Que valoración fas do desenvolvemento do proxecto de construción desta infraestrutura? Cun continuo aumento de custes, cal podería ser a solución para a futura dársena?
Alá van xa case cinco anos dende que a Administración adxudicase as obras para a construción do Porto Exterior da Coruña en Punta Langosteira. Dende entón até agora, a polémica rodeou o proxecto desta dársena que uns entenden como fundamental para o desenvolvemento económico de Galiza e que outros consideran innecesaria atendendo á súa situación, á súa viabilidade técnica, ó seu custe ou ao seu impacto ambiental.
Cun orzamento que se duplicou, pasando dos 370 millóns de euros iniciais até as estimacións actuais de 789 millóns, o futuro Porto Exterior da Coruña está situado a menos de 18 quilómetros por mar de Punta Langosteira. A isto engádense as afeccións ambientais, que xeraron diferentes protestas lideradas polos mariñeiros e mariscadores que, dende un primeiro momento, alertaron das consecuencias dos traballos sobre a ría e as súas especies. A maiores, as actuacións non estiveron exentas de denuncias laborais: catro traballadores perderon a vida nestas obras, das que foi cuestionada a súa seguridade.
Así as cousas, a actualidade política depáranos o anuncio dunha posíbel reformulación do proxecto. Que valoración fas do desenvolvemento desta infraestrutura? É hoxe unha necesidade para o desenvolvemento de Galiza ou obedece a outro tipo de intereses, ben económicos, ben puramente localistas? Que reformulación do proxecto propós? En suma, ti que opinas do Porto Exterior da Coruña?
Crime ecolóxico. Burato negro para os cartos de todos. Infraestrutura desnecesaria ao servizo dun pelotazo imobiliario no actual porto coruñés. Como no caso do novo porto-autovía-ferrocaril na boca da ría de Ferrol, como no caso do Gaiás, de Reganosa...Demolición e recuperación da zona!!! Castigo aos responsábeis !!!
Si, investimento totalmente necesario.
- Seguridade: Permitirá a eliminación do oleoducto que cruza de punta a punta a cidade.
- Eido medioambiental: A pesar dos desmontes feitos e do impacto que poida ter na fauna mariña da zona a importancia económica que terá superas ampliamente. As autoestradas e autovías que vertebran o noso país ó longo das catro provincias tamén precisaron de desmonte ou tunelación.. hoxe en día son infraestructuras irrenunciables para o desenvolvemento integral do territorio. Descontaminación do actual porto coruñés que lembremos atópase xusto no centro da cidade ata onde fai ben pouco descargábase carbón ao aire libre, ademáis doutros productos contaminantes... deste tema pódenlles informar os veciños dos Castros.
- Urbanismo: A liberación do actual porto permitirá a liberación de centos de miles de metros cadrados que, segundo o plan Busquets, permitirá un % elevado de xardíns e espazos públicos. Ademáis de permitir a construcción de vivenda que axudaría a umentar a poboación da cidade consolidandoa en importancia e magnitude a escala galega. O Prof. Busquets tamén apuntou a posibilidade de levar a cabo arquitectura única, un novo icono que funcionase como o icono da cidade do Séc. XXI e, en extensión, para Galicia enteira.
- Economía: Indiscutible impacto positivo para a cidade, a AM coruñesa e o norte do país (ata Lugo) que poderán empregar as instalacións como punto de unión marítima con América e aproveitar a unha escala maior das melloras que se están levando a cabo no Canal de Panamá. A construcción do PE de Punta Langosteira leva indisolublemente unido a construcción de novos parques industriais concentrados en torno á AM que xerarían milleiros de novos postos de traballo, novas comunicacións e a importante axuda ó Concello de Arteixo á hora de xerar traballo. En resumo, unha Autoridade Portuaria cun porto máis competitivo e que podería loitar con máis forza nas liñas internacionais de tráfico de mercadorías.
- Consecuencias indirectas: Haberá moitas, como por exemplo a ampliación da imaxe de marca da cidade e do país enteiro ou a facilidade de ampliación do porto nesta ubicación. A destacar, a posta en funcionamento da liña de tren que une As Xubias - Zona universitaria - Actual porto, e que segundo as intencións do Concello e Goberno Galego servirían para unir o AM coa cidade mediante un metro lixeiro (ou similar) reducindo de xeito importante o número de vehículos que circulan a diario pola AV. Alfonso Molina.
De seguro que o suposto "axuste orzamentario" que Frijolito e os seus camaradas pretenden facer deberíanse centrar máis en obras absurdas como a Cidade da Cultura (obra que se inicio sen saber para que se construía) ou os chiringuitos que compañeiros seus levaron a cabo nas cidades galegas....colexios relixiosos que separan por sexo, subvencións a empresas por amiguismo, programa na TvG para o Opus Dei,...
Porto Exterior, si!
E agora o negativo:
- Riscos na súa construcción: Xa morreu xente sobre todo nos invernos, pero é algo que debemos asumir e que por exemplo en portos como Bbarcelona ou Valencia non sucedeu tan gravemente como aqui debido á meteoroloxía, pero non por iso imos renunciar a unha infraestructura tan importante.
- Pelotazo urbanístico: O Goberno Galego o Central deberían estar moi moi atentos a isto, actualmente os concellos teñen as competencias sobre urbanismo e neste tipo de proxectos deben estar coordinados para que non haxa iregularidades, sobre todo tendo en conta o pasado máis recente con Vázquez que facía e desfacía ó seu antollo.
e maís que haberá, pero a balanza, ó meu entender, é claramente positiva, unha infraestructura necesaria para o País.
e eu deixo outra pregunta no aire, quen queira respondela que o faga... Necesitaría Vigo o seu propio Porto Exterior?
E para que ninguén me tache de localista xa anticipo a miña opinión: Sí, para que no futuro Vigo poida seguir sendo competitivo, Vigo tamén tería que ir pensando nesta posibilidade. Xa está ben que as grandes obras de desenvolvemento se fagan por aí adiante e en Galicia quedamos pampos e non facemos nada.
- Fai falla un porto exterior para eliminar ese oleoducto inseguro? Só se queremos seguir alimentando enormes fortunas privadas.
- Os desmontes feitos e o impacto na fauna mariña non teñen prezo. Só o Estado ou as Empresas multinacionais ven esa importancia económica,para nós non a ten. Hai quen condena as autoestradas e autovías como infraestruturas, caras e altamente dañinas e defende un transporte público de proximidade non dependente do petróleo. Só REPSOL pode afirmar que os veciños dos Castros necesitan un porto exterior en cada ría.
- Vaia, resulta que cada miseria, cada tortura, cada desfeita supón unha "liberación" unha regalía de xardíns e espazos públicos.Vamos unha revolución social! Je je
- Desde Ortegal ao Miño... "milleiros de novos postos de traballo, novas comunicacións..." Loita polos mercados, competitividade, barbarie... Plan Galicia
- Unha imaxe de marca da cidade e do país enteiro xunto con ENCE, REGANOSA e o Paulino de Chantada...
- "Xa morreu xente sobre todo nos invernos, pero é algo que debemos asumir" Iso, asúmeo ti e morre.
- Pelotazo... Buáh! Como te queimas, neno. A Xunta e os concellos loitando contra a corrupción e a especulación...Ja ja
En Vigo xamais haberá tal, porque temos algo que ti non tes: dignidade e vergonza.
Moito país e moita carraca, pero como o nacionalismo non espabile e se afaste do discurso de Gil y Gil van seguir perdendo votos e amigos. Pola esquerda si, pola esquerda.
- É a solución que apuntan todos os expertos como máis realista, se es inxeñeiro industrial ou semellante e tes algunha idea deberías falar co Goberno e propoñelo, lumbreras.
- Todos os países desenvoltos do mundo contan cunha rede moderna de autoestradas e camiños terrestres para o coche, ademáis de sistemas de transportes para as AM's, cousa que en Galicia non existe. Ata fai ben pouco iso de "billete único" para os autobuses era unha quimera, e xa non digamos a construcción dos metros lixeiros, competencia da Xunta que ningún partido político (nacionalista ou non) se toma en serio. Tendo en conta que son moitos treitos de vía aínda os que están sen electrificar e que o investimento do Estado nas vías de ferro en Galicia é moi escaso...Non creo que fose boa idea ir en tranvía ou metro lixeiro da Coruña a Lugo, non cres?
- Cada miseria? cada tortura?...revolución social? debes informarte antes de botar a lingoa a pacer.
- Efectivamente, crearíanse milleiros postos de traballo e eu non lles fago asco sobre todo tendo en conta a situación de crise económica na que nos atopamos, se ti vas sobrado, felicidades machote. O Plan Galicia é sabido por todos que era unha FACHAda, sen investimentos reais e para calar bocas logo do Prestige, tema que non pode estar máis lonxe deste xa que o proxecto naceu con investimentos no BOE.
- ENCE e REGANOSA son preisamente exemplos a evitar, non están fartos pontevedreses e ferroláns de ter tan preto esa merda? Agora que na Coruña pódese afastar ese tráfico de mercadorías ata fora da cidade.. aprovéitase, e punto. Por certo, pregunta en Barcelona ou Bilbao, mesmo en Valencia, cantos centos de millóns de euros atraeron grazas ós seus portos nas feiras internacionais estes últimos 5 anos... outra vez, infórmate.
- No tocante ás mortes, que dicir? Non mereces nin resposta.
- Gracias polo de "Buáh! Como te queimas, neno." pero sabes perfectamente o que digo e non te fagas o parvo, ;)
- Oh si !! jajaja, en Vigo é mellor seguir eternamente facendo recheos na ría, non si? iso non escaralla o medio ambiente, todo o mundo sabeo jaja Polo menos mira a parte positiva, chegará un día onde xa non teremos ría en Vigo de tanto cemento que lle botades, e o político de turno dirá de construir aí, felicidades, xa terás un tema novo no cal ladrar un rato máis, campeón.
Ti tes é un odio nauseagundo, o tempo dará ou quitará a razón, e a ti non te queda moito para perdela.
Desde logo que fica moi ben retratado o badoquismo neoliberal galaico... meus parabéns. Vémonos na rúa.
Neo que? jaja
Si, a airearse x ai.
Un porto exterior ¿tendrá que cerrar en invierno?:
Porque ciertas mercancías no se podran desembarcar: "El martes, el presidente de Puertos del Estado, Mariano Navas, indicó que el futuro puerto coruñés no será válido para los contenedores. La agitación marina que, en determinados días del año, se producirá en el interior de la dársena desaconseja este tipo de tráfico, ya que los sistemas de carga y descarga de contenedores exigen movimientos precisos, por lo que los buques deben estar quietos" (enlace abaixo)
Porque los petroleros no podrán acercarse: "Un puerto es interior, es un refugio, y la ubicación de ese puerto en marcha en Arteixo es pretender un imposible, pues está donde el mar es más peligroso, con olas de tres metros. Conducir allí a barcos que en su mayor parte cargarán petróleo es hacer algo semejante a lo que hacían las antiguas sirenas con Ulises, atraer barcos hacia las piedras traidoras." (enlace abaixo)
No se pode tirar todo ese diñeiro pra facer un porto "fora das rías" nuha das costas mais batidas polo mar do mundo. As maniobras de aproximación e atraque deses enormes mercantes faríanse perigosas no inverno... e moitos capitans podería negarse a atracar nesas condicións... en fin... ¿e pra que queremos as rías?
Enlace a las olas del puerto exterior:
http://suicidiogallego.blogspo...
Enlace a los petroleros y el puerto exterior:
http://suicidiogallego.blogspo...">http://suicidiogallego.blogspo...
Enlace a un resumen de prensa sobre el puerto exterior:
http://suicidiogallego.blogspo...">http://suicidiogallego.blogspo...
Os dous últimos enlaces non funcionan: a ver de novo:
Enlace a los petroleros y el puerto exterior:
http://suicidiogallego.blogspo...
Enlace a un resumen de prensa sobre el puerto exterior:
http://suicidiogallego.blogspo...
Primeiro, non sei por que metedes ao nacionalismo nas vosas estúpidas leas. Se a sociedade está idiotizada e quere fascismo, pouco ten que ver o nacionalismo. Onde non hai nacionalismo idiotizouse antes e máis.
O Porto Exterior xa é un pelotazo en si mesmo. Non é algo que haxa que evitar que pase, practicamente xa pasou. Así que Werl non estás nada ben informado. De feito o móbil mesmo do porto, foi a realización dun pelotazo.
Nese tono estúpido-localista coruñesista/viguista no que caedes, non vou entrar. Concedo o da dignidade en Vigo aos do Metal, sen igual no resto do país e aos de Cangas parando Massó. Pero moita se perdeu tamén co que están a meter en Beiramar. É infumable. Na Coruña acaban de mandar ao carallo a Millán Astray, non era sen tempo, e a ver canto dura, pero a xente da CRMH mil aplusos lles mando por loitar contra a besta na porta da súa casa.
Sobre o de enxeñeiro industrial ou semellante... sei ben do que falo cando digo que: a maioria son auténticos cafres analfabetos funcionais sen a máis mínima sensibilidade social, cultural ou co medio natural. Zampan a peor merda da tele e teñen criterio cero para opinar sobre o xeito de progresar un país, que non é o mesmo que facer diñeiro a nivel particular, como ben demostran douscentos anos de crítica científica do capitalismo. Vaia, que lles contan un detalliño técnico ou espétanlles unha frase típica de admon. e org. de empresas, e morren de gusto e vólvense fanáticos defensores da primeira merda a tiro.
Hai outros comentarios que tampouco me gustan nada:
"aumentar a poboación da cidade", para que, meu, para que?. Supoño que para darlle gusto a Vázquez e demais pailáns e provincianos.
Galicia precisa políticas que reteñan poboación no rural, e de I+D que reteñan persoal cualificado que está a marchar. Non precisamos do modelo madrileño que se adica a atraer a millóns de ecuatorianos e peruanos para explotalos en condición inhumanas, e desestruturar a sociedade dunha forma brutal. A Coruña e Vigo están moi ben co tamaño que teñen. O problema é o abandono do agro e a emigración de titulados universitarios.
Por certo, o problema das mortes non é do porto exterior, é un problema de explotación obreira, morren traballadores constantemente en obras e talleres cada ano. E todos coñecemos de auténticos cafres á fronte de obras e talleres. E dicir que isto hai que asumilo... afiliate á CEOE e marcha cos do Gürtel de paso.
Sobre as comunicacións, en Galiza todo se fixo mal (ou máis ben con mala idea) e estámolo a pagar. As autovías o uso máis relevante que teñen é o de marchar a traballar a Madrid ao rematar a carreira, cando menos para centos de miles de titulados que as usaron para iso desde que están rematadas. Nun país que non alcanza os 3 millón de habitantes...
Temos unhas comunicacións interiores de merda. Agresivas co medio e custosas economicamente e moi pouco rendibles socialmente. Rinse de nós, véndennos as bondades do AVE cando non temos comunicacións interiores decentes e hai que coller o coche para todo. E mover mercadorias en Galicia é caro e lento.
Iso de traer grandes investimentos, icona do país, etc. etc. é unha merda espichada nun pao. O que precisamos é fortalecer o noso tecido produtivo e o noso mercado interno e as relacións cos mercados máis próximos. Neste sentido a virada de costas ao norte de Portugal é un erro (imposto polo poder central) que se repite unha e outra vez. Ensamblar as economías no Eixo atlántico e aproveitar sinerxias dun xeito moito máis intensos, iso si que nos daria vida, moi boa vida con proliferación de traballos cualificados a unha e outra beira. Seriamos unha zona moi poboada e dinámica sen un gran núcleo problemático.
Non falei do Porto Exterior, porque no fondo é como a Cidade da Cultura: unha ostia ao país, que vai chupando mentres navegar pola maruxía dos enfermizos designios do centralismo económico español. Como adoita dicer Beiras seguimos a ser unha colonia, igual que sempre.
Estou de acordo con TiEsMoito. Completamente.
E parece mentira, pero por segunda vez estou de acordo con Raimundo. Ese porto de inverno vai estar inoperativo moitas veces, e os petroleiros cando cheguen van ir abrigarse a onde foron e irán sempre: á ría de Ares. Supoñédevos con olas de 5 metros (algo normal durante o inverno moitos días, xa non digo de 8 metros ou máis) entrar un petroleiro nese peirao..., pois irá embarrancar á costa, xa non digamos se hai un fallo...
Todo o mundo sabe e se non o sabe que se informe: a escolleira exterior non ten a altura necesaria para a localización que ten ese porto. ¿Por que se segue enganando á xente, por que non se construe máis alta?... É o único porto de Europa feito nun lugar que é como poñerlle a cara de frente a unha locomotora...
De desfacer a natureza e querer facer un gran porto este debería estar na ría de Ares porque xa ten unha cobertura natural. E non sería necesarios o exterior de Ferrol e o exterior de Coruña. Aínda así sairíamos gañando porque destruiríamos bastante menos espazo natural que facendo dou.
Pero ao tempo: ao mellor nos comemos nos próximos 50 anos o de Ares tamén a maiores..., porque aquí cando se comeza non sabemos parar: encoros, eólicos, farolas, pistas forestais. Todo se fai por milleiros, todo é empezar.
Que o lugar non é axietado, estou de acordo, que poda estar inoperativo durante algúns días do ano, tamén, pero de aí a que non poidan entrar porque hai ondas de 5 a 8 metros, é unha estúpidez os barcos entran en porto ou rías cando se preven esas ondas, non cando xa están, ningún barco surca os mares con ondas de 8 metros. Non sexamos demagóxicos.
Ten as suas ventaxas e os seus inconvintes,
Vantaxes quitarase a contaminación do centro da cidade, non loitamos pola desaparación de ENCE e REGANOSA do interior das cidades de Pontevedra e Mugardos, porque A Coruña ten que soportar descargas de carbón, soia, e outras mercadorias perigosas no centro da cidade, por que temos que ter un oleoducto que en caso de estourar anularía todas as vías de evacuación da cidade pois atravesa todas a vías de saída Vías ferreas de As Xubias, a estrada das Xubias, Alfonso Molina-AP-9, Avda. Arteixo-AG-52, vía ferrea de Santo Cristobo, Estrada de Meicende.
Creación de emprego, e asentamento de novas industrias.
Tráfico de mercadorias, etc.
Inconvintes:
Desafectación do zona portuaria que podería ser unha desfeita senón se fai ben.
Alto custe económico, etc.
Non estou en contra, é unha obra necesaria, tal vez non se fixo no lugar axeitado, pero unha vez empezado aproveitémolo.
E na protesta dos mariñeiros-pescadores case que prefiro non contar como enganchaban ferros con formigón nas redes, para decir que era culpa do porto exterior e pedir indemnizacións, nun lugar no que nunca foran pescar antes porque non había pesca.
Eu centraríame, non nos aspectos económicos, senón nos técnicos. Ouseña:
1) ¿O porto exterior vai ter que pechar nos grandes temporais do inverno? ¿Dous, tres, 7 dias? Como tamén é un porto-refuxio ¿Podería pasar que un barco en perigo de afundimento non puidera entrar nel, por encontrarse pechado ese día? Como no antigo porto pesqueiro de Malpica, que cando pechaba o portalón, os pesqueiros que non deran entrado, tiñan que seguir ata a ría de Ares... ¿Pode darse algo así?
2) Un informe dí que as ondas do interior impediría no inverno o tráfico de contenedores... Se eso é certo, non se pode seguir con ese porto... hoxendía non se pode construir un porto que non poda admitir o tráficos de contenedores... o que mais aumenta.
Sonche dous argumentos que levaríanos a abandoar esa obra... Ninguén permitiría construir unha ponte na que o vento puñera en peligro o traáfico de coches por culpa do vento... na invernía... ¿Construiríase? Non...
Pois un porto limitado no seu tráfico, e limitado no seu tempo de uso... non se podería construir... é tirar cartos...
¿Por qué se constrúe? Pois ten que ser, entón, por motivos económicos... os da especulación do "ladrillo", argumentos do tempo das "fadesas", argumentos económicos que hoxendía tampouco son válidos...
O de prever as ondas de 5 metros para que entren sí que é unha tontería. Eu estiven vivindo en Barrañán e no inverno, sacando eses días de xeada e de alta presión que poñen o mar como un prato, hai sempre mal tempo con ondas moi grandes. Os barcos pasan con temporal ou sen el moitas veces. Sen ir máis lonxe, o Prestige pretendía pasar con un temporal semellante. Excepto os que veñen para os portos galegos ou en casos excepcionais os barcos pasan con temporal ou sen el.
Precisamente unha cousa das que dis Anxo, é unha das máximas dos constructores: unha vez empezada unha obra xa ninguén a para. É a política de feitos consumados. Claro que deixar iso así agora aínda é pior pero precisamente niso se escudan sempre.
Temos que darnos conta que o problema é a carrega e descarrega de colectores porque necesitan de certa precisión para o seu manexo, esto non quita que melloren os sistemas e se poida chegar a facer.
Cantos aeroportos se fixeron en lugares onde as condicións climáticas facían que estivesen pechados certos días do ano, e hoxendía, cos sistemas de navegación, aproximación, etc., calquer aeroporto pode ser operativo practicamente todos os días do ano.
Non desesperemos seguro que lle atopamos solución a dos colectores.
Ben, o problema non é a navagación. É a entrada no porto, e a descarga.
Cando se fala de que o porto pode "pechar", quérese dicir que cos temporais da invernía hai un grande perigo de que o mercante vaia contra a escollera. Vai ser unha maniobra moi perigosa. E sen arranxo técnico.
Un porto refuxio que ten que pechar cando un barco vaino necesitar polo grande temporal... pois xa me dirás... negaselle o auxilio...
E despois, dentro do porto, o oleaxe interior vai seguir sendo forte. Tanto, que coa tecnoloxía actual, non permitiria a descarga dalgúns tipos de mercadurías.
Habería que inventar tecnoloxías pra dotar aos mercantes e a o porto con elas. Mais gastos enormes. No caso de dar con ela. E no caso de que os mercantes quixeran levala.
Porque... poden ir a Ferrol, a Vigo, a Lisboa... onde todo é mais doado... entón ¿Por qué o despilfarro, o absurdo de facer un porto inviabel?... Para facer unha "fadesa" cos terreos do antigo porto couruñés... cando o tempo das "fadesas" rematou...
Mellor parar, porque se o diñeiro xa non vai sair dos terreos do porto ¿De donde van sacalo? ¿Da sanidade?...
Mellor paralo...
a TiEsMoito:
Comezarei polo final. Dis que no fondo o Porto Exterior da Coruña é como a Cidade da Cultura: Unha hostia ao País. Permíteme dicir que ambos proxectos son totalmente incomparables. A CdC vai absorver unha cantidade de cartos públicos inxentes da Concellería de Cultura que impedirá investimentos noutros eidos fundamentais para o País durante varios anos, e se engadimos que este proxecto naceu sen unha idea clara de para que demos ía servir... pois máis grave aínda, o derradeiro coletazo do rei Fraga, sen máis. Sen embargo non das ningún argumento para o Porto Exterior, que repito é unha infraestructura de dinamización económico e que, precisamente, servirá para fortalecer o noso tecido produtivo e o noso mercado interno e as relacións cos mercados máis próximos ó que ti te refires. Só hai que lembrar como durante a última lexislatura do PP e a do bipartito moitas empresas de servizos (mesmo industriais) liscaron ó norte de Portugal en busca de solo, pois ben, o Porto Exterior traerá inexcusablemente a creación de polígonos industriais en toda a AM. Maior reflexo e potenciación do noso tecido empresarial-productivo non pode haber. A CdC non cumpre nada disto, logo, a todas luces queda ben claro que ambos proxectos son opostos na súa natureza e consecuancias.
Se na túa opinión o tema do nacionalismo non ten que ver con isto, menos ten que ver o de Millán Astray, así que non sei a que ven ese comentario. Creo que todos estamos dacordo en que esa estatua tiña os días contados, como os teñen algunha xentalla tipo Negreira (do PP da Coruña). Repito, que non ten relación ningunha co tema que aquí estamos a tratar.
Sobre o tema dos enxeñeiros, pois que queres que che diga? eu tamén coñezo economistas (por poñer un exemplo, quen quere dicir economistas quere dicir, profesores de autoescola ou barrendeiros) que son iguais e non por iso toda unha profesión debe ser cortada polo mesmo patrón, pero bueno.
Eu non son empresario, así que non m epoderia afiliar á CEOE, nin ganas que teño. Volves caer outra vez no mesmo erro ó falar disto e do Gurtel, xa que non estan relacionados co que estamos a tratar.
No tema dos titulados que marchan fora, pois evidentemente, a algo parecido xa me tiña referido na miña primeira intervención. Canto maior potencial de creación de postos de traballo teñamos máis posibilidades teremos non só de absorver o noso propio capital humano senón que mesmo xente estranxeira preparada podería ver en Galicia un lugar de oportunidades...pero isto é unha quiemra, e máis se nos opoñemos a investimentos estratéxicos para a dinamización laboral e empresarial do País. Só hai que botar unha ollada e ver onde se atopan os investimentos importantes así como as infraestructuras relevantes e a onde teñen marchado antergos nosos para gañarse a vida.
E volves outra vez sobre o mesmo tema, non cres que un dos xeitos de fortalecer o noso sistema productivo é atraer grandes investimentos? Non sei pero vaia, a min dame a espiña que si.
No tocante ó pelotazo, é evidente que habera moito aproveitado na liberación dos terreos do porto, pero iso é unha consecuancia (indesexable por suposto) pero non o proxecto en sí. O proxecto é a construcción dun porto en Punta Langosteira que tera unha operatividade ó ano altísima (vexan datos). E, sobre todo, que poderá ser ampliado dependendo das necesidades futuras, cousa que agora non temos.
E o tema do nacionalismo estou total e absolutamente en desacordo contigo. Sse precisamente en algo se debe diferenciar o nacionalismo (ademáis da defensa da noso lingua e cultura) é no avence económico e tecnolóxico do País. Partidos de ámbito autonómico como PNV ou CiU son exemplos a seguir neste aspecto xa que a súa manía de absorver investimentos e proxectos para candansúas CC.AA é unha envexa. Non deben pleitesía a ningunha forza política de ámbeto estatal e poden dicir alto e claro, sen ataduras, o que prefiren para os seus territorios, dese xeito tamén logran diferenciarse. Estas políticas, e non nos autoenganemos, son as culpables dos periodos de maior crecemento en Euskadi cos lehendakaris do PNV (case dende Aguirre se me apuras) ata Ibarretxe e en Cataluña sobre todo nos anos do president Pujol.
Para min é unha feito ineludible que existe unha correlación positiva entre desenvolvemento empresarial e nacionalismo, se se fai ben como teñen feito eses partidos políticos.
Werl, eu non critiquei "toda unha profesión", criticaba darlle a preferencia aos enxeñeiros que ti lles atribuías. O meu argumento é precisamente o teu: poden ser tan lerdos como calquera outro. Co pequeno engadido de que tenden a flipar coas grandes obras, cousa normal e comprensible dada a súa formación. En claquera caso ti non dixeches "consultalle a un barrendeiro".
En que se parece á CdC?, ben sinxelo en que custa centos e centos de millóns, que se van substraer do que se inviste en Galiza (sóache o de suma cero?). E dar por suposto que se van facer eses polígonos industriais dos que falas como consecuencia, pois é puro neoliberalismo, inxenuo no mellor dos casos. É perfectamente razoable, a falta dun plan que demostre o contrario, pensar que simplemente vai recibir mercadorias e darlles via pola A6 ou pola transcantábrica.
E seguindo co de suma cero. Hai que escoller meu. Ou rede de proximidade de ferrocarril interno, centros tecnolóxicos e solo industrial ben feito e asignado ou macro-obras faraónicas concibidas para dar pelotazos. Por moito que eludas a cuestión, é ben sabido: o porto exterior foi promovido polo vazquismo co móbil puro e simple do pelotazo.
Por último, CiU non é exemplo a seguir en nada. E o PNV non fundiu o diñeiro en macroportos, que o fundiu en cooperativas, centros tecnolóxicos e tecido produtivo. Non tes nin idea, meu. Desde logo, o falar non ten cancelas.
O de Millán Astray tiña que ver coa discusión localista na que participaches ti previa e activamente, e que concordo contigo, non pinta nada neste asunto.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral