Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En directo pola Radio Galega

A Banda da Balbina e Lolo Arincón, na Veiga ao vivo

Os gañadores de A Polo Ghit 2009 participarán a madrugada do sábado ao domingo no Festival da Serra do concello valdeorrés.

Redacción - 09:10 04/09/2009

Os gañadores de A Polo Ghit 2009, tanto na categoría do xurado como do público, actuarán ao vivo esta fin de semana. Será no marco do Festival da Serra, no concello da Veiga, a partir da medianoite do sábado. O programa Máis berberechos da Radio Galega, co-organizadora do certame xunto con Vieiros, emitirase en directo dende ese emprazamento.

Pola praza da Veiga pasarán os grupos A Banda da Balbina -gañador do premio do xurado-, Lolo Arincón -vencedor do do público-, Cuchufellos, Faneca Brava -estes dous tamén participaron nesta cuarta edición de A Polo Ghit- e De Carallo. Nos intervalos, a compañía de Cabaret Lilí Berlín de Blanca Cendán ofrecerá o seu espectáculo.

O domingo continuará a programación especial da radio pública, pois, de nove da mañá a unha da tarde, o programa Extrarradio, presentado por Belén Regueira, Eduardo Herrero e Susana Rios, emitirá contidos relacionados coa comarca e contará coas actuacións da Banda da Balbina e de Cabo da Vila.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: