Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Audiovisual

'O club da calceta' entre as mellores ficcións televisivas de Europa

O telefilme dirixido por Antón Dobao nominada na categoría de Mellor Ficción nos premios Prix.

Redacción - 18:00 17/09/2009

O telefilme O club da calceta, dirixido por Antón Dobao, foi escollida para participar na categoría de Mellor Ficción Europea nos premios Prix Europa. Estes galardóns convócanse anualmente para seleccionar os mellores traballos audiovisuais do continente en televisión, radio e novos medios.

A peza, producida por Ficción Producciones, Diagonal TV e a TVG, figura entre as 29 producións seleccionadas na súa categoría. O telefilme está baseado na obra homónima de María Reimóndez e xira arredor da vida de cinco mulleres de diferente condición, idade e orixe social que se coñecen durante un curso de calceta. O club da calceta forma parte do proxecto “Un mundo de historias”, que pretende trasladar ao audiovisual obras literarias galegas.

Prix Europa é a maior competición de televisión, radio e novos medios no continente europeo. Foi posta en marcha en 1987 polo Consello de Europa e a Fundación Europea de Cultura. Este ano celebrarase entre o 17 e 24 de outubro en Berlín, onde se exhibirán 231 producións nas diferentes categorías do certame.


Ligazóns

4.09/5 (22 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: