Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 20 ao 26 de setembro

A Semana de Cine de Lugo homenaxea o actor de spaghetti western Eduardo Fajardo

A 31ª edición do festival proxectará máis de 40 filmes nos que recollerá o mellor do ano e dúas retrospectivas de cine italiano.

Redacción - 13:00 10/09/2009
Eduardo Fajardo

Eduardo Fajardo

A xente de Lugo sabe que para ver bo cine ten que esperar a que chegue setembro. Do 20 ao 26 deste ano celébrase a edición número 31 da Semana Internacional de Cine de Lugo, que repasa o mellor do cine actual e clásico. O actor nado en Galiza Eduardo Farjardo será recoñecido cunha homenaxe e un ciclo de proxeccións.

Eduardo Fajardo naceu en Mosteiro (Meis) en 1924, aínda que na adolescencia se trasladou a Santander. En 1947 iniciou a súa carreira de actor, participando ese ano en nove películas. A súa é unha carreira especialmente prolífica, pois actuou en máis de 180 filmes. Nas décadas dos 60 e dos 70 o seu rostro fíxose familiar entre os afeccionados ao spaghetti western, nos que se especializou no papel de vilán. Algúns dos seus traballos poderán ser recordados na Semana de Cine de Lugo, na que se proxectarán Fuenteovejuna, A barraca e Django.

O festival comeza o día 20 con outra homenaxe, a que dedica ao Club Deportivo Emevé coa proxección d'A vida sen Grace. Nos seguintes seis días os lugueses poderán asistir aos diferentes ciclos. A sección oficial e a dedicada ao mellor do ano presentan algúns dos filmes actuais máis destacados. Dúas retrospectivas achegaranse ao cine italiano clásico, cun repaso das súas mellores películas e dos mellores directores. Haberá seccións dedicadas ao cine galego, a igualdade e cine infantil, entre outras.


4.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: