplante, o cal, coido, seríalle doado de facer. O realmente preocupante é o teu #3, pois o miolo non se pode trocar.

rinlo #5 20/Agosto/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Isso é, dediquemo-nos a comparar as guedelhas do Budinho coa alopécia do Carlos Núnes. Na Galiza nom temos pelos na língua.

Sara_Mago #6 21/Agosto/2009 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Haha, pois nao sei que pensarao os escoceses que competiam com Nunes, do facto de ser considerados artistas "continentais"... ;)

Cuevillas #7 24/Agosto/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, Saramago, as Illas Brtitánicas están no continente europeo, sabías?

rinlo #8 24/Agosto/2009 rinlo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A primeira notícia de que Irlanda está nas Ilhas Británicas. Ou és outro desses nostálgicos do império?

Cuevillas #9 25/Agosto/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Eu non falei de Irlanda, falei de Escocia.

danielovalle88 #10 26/Agosto/2009 danielovalle88
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

ata onde eu sei as illas británicas son dúas: irlanda e gran bretaña. custións políticas a parte.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: